** O CQC arxentino búrlase de Serafín Zubiri por ser cego
Incrible pero certo. O prestixioso programa CQC "Caiga quien Caiga" de Arxentina (que foi o primeiro en aparecer, logo exportouse a outros países entre os que figura España) burlouse recentemente da cegueira do cantante español Serafín Zubiri. INAUDITO.
Tal burla non pode senón deixar en evidencia e mal parados ós seus burladores. E di moi pouco deles como persoas. MAIS BAIXO NON SE PODE CAER.
Quizás habería que lembrarlle a estes burladores insensibles as dificultades que entrana ser cego. E de paso, lembrarlle que, a pesar diso, a coraxe de ferro e a gran vontade de Serafín levouno a escalar algunha montaña, a bailar ou cantar. De feito, representou a España dúas veces no Festival de Eurovisión.
INSISTO: Quixera ver ós que se burlan de Serafín, a ver se logo se burlarían. Vamos, o primeiro que debería facer a productora (¿Cuatro Bocas? creo que se chama así)sería despedir a estes burladores (presentadores, guionistas ou tod@s os que participaron desta burla inhumana) ESTUPIDOS, INSENSIBLES E MALEDUCADOS, POR NON POÑER CALIFICATIVOS PEROES....A ESTES SUXEITOS, cunha boca que fai por catro, O CALIFICATIVO DE PERSOAS VAILLES GRANDE....
Menos mal que a versión española de CQC non copiou este mal estilo do programa-raíz arxentino. So faltaría....
No seguinte vídeo explícase a situación e Serafín Zubiri aporta a súa opinión.
UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Os do CQC arxentino de talento e creatividade deben andar bastante escasos e optaron polo camiño sinxelo, facer burla dun cego. Non se pode caer máis baixo nin ser máis parvos. ¡Qué noxo me da esta xente! Serafín Zubiri non merecía este trato. Ó contrario, a min paréceme que é un modelo para moita xente.
Adoito estar de acordo contigo, Julio, pero desta vez vou ir, cariñosamente, á contra: un programa no que se permite decir e facer o que se escoita e ve no vídeo nunca pode ser prestixioso. A lo menos deixa de selo a partir desa indecencia. Unha aperta.
Levas razón, Guillermo. O de prestixioso colouseme a min polo de CQC España (aínda que ultimamente o seu prestixio tamén está caendo en picado pola falta de humor intelixente). Evidentemente o calificativo de prestixioso non se lle pode outorgar a un programa que se burla mezquinamente deste xeito dun cego, polo que procedo a tachar o de prestixioso.
Gracias polo comentario. Por certo: son benvidos tódolos comentarios de calquera artigo, a favor ou en contra. Faltaría máis.
Un saúdo, amigo
Carpe Diem
Publicar un comentario