** Barrio Sésamo quédase sen panadeiro: Morreu Chema
Onte navegando por internet déuseme por poñer na búsqueda en Google "Barrio Sésamo". Como saberedes os que adoitades seguir o blog desde os seus inicios, xa en novembro do 2006 escribía unha triloxía de artigos para lembrar aquel mítico e enriquecedor programa infantil doa 80. Xunto coa "Bola de Cristal", un dos mellores que houbo na televisión en España. Ambos na década dos 80. Ambos en TVE. ¿Por que hoxe non hai programas co mesmo espíritu?
Pois ben, a búsqueda deparoume unha moi tiste e luctuosa nova : CHEMA, o cantarín e bailarín panadeiro de Barrio Sésamo, personaxe interpretado por Juan Ramón Sánchez Guinot, morreu o pasado 10 de abril, víctima dun cancro, ós 51 anos.
Logo buscando por Youtube atopei novos vídeos de Barrio Sésamo e outros dunha gala celebrada no 2006 e no que estiveron presentes Espinete (personaxe que interpretaba Chelo Vivares, que na vida real estaba casada con Juan Ramón), Don Pimpón e Ana (quen por certo, se conserva moi ben). Serviume para retroceder no tempo e sentirme cativo de novo. Parecía que voltaba a ter menos anos e que as cancións de Barrio Sésamo entraban de novo na miña casa. Acabados os vídeos, enseguida me decatei que agora hai máis televisións que a TVE ou a TVG, as únicas que había daquela, pero o nivel da programación infantil é moito máis baixo, por incrible que poida parecer.
A nova da morte de Chema é, sen dúbida, unha moi triste nova para os que, de cativos, nos divertiamos tanto cos personaxes daquel barrio. O seguinte vídeo vai adicado ó noso Chema. Descansa en paz e MOITAS GRACIAS por facernos rir e entreternos ós que agora temos uns 30 anos ou máis (os de menos idade é máis complicado que o lembren). Alá arriba seguro que serás un bo mestre de teatro, profesión a que adicastes a túa vida ata hai pouco tempo. Ademais contaxiarás a túa alegría cos teus improvisados e animados bailes, aderezados ¿por que non? con algunha das cancións infantiles de Barrio Sésamo. Alí arriba, tamén te atoparás con bastantes nen@s que foron o teu público a mediados dos 80 e que te vían na televisión cada día namentres comían o seu bocadillo e antes de facer os deberes ou de ir xogar. Eles poderán seguir disfrutando do teu saber facer. Chema, sempre os que daquela eramos nen@s sempre gardaremos un moi bo recordo de ti. Para nós sempre estarás vivo nos nosos corazóns.
Despídome hoxe cun sabor amargo e melancólico, lembrando que non somos nadie. Hoxe estamos vivos, pero mañán, ou pasado, podemos estar soterrados, por desgracia. E como homenaxe a Chema vai o seguinte vídeo:
En A Lareira Máxica tamén falamos de Barrio Sésamo o 12 de novembro e o 20 de novembro de 2006. Clicka nestes dous enlaces para ter máis información
UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Unha pena, é unha desaparición moi prematura
Publicar un comentario