venres, 24 de novembro de 2006

** AS FRASES MÁXICAS DE...Juan José P.F.

Dado que estou a ver que algúns de vós me envía ou lles vexo frases moi boas, decidín facer unha variante da frase máxica na que poidades pór as vosas frases (ou as miñas). Irá personalizada na cabeceira, agás que se traten de frases prestadas de escritores ou xente célebre que entón irá a súa terminación no artigo en si. Ata o de agora non as diferenciaba. Incluso lles porei un icono as que son de colleita propia miña ou vosas...

Hoxe vou publicar CATRO frases rescatadas do blog dun vello amigo meu, que por certo ten un blog de opinión interesante e que inicia unha nova etapa. Ademais é de aquí, de Sanxenxo. Sorte amigo!!!A páxina é Blog de Sanxenxo

Aí van as catro frases. Orixinalmente eran en castelán (a traducción fíxena eu).Non me digades que non son boas........

" A veces custa máis eliminar un só defecto que adquirir cen virtudes"
" Cuando haxa un político con boas intencións, desaparecerá a política"
" Os líderes do instituto son os camareiros do futuro"
" O importante non é ter un corpo danone....o importante é NON ter un cerebro de petitsuisse"

7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Caray, debo ser un bicho raro, ¿a ningúen lle gustan as frases? ¿ninguén quere comentar algo e por tan siquera 3 palabras, ou unha....
Hummm, me parece que vou ter que quitar a sección en vista do pouco éxito acadado

Anónimo dixo...

Gustáronme sobre todo estas dúas frases:
" A veces custa máis eliminar un só defecto que adquirir cen virtudes" e
" O importante non é ter un corpo danone....o importante é NON ter un cerebro de petitsuisse",
en canto ó dos líderes do instituto........ non estou moi de acordo aínda que entendo a que se refire e por onde van os tiros e algunha razón si ten.
Vamos, que me gustaron as frases deste rapaz, porque non colabora na lareira? Porque nunca fai ningún comentario?
Queremos saber máis deste rapaz!!!!!!

Anónimo dixo...

Por dios, Julio, non nos das tempo suficiente! As frases son preciosas, aínda que discrepo un pouco nunha, "os líderes do instituto son os camareiros do futuro", non todos temos porque ser universitarios, tamén na sociedade fai falta camareiros, fontaneiros, carpinteiros,...de todo. Non sei que quixo dicir exactamente o autor con esa frase. No meu instituto había un rapaz un pouco rebelde, sí, desos que fumaban porroe no recreo e tal, e hoxe e catedrático na facultade de Historia

Julio Torres dixo...

A min tamén me gustan as frases. Quizás a do instituto sexa menos vistosa e moi cuestionable, pero entendo porque o di e varias veces cúmprese. Varias veces creo que se cumpre. Tamén coincido con mariam que é unha profesión tan respetable como outra calquera (e moi sacrificada por certo).

A que máis me gustan son as outras tres:
1- A dos defecgos é unha verdade como un templo. Somos cuadriculados....Cústanos recoñecer os defectos e máis eliminalos. Adquirir 1000 virtudes non fai que eliminemos os defectos. Non se poden mezclar os allos coas patatas.

2- O dos políticos está moi ben. No me gustan por regra xeral. E os poucos que parecen valer a pena vanse ou "bótanos" porque son demasiado decentes no mundo da política. E aquí paro de falar de política porque a lareira máxica non é un blog de política. Quizás o único tema que non quero recoller na lareira.

3- A dicotomía danone-petit suisse, é sinxelamente fantástica e cargada de razón en moitos casos. ¿Sóavos Sofía Mazagatos por exemplo?. Ás veces invírtese moito en ser moi guap@ (a xenética mesma) e pouco en ser unha persoa que pense minimamente....Claro que moit@s se confirman co envoltorio...Alá cada un/unha

Anónimo dixo...

Hello, ya que querías que opinara, aqui me ando yo por a lareira, sinceramente, pensé que no había mas blog y me llevé una grata sorpresa al ver a lareira, está muy bien.
Sobre las frases no las tomeís al pie de la letra, pues cada uno puede dar una interpretación diferente y eso es lo bonito, reflexiones y la interpretas como tú mismo crees.
En el instituto yo personalmente he visto a muchos tíos muy populares, o sea los que se las ligan a todas, sin embargo pasados los años parece que el aura se le fúe.
Lo de los defectos es la pura realidad, como tengas un defecto siempre te lo pondrán en la balanza, por mucho peso que le pongas al otro lado, siempre decanta para el mismo, si si, tener en cuenta la siguiente frase:
"moi bó rapaz, pero......"
"moi boa rapaza, pero......",
siempre tiene que haber un pero, sin embargo yo miro a todos en general, nunca digo el pero....... un saludo y un abrazo para todos/as.

Anónimo dixo...

Cando non hai nada na cabeza, agás "candelabros" hai que explota-lo corpo, é así de sinxelo. Con todo, Mari Sofi é modelo, é dicir, cobra por prestar a súa imaxe. É unha profesión máis, agora moitas nenas queren ser modelos, ou cantantes. Pensar moito cansa, e estudiar esgota, debe ser eso.

Anónimo dixo...

La comparación de los yogures es muy buena. Se cumple casi siempre. Sera que se concentran las neuronas en la piel y no en el cerebro je