martes, 15 de abril de 2008

** O xornalista Nacho Mirás pecha o seu blog


A vida está cheas de etapas. Cando as etapas son boas e chegan ó seu fin dan pena, moita pena, pero a vida é así. Digo isto porque hoxe anunciou o seu peche (agardo que regrese nun futuro) Rabudo. com. com. O excelente blog que fai o xornalista de La Voz de Galicia, Nacho Mirás.

Antes de crear o meu blog, un 1 de maio de 2006, visitei previamente moitos. Un dos primeiros que lembro foi precisamente o de Nacho. Encantoume a facilidade que para escribir tiña. A súa redacción convertía unha simple anécdota cotidiana nun magnífico relato. Propio dos bos escritores. Case sen darse conta metíanos de cheo, por exemplo, nas aventuras daquel aloucado veciño que tanto era capaz de queimar o seu cú con Varón Dandy como cortar polo san delicadas partes do seu corpo. Estes son so dous relatos dos moitos e bos cos que nos ten obsequiado no seu blog. Un blog no que aproveitou para deixar constancia da súa paixón polas vespas e pola fotografía e na que nos informaba das últimas cancións dun peculiar Edilberto Alonso, "o trovador de Curtis" ...

Chegados a estas alturas, e se aínda seguides lendo, quero deixar ben claro que non teño o gusto de coñecer a Nacho Mirás en persoa. E digo isto para que non soe a peloteo nin nada parecido. So o coñezo de visitar o seu blog. Pero transmite boas vibracións. Rabudo non vai asociado sempre a algo negativo. Non. Quen visitara o seu blog entenderá todo o que estou contando e que, de seguro, se quedará curto.

Blogs como o de Nacho Mirás ou outros que adoito visitar entre os que teño en "A Eira dos Blogs" fan moi entretida a blogosfera. A diferencia é que co Rabudo a literatura en estado puro asomaba por tódalas esquinas.

Teño o presentimento que Nacho vai voltar, logo dun merecido tempo de descanso. Agora toca disfrutar da súa filla Anne e facer outras cousas. Son etapas da vida. Nós, namentres, teremos que conformarnos con ler as exquisitas entrevistas que realiza Nacho Mirás para "La Cara B" de La Voz de Galicia, tódolos luns na contraportada do xornal. Pero a vida está chea de ciclos e moitas veces os ciclos repítense. Oxalá pase con Nacho Mirás, chámese o seu blog Rabudo ou doutro xeito. O importante é o contido e a forma de comunicalo.

Un saúdo amigo. Sorte en todo o que fagas e regresa, que a blogosfera vai quedar bastante orfa sen a túa presencia.

Ata pronto, Nacho!!

P.D.: Vaime custar eliminar o enlace do seu blog de "A Eira dos blogs" de A Lareira Máxica



UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Eifonso Lagares dijo...

Nos deja un magnifico blog, espero que pasado un tiempo vuelva.

Un saludo

mariam dijo...

Vámolo botar en falta, o seu blog era dos bos.

Toupeiro dijo...

O seu blog visiteino en varias ocasións aínda que nunca deixei ningun comentario. E unha pena que esté fantastico blog desapareza.
Esperemos que volte axiña.

rabudo dijo...

Amigo Julio. Efectivamente, non nos coñecemos, pero para min é como se xa formaras parte desa axenda de amigos que un vai xuntando na vida. Grazas de todo corazón polas túas palabras. A verdade é que me sinto abrumado por todas as cousas boas que levo lendo nestes días, ás veces pregúntome se serei merecedor de tanto, tendo dado tan pouco. Eu tamén penso que voltarei, creo que isto do blog é unha droga que se che mete dentro e que, máis cedo que tarde, aparecerá outra vez. Sería inxusto e tamén absurdo non querer volver a un mundo onde, por exemplo, un se pode atopar con xente coma ti, como Eifonso, como Toupeiro, coma Mariam (sempre me gustou ese nome). Unha aperta e a ver se un día que veñas por Santiago -ou vaia eu por aí- tomamos un café e "a litro".

Julio Torres dijo...

Será todo un pracer Nacho. Gracias, amigo
Carpe Diem