mércores, 9 de abril de 2008

** As cousas non sempre se ven da mesma maneira...

Son unha moza de 20 anos. Fai seis meses diagnosticaronme un cancro terminal. Agora comezo a vivir a vida como debería telo feito dende moito antes: aproveitando ó máximo cada segundo, como si fose o derradeiro.

Todos os días ó espertar retumban na miña cabeza as verbas daquel señor de bata branca: “Sintoo. A enfermidade está moi avanzada. Non hai nada que poda facerse”. Esas mesmas palabras, son as que me dan forzas cada día para tirar cara adiante.
Sempre fun unha adolescente moi extrovertida, amiga dos meus amigos e moi namoradiza á vez que “veleta”. Nunca souben o que quería, ata que o perdía...
Para min antes que eu, son os meus amigos, esa familia que escollemos nos mesmos. Pero non para todos eles, son eu o primeiro. Aínda que non me importa, porque non son así agardando obter a cambio o mesmo que ofrezo.

Perdín dúas veces ó amor da miña vida. A primeira, foi a liberación dunhas cadeas moi dolorosas. A segunda, o aprisionamento desas mesmas cadeas.
“Que si yo quiero tu ya no me quieres y, si no al revés”. Xa saben, como di a canción.

Pero como a maior verdade, é que non hay verdade, senon mentiras máis ou menos certas... xa non loito por conseguir imposibles.

É curioso, eu sempre dicía: “Todo ten solución, agás a morte.” E agora, ¿que? ¿Vai a vir George Cloonney a salvarme? Ben, non estaría mal...
Agora xa non hai sábados pola noite agardando a que apareza “él” o pé das escaleiras, cun traxe militar branco como Richard Gere en “Oficial y Caballero”. Agora xa non son máis esa nena que estivo agardando e que chegaba xa un pouco tarde...

Tal vez foi mellor que a nosa historia fracasase, non me gostaría deixar un vacío en ninguén, aínda que me doía, prefiro o seu odio.
O vento sopra forte contra a miña fiestra, non sei si mañá poderei salir a tirarme en paracaídas.

¿Que se lle pasa pola cabeza a alguén que sabe de anteman qu vai morrer? Pois non o sei, non sei que se me pasa pola mente... tal vez o querer deixar un bó recordo á xente que me quixo. E á xente que eu quixen tanto...
Agora mesmo o reloxo marca a unha menos cuarto da mañá, debería estar durmindo, pero así non aprobeitaría as horas.

Hoxe vin anoitecer, o ceo era laranxa e o sol unha bola de lume que descendía a apagarse no mar. Sorprenderonme as bágoas ó conducir camiño á casa.
Parece que se aveciña treboada. Encantame as olas do mar embravecido rompéndose contra os alcantilados e, esa brisa doce e amarga que me rocía a cara.

Non sei ó que é a morte. A onde irá a miña alma cando o meu corpo non sexa un bó lugar onde permanecer, pero sí que os vermes vanse a pegar un bó festín á miña conta.
Son unha moza de 20 anos, que non teme á morte.


Nota: este relato e un caso ficticio relatado por Romy para apoiar as persoas que están pasando por tan dura situación e que valoremos o simple feito de poder levantarnos pola mañá sen preocupacións de importancia...



UN RELATO ESCRITO POR: Rommy
1ª Persoa que comentou artigos en A Lareira Máxica (xuño 2006)

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Este relato deixame sen palabras. Moi bo relato Romy, non é real, pero representa unha realidade. Un non se da conta do que ten, hasta que o perde, parece mentira que por moito que o escoites, un reacciona cando pasan as cousas. Mentras algúns pasamos a vida queixándonos, lamentándonos, vendo un problema onde non o hai, deixando pasar a vida, e so un se fai consciente cando ocurre un grave problema.
Por outro lado felicitar a todas esas persoas que estando en situacións de risco para a súa vida son valentes, loitadores. É impresionante, admirable a vosa forma de estar e sodes grandes exemplos para a humanidade.

Mary Camiña dixo...

Ás veces, leo artigos de A Lareira, de cando eu ainda non a coñecía, e este en concreto, Romy, encantoume, son desos relatos que che poñen os pelos de punta e te fan estremecer... O meu apoio a tódalas persoas que loitan contra un cancro. Despois de pasar por un, ves as cousas doutra maneira, aprecias máis as pequenas cousas que te fan sorrir día a día e che enchen a alma, e fuxes de todo o superficial. De feito, tal e como dí no seu relato Romy, pensas en facer feliz ás persoas que tes cerca, para que, chegado o momento deixar bos recordos. Un saúdo.
P.D. Encántame sumerxirme nos relatos de A Lareira Máxica..., cada día descubro mellores escritos.