** Unha canción marchosa de Los Rebeldes
Choiva e máis choiva. Bueno, estamos no mes. Xa se sabe: "en abril, aguas mil". O que me fastidia xa non é que chova. Non. O que me fastidia e que uns días estén totalmente veraniegas é pouco despois retrocedamos ó inverno. Pero pensando no verán e no bo tempo, rescato un divertido videoclip e mellor canción de Los Rebeldes, mítico grupo de pop-rock liderado por Carlos Segarra e que a finais dos 80 e principios dos 90 pegaba forte(Mediterráneo, Bajo la Luz de la luna, Esta es mi generación ou Ella es Mía entre outros éxitos musicais) O tema escollido é o de Mediterráneo. Si, xa sei que en Sanxenxo o que temos preto é o Atlántico, pero como a canción é marchosa, pois hoxe foi escollida. Agardo que vos faga olvidar un pouco este mal tempo. Por certo, Los Rebeldes seguen sacando discos novos de vez en cando, se ben non teñen a mesma repercusión que na década dos 80 e 90, baixo o meu punto de vista.
UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario