mércores, 23 de abril de 2008

** 23 de febreiro: celebráse o día do libro

Día 23 de abril. Día Mundial do libro. Iso de que haxa un día para cada cousa, paréceme unha parvada. Cada cousa ten que ter tantos días como ten o ano. O resto paréceme márketing publicitario: Día dos namorados, día do planeta, día do pai, día da nai,...

E no día do libro, que coincide no día de San Jordi, en Cataluña tense por costume o regalar un libro e unha rosa. Bonito detalle, diso non hai dúbida pero: ¿máis consumismo romántico coa disculpa do día do libro? Sen dúbida.

De todos modos, sí quero lembrar a importancia que para un pobo ten a cultura literaria. Hai que sabela apreciar a aproveitarse dela. Nos libros está non so o coñecemento, senón o pensamento crítico. Axúdannos a dar diferentes perspectivas dos temas da vida. De aí que sexa tan importante a lectura. Así que, fagamos uso dos libros e dos seus contidos. Mergullémonos nel. Leamos máis. E non nos lembremos disto cada 23 de abril senón durante todo o ano.

Unha das seccións habituais de A Lareira Máxica é "O Recuncho LIterario" que, como sabedes, recolle fragmentos de libros escritos en galego ou en castelán co gallo de lembralos. É unha sección que no seu momento propuxo, acertadamente, a nosa colaboradora mariam. Aproveito para lembrar que calquera pode enviar o seu fragmento literario para publicar nesta sección. E toda unha ledicia recibir as vosas propostas. Gracias. Por certo, hoxe non podía faltar esta sección que estará adicada a Jorge Bucay, un escritor que me encanta.



UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

É certo que a celebración deste día ten moito de montaxe comercial, pero… ¡non está tan mal! Un libro e un flor, parécenme uns agasallos moi bonitos, digo máis, preciosos. Habería que escoller ben o libro e tamén a flor. O da flor pódese mellorar, en vez dunha flor cortada, destinada a acabar no cubo do lixo ós poucos días, unha planta. Iso, moito mellor, ¡un libro e unha orquídea!