luns, 20 de novembro de 2006

** Intrigas e misterios (e III).....¿Que foi de.....?


.........OS PROTAS DE.........BARRIO SÉSAMO

[NOTA: Facede clik no título do artigo para poder velo completo. Cousas da actualización de Blogger en xaneiro de 2007]


A serie de artigos que lle adiquei ó desaparecido programa infantil Barrio Sésamo chega hoxe ó seu fin. Antes de nada pedir disculpas porque o artigo de onte non se podía ler enteiro por un erro de blogger xa solventado. Dito o anterior nesta terceira e última entrega coñeceredes que fixeron os restantse persoas de Barrio Sésamo 2. Asemade falarei dos "muppets" (bonecos) da outra parte do programa: Epi, Blas, Coco, Gustavo.....Se queredes saber máis deles premede o botón de "Ve-lo artigo completo" e sairedes de dúbidas....


<> Ana: Era o personaxe que facía de estudiante en Barrio Sésamo e interpretado por Isabel Castro. En Barrio Sésamo cantou cancións que están na lembranza dos que por entón eramos uns nenos: "Pintar sin parar", "Son de mentira", "El eco" ou "Soy Ana", Tan so interviu na película francesa "Fado majeur et mineur" (1995) e hoxendía colabora no exitoso programa de humor de Cuatro e Canal + "Las noticias del Guiñol".

<> Julián: Era o kioskeiro de Barrio Sésamo. O seu personaxe era interpretado polo veterano actor de reparto José Riesgo. Tras participar na versión teatral do programa, retirouse, morrendo máis tarde.



<>Antonio (José Enrique Camacho), pai de Ruth e Roberto - os inseparabales amigos de Espinete- e dono da horchatería que rexentaba coa súa muller, adicouse ól teatro e fixo curtos papeis secundarios nas películas "El Lute, camina o revienta" (1987) e "Solo o en compañía de otros" (1991). Finou a principios dos anos 90.

<> Matilde: Intrerpretada pola actriz Mari Luz Olier, era a muller de Antonio no programa. Tabajado moito como actriz de dobraxe, sendo a voz de intérpretes como Laura Dern ("Un mundo perfecto", de1993), Stockard Channing ("Seis grados de separación", tamén do ano 1993), Joan Allen ("El crisol", de1996)), Blythe Danner (“Expediente: enfréntate al futuro”, de1998)) ou Kathy Baker (na serie "Pickett Fences"). Así mesmo, foi actriz invitada na serie "Hospital Central", de Tele 5.

<> Roberto: Era o fillo de Antonio e Matilde, irmán de Ruth, e amigo de Espinete, que foi interpretado por Roberto Mayor. Descoñécese o que fixo despois, se ben se sabe que non voltou a traballar como actor.

<> Ruth: A irmá de Roberto e tamén inseparabale amiga do ourizo Espinete. Doulle vida Ruth Sánchez Bueno, rebautizada no mundo artístico como Ruth Gabriel, filla de actores. Antes de saír nesta segunda etapa de Barrio Sésamo xa o fixera no espacio "La Cometa Blanca", lugar no que, como dixen, xa saíron algúns personaxes do futuro Barrio Sésamo (1983-87).

Ruth, actriz prometedora a mediados dos anos 90 después do seu éxito en 1994 con "Días contados" , película de Imanol Uribe, pola que obtivo un Goya á Mejor Actriz revelación, e na que tamén puidemos ver o afamado actor español Javier Bardem, así como outros como Carmelo Gómez ou Candela Peña.
Por desgracia, parece ser que non se cumpriu tódalas expectativas que, como actriz, se tiñan depositado con ela. Tivo papeles secundarios en películass como "99,9" (1997) ou "Besos de gato" (2003) , así como serie "Querido maestro", aínda que non acadou as expectativas que, como actriz, se tiñan con ela. Se queredes ver a súa filmografía como actriz clickade
aquí, e se queredes ler unha entrevista que lle fixeron aquí.


