** Xornalismo Deportivo: ¿Tratamento obxectivo?
¿Por que a portada dun diario deportivo ten que ser necesariamente de fútbol, salvo contadas ocasións? ¿Por que outro deporte, calquera, especialmente cando hai éxitos deportivos, non pode acaparar toda unha imaxe de portada? ¿Por que os medios de comunicación se centran sempre no fútbol? Un servidor faise estas e outras preguntas. Creo que axudaremos a crecer a outros deportes que non son o fútbol cando o fútbol non teña patente de corso polo feito de ser o fútbol. Dirán moitos compañeiros de profesións que iso é o que vende. Non digo que non. Pero non me chega esa explicación. Hai que ser osado, atrevido, apostar polos restantes deportes e non explotar ata a saciedade noticias do fútbol onde case non hai nada e, "ás veces", incluso se opta pola mala práctica de conceder veracidade a un rumor para mañán desmentilo cando non hai nada que dicir. Mal polo xornalista de turno que fai esas prácticas e mal polo seu xefe. É unha abosluta desconsideración para outros deportes chámese baloncesto, balonmano, tenis, etc.etc.
E vou máis alá, ata hai pouco, nas televisións abríase sempre co Rei Fútbol, ¿por que?. E digo ata hai pouco, porque cando menos CUATRO, rompe este esteretipo e dalle, incluso, a volta á tortilla.
O tratamento informativo dos deportes empezará a cambiar cando calquera deporte poida ser motivo de apertura. E non so por éxitos deportivos estilo Fernando Alonso en F-1 ou Rafa Nadal no tenis (e, ás veces, nin con ésas consiguen ser motivo de apertura...).
E vou remantando, indo un pouco máis alá todavía. ¿Por que hai que empezar co Madrid ou co Barça? Sí, xa sei: porque son os que máis seguidores teñen. E a min qué. ¿Os demais son menos? O día que calquera equipo poida ser motivo de apertura no apartado do fútbol, ese día algo terá cambiado. De igual forma, bótase en falta unha descentralización deportiva, que non estea focalizada en Barcelona e, sobre todo, Madrid. Por certo, fíxádevos: en moitos canales dá igual en que posición vaia o Madrid, que hai que empezar por el. Non existe criterio obxectivo. Ou si: que os medios de comunicación se atopan, case sempre, ubicados en Madrid.
O día que se rompan estereotipos deportivos, o día que haxa un gran periódico nacional deportivo que trate por igual a calquera deporte, e que -e iso xa sería o summun- incluso non estea ubicado en Madrid ou Barcelona, ese día poida que sexa un gran día para o mundo do deporte. Outro tanto para a radio e a televisión. Menos mal que parece que algo empeza a cambiar (vale a pena facer click no enlace anterior). Oxalá todos tomen exemplo e rompan moldes, que xa vai sendo hora...
¿E vos que opinades de todo isto? Sí. xa sei que o do xornalismo obxectivo é pura teoría, pero non estaría de máis tentar non ser tan subxectivo.... Animádevos a comentar sobre o tema.
P.D.: O que escribe estas liñas é, aínda que poida parecer o contrario, gran seguidor do mundo do fútbol e aficionado do F.C.Barcelona (amais de tódolos galegos)
UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Fun aficionado o futbol desde neno hasta hay poucos anos, cando me din conta que xa no e un deporte, agora e un negocio.
Susbscribo o que din Toupeiro, tamén perdín a ilusión polo fútbol.
Co respecto ao xornalismo deportivo, só unha cousa: os xornalistas de deportes --aínda que non todos-- están a exercer de forofos dun ou doutro equipo, e a maioría do Madrid, sen dúbida.
Á perversión dos cartos súmanse tres factores que están a destroza-lo futbol --aínda que pouco a pouco--: os árbitros, a falla dunha información obxectiva, e a retransmisión xeralizada de todos os partidos, a paisaxe dos estadios está dominada polo formigón.
Coincido coas vosas apreciacións: isto do fútbol é cada vez máis económico que romántico. Logo non é de estrañar o trasvase de xogadores por exemplo de Barcelona a Madrid e viceversa, cada vez máis frecuente. Ou de técnicos...
Félix: benvido a A Lareira Máxica e parabéns polo teu blog, o cal consulto habitualmente.´
Carpe Diem
Boas, unha cousa que me parece deprimente e que ata chegan a emitir partidos doutros paises. O deporte de base ou feminino non existe para os medios. Pero de calquer xeito non me sorprende, é o mesmo conto de sempre, o peixe ghrande sempre se come ó pequecho.
Saúdos e aburiño
Grazas a vós, Julio, a vosa é unha blogue sen trampas, sinxela e directa; e por riba, toca asuntos cotiás, eses dos que falamos todos e todos os días aínda e que ás veces nos parecen sen importancia... ¡Pero a teñen!
Publicar un comentario