** Un triste aniversario para esquecer ¿ou lembrar?
Un día coma hoxe un petroleiro chamado "Prestige" (que paradoja, polo seu prestigio non vai ser recordado precisamente) daba orixe ó que sería un gran desastre natural e mariño para Galicia. O "Prestige" acabaría afundíndose e con el afundíronse moitas coausas. Tralo seu afundimento asomaron os "finos hilillos" de chapapote ou petróleo. Tralo seu afundimento démonos conta do perigo que supoñen este tipo de embarcacións. Co gallo desta triste efeméride os grupos ecoloxistas siguen alertando que continúan pasando similares petroleiros por Galicia e que, en calquera momento, pode voltar a pasar outra gran catástrofe natural de incalculable impacto....
Aínda me lembro das reportaxes de TELE 5´. Daquela aínda me (...) gustaba a información que daban (notábase a man do cesado Juan Pedro Valentín). Aqueles días viamos a un neno dicir que os mariñeiros eran mariñeiros non "pescadores". Hoxendía, séguense confudíndose ós termos nos propios medios de comunicación, que se supoñen que deben informar (o de formar, é complicado para eles, agás raras excepcións) das cousas que pasan e chamar as cousas de xeito correcto.....Aínda que certos xornalistas prefiran, de xeito errado, deletrear siglas e ir contracorrente(a bo entendedor....).
Hoxe Galicia celebra un triste aniversario, un aniversario que nunca se tería que ter celebrado se nada tivese pasado. ¿Aprenderemos do pasado?. Agardemos que NUNCA MÁIS volten eses "hilillos", como algúns lle deron en chamar.....
Gustariame que me contásedes cómo vivístedes eses días, que comentarades as vosas experiencias, pensamentos e todo aquilo que vos trae a mente a traxedia do PRESTIGE e que opinades sobres os vídeos que adxunto con este artigo (baixados de YouTube)....
Por certo a miña noraboa a dúas televisións que souberon dar a traxedia e adicarlle tempo e recursos: TELESALNÉS E TELE 5. Bo traballo feito aqueles días....
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Un triste aniversario para lembrar sempre. Qué días máis tristes, sentín moita pena, moita impotencia. Espero que non se repita nunca. Cántas mentiras dixeron os políticos aqueles días. O deletreador tamén fixo das súas, recordades a enviada especial que mandou a Galicia. Agora vai de digna dignísima e daquela... Eu, en canto empezaron a mover o barco dun lado para outro empecei a temer que rompera, e así foi. Un auténtico pesadelo. Qué inxusto sería esquecer a toda a xente anónima que loitou contra o chapapote desinteresadamente, ós mariñeiros, ós voluntarios.
este video wapo mio!!
Publicar un comentario