.....Pero Barrio Sésamo tiña, a parte do vida do barrio, unha segunda parte: a dos bonecos de trapo: Epi, Blas, Coco, a ran Gustavo, Triki, Trake, o Conde Drako, e outros moitos....
Gustavo era a ran mái dicharachera de Barrio Sésamo, namentres que Triki era o monstruo das galletas (En U.S.A. recentemente, e dada o problema da obesidade infantik, fíxose recentemente que Triki deixara as galletas, a súa “droga” e que constituía a única comida del). Coco aprendeunos a distinguir conceptos como: arriba/abaixo, lonxe/cerca, alto/baixo e outros moitos, axudado, e outras veces deleitábanos á lomos da súa Jaca Paca facendo de “Súper Coco”. Pero, sin dúbida, os bonecos que máis deron que falar foron os de Epi e Blas, que durmían nunha mesma habitación sen ser familiares….Moito se especulou se eran homosexuais ou se pretendía lanzar algunha mensaxe oculta, estremo desmentido polos creadores destes “muppets”….

Detrás destes bonecos, agochábanse as voces de varios dobradoes. Os habituais foron os que vos adxunto na seguinte relación de dobradores. Un deles, o habitual de Epi (José Martínez Blanco) e unha das fotos que vos puxen nas fotos que deron pé a este miniintriga lareleria. Era o que levaba sombreiro e o que algunha de vós chegoume a dicir que era ou parecía inglés….Pois non.
Noraboa, unha vez máis a María e mariam, as dúas únicas lareleiras que foron quen de resolver o misterio que se agochaba detrás das fotos.


ACTOR ORIXINAL ACTOR DE DOBRAXE
PERSONAXE

(VOZ) MARTÍNEZ BLANCO, JOSÉ
Epi
(VOZ) RAMÍREZ, SIMÓN
Blas
(VOZ) PIERI, FERNANDO
Gustavo
(VOZ) FRANQUELO, JAVIER
Triki
(VOZ) VIDRIALES, JOAQUÍN
Coco
(VOZ) TORCAL, SELICA
Peggy
(VOZ) DOTÚ, JAVIER
Bob
(VOZ) DE PENAGOS, RAFAEL
Conde Draco
(VOZ) MORENO, EDUARDO
Viejecito gruñón
(VOZ) SANCHIDRIÁN, JULIO
Viejecito gruñón
(VOZ) BALTANÁS, JOSÉ LUIS
Anciano en bar
(VOZ) CUESTA, JUAN MIGUEL
Epi (sustitución)
(VOZ) VARELA, LUIS
Bob (sustitución)
(VOZ) DOTÚ, JAVIER
Blas (sustitución)

A finais dos 90 Tve voltara a rescatar Barro Sésamo, pero sen Espinete & Company, e con outros novos personaxes. Non triunfou.
Máis recentemente, Antena 3 acaba de rescatar para a súa franxa matinal o programa, na que según se di por internet so saen os "muppets" e tampouco saen os míticos Don Pimpón, Espinete & company.

Sexa como fose Barrio Sésamo, concretamente o que din en chamar Barrio Sésamo 2, quedará para sempre no corazón nostálxico dos que un día fumos nenos pequenos. Esa lembranza ninguén nola podera borrar, porque os recordos bos permanecen conosco para sempre....

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

¿Que pensades da relación de Epi e Blas? ¿E de que Espinete vestira o pixama para ir a dormir, e de día non puxera ningunha prenda.....? ¿Practicaba o nudismo??? ¿Cando ía Ana a estudiar se pasaba todo o día cantando? ¿Era Chema un bo panadeiro, ou era mellor bailarín que tahonero?

Anónimo dixo...

Epi e Blas, amigos ou algo máis... sempre nos quedará esa duda. O de Espinete e o seu camisón, con gorriño incluído, surrealismo puro. Unha explicación pode ser que a productora andara mal de cartos e non lle fixera traxes de día. Don Pimpón tampouco tiña moito vestiario que digamos. Ana estudiaba de noite, claro, non ten outra explicación. De Chema mellor non falar, agora xa se explican aqueles bailes con Espinete, aquelas olladas tenras, aquela cara de pasmado, ensimismado pensando nas púas. A saber que farían estes dous na caseta do Espinete nos descansos do rodaxe, lembrades, tiña unha cama grande e unha colcha vistosa.