venres, 4 de abril de 2008

** Que rabia da cando....!!! ----> Spam

Que rabia da cando.... cada día les o teu correio electrónico e te atopas nel con múltipes correos lixo ou spam. Estou dacordo co Julio cando di que moitos son da propia empresa: chámese sobre todo gmail ou hotmail. E coma os antivirus. Estou segura de que as propias empresas de antivirus meten virus nos antivirus. Unha incongruencia moi congruente ¿non?
Cada día recibimos moitos mails en inglés. ¿Pero se eu non coñezo a ningúen que sepa falar o inglés tan ben e menos que me envíe un mail cun título en inglés!. O timo da estampiña a outra. A min, desde logo non.
O que non reciba spam que tire a primeira pedra. O que non me cadra é como, especialmente gmail ou hotmail teñen un apartado para o spam que eles mesmos separan. ¿Autobombo?
¿E vos que cousas das novas tecnoloxías vos dan rabia? Habelas hainas e moitas. Agardamos as vosas protestas.




QUE RABIA feito por: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Estou hasta os mesmos coll.... dos emilios en ingles (SPAN) no meu caso a gran maioria son enlaces de publicidad porno ou de Viagra ¿Por que será?