xoves, 23 de novembro de 2006

** Pon un intermitente na túa vida e salvarás vidas ....

Pasa o tempo, no mes de xulio entrou en funcionamento o carnet por puntos. Está de moda falar sobre que reduciu mortes nas estradas. Constantemente oímos nos medios de comunicación estatísticas que corroboran este descenso…..mezclados, iso sí, con algún caso de conductores que perderon tódolos seus puntos….Que inconscientes e insensatos son estes últimos. ¿Aprenderán algunha vez a que o seus actos poden ter consecuencias na vida das demais persoas?.....(...)

Tras catro meses, penso que a situación apenas mudou. Non é un cambio tan esaxerado como nos queren facer ver. Certo é que a xente corre algo menos, pero tampouco tanto. O que lle gustaba correr ségueo o facer sen respetar case nada.Dígoo polo que vexo a diario na estrada. Sen embargo, o que máis noto é que case ninguén, repito CASE NINGUÉN pon os intermitentes para sinalizar as maniobras…e outros póñeno cando xa están aparcando ou logo de entrar no desvío elixido. E non sinalizar resta puntos, se non me trabuco…...

Pode parecer unha simpleza ou unha nimiedade, pero non é así. Non se pode ir conducindo e de repente, frenar para desviarse ou aparcar sen pór o intermitente. Podía pór varios exemplos. O que máis vexo é nos cruces ou nas rotondas: cando vas entrar na rotonda, logo de ceder o paso convenientemente. De repente, un coche que non puxera o intermitente e que tiñas claro que ía seguir de fronte, torce cara onde estás ti e bótaseche encima a gran velocidade……Menudo morro!!!!. Sinaliza ho, sinaliza, non vaia ser que desgastes o intermitente ou quedes pobre!!!!!!!!

Conducir non é un xogo., Non. Conducir mal pode custarche a vida. Pero non so o conductor neglixente. Non. Tamén a outros bos conductores. Entón ¿por qué se conduce mal?. ¿Qué custa pór un intermitente? ¿Qué custa facer adiantamentos correctos e non laterias pegadísimos ou a punto de chocar de fronte cando son en sentido contario?.

Non sei, ó mellor os fabricantes de automóviles e motos deberían pensar seriamente para que se gastan cartos para cousas “inservibles” ou que non se utilizan. Visto así, incluso podería abaratarse o custo dos coches se non teñen intermitentes…..E, claro, ademais aforraríase un impresionantes gasto das bombillas…..


Outro tema que me continúa a preocupar son as motos. Dise que os coches non respetan ás motos. É certo, pero máis certo é que as motos non respetan ós coches. Se o código de circulación establece que non se pode adiantar cunha línea continua, nin pola esquerada, por que as motos se saltan estas normas COA TOTAL IMPUNIDADE dos axentes de Tráfico..? Convido a estes axentes a que se sitúan nunha carretera concurrida, en calquera punto. Verán que nunha soa tarde van pór máis multas por este concepto da que puxeron en toda unha semana….E se a isto lle sumamos o tema dos intermitentes…..fan nunha tarde o “agosto”….

Voltando de novo ó carnet por puntos, creo que se debería ser máis estricto. Creo que o único perigos non é o tema da velocidade, que sin dúbida é un tema importante, pero non é o único, señores de tráfico.

Oxalá a xente cumpla o código de circulación, que para algo está, senón ¿para que aprendelo?. Para aprobar o exame, respostaríame máis de un. Pois non. Se existe é porque é necesario para evitar mortes. Non é caprichoso. ¿Qué custará pór un intermitente? ¿ou cedar o paso nun cruce ou rotonda? ¿Qué custará facer os adiantamentos correctamente, sen case levarlle o retrovisor ó vehículo que adiantas ou empotrase con el de fronte? ¿Qué custa levantar o pé do acelerador? ¿Qué custa respetar o código de circulación? ¿Qué nos custa? Deberiamos reflexionar máis cando andamos na carretera, e saber que o que facemos pode matarnos ou matar a algúen, ou as dúas cousas? E iso o que conleva son desgracias familiares, que a ningúen benefician. Porque a vida non ten volta atrás. Morras ou quedes inválido non ten solución…..É para sempre moi ó noso pesar….

-------------------------------------------------------------------------------------
¿E vos que opinión tedes de todo isto? ¿Pensades que o carnet por puntos está a funcionar ben? ¿Falla algo? ¿Qué cambiarías? ¿Cal é a túa experiencia ó volante en relación ós casos descritos no artigo de opinión?

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Cada día dame máis medo colle-lo coche, vense demasiados comportamentos temerarios. Tes toda a razón, moitas veces as consecuencias dos actos irresponsables padécenas persoas sensatas.

Anónimo dixo...

¡Cómo chove! Tanta chuvia xa enche. O inverno é así: mollado, frío e húmido. Este ano chove moito. Apetece non sair, é máis, apetece meterse na cama e ver unha película desas que xa vimos un montón de veces ou releer un dos nosos libros favoritos. A película que sexa de Richard Gere, a poder ser. Como diría unha conocida miña, Blanca, para alegrar un pouco a pestana. Teño que recoñecelo, é un actor regulariño, as súas películas xa non poden ser máis comerciais, pero... Para non caer na máis absoluta frivolidade vou a elexir Sommersby, que protagonizou xunto a Jodie Foster. En canto o libro, xa é máis complicado elexir. Nada de Carmen Laforet é unha das miñas novelas favoritas. Foi escrita nos cincuenta pero curiosamente o retrato psicolóxico dos personaxes segue sendo actual. É ideal para unha destas tardes de finais de novembro. Como música de fondo, Frank Sinatra. Sinatra creo que me da sorte, e ó mesmo tempo, ponme melancólica. Trasládame a outro mundo glamouroso e cheo de maxia. Teño uns gustos musicais moi variados. Hoxe tamén podería escoitar a María Callas. Está caendo un chaparrón, e non é de noces e turrón. "Que llueva, que llueva, la virgen de la cueva, los pajaritos cantan, las nubes se levantan, que llueva, que llueva, que llueva un chaparrón, de nueces y turrón! Bendita inocencia. Ah, case me esquecía: con mal tempo a modiño co coche, basta xa de animaladas na carretera!!!!!

Anónimo dixo...

A novela "Nada" de Carmen Laforet, non é dos cincuenta, é anterior, ganou o premio Nadal no ano 1944. Unha gran novela, xa me gustaría escribir así.

Anónimo dixo...

Otra cosa alguien me puede decir ¿Porque la gente no anda como tiene que andar en las Glorietas?, es que me parece que si supiesen andar y anduviesen con precaución en ellas, avanzaríamos bastante.
Creo que debería existir un cursillo para reciclar malas costumbres y mejorar la conducción, si en vez de dar tanta mecánica, no diesen una dosis de respeto, otra de compañerismo otro gallo cantaría en las carreteras.
me está acordando un chiste:
Iban dos tíos en un coche saltandose d todos los semáforos en rojo, resulta que cuando llega a uno en verde, vá el tío y se para, le pregunta el otro, Bueno carallo, saltas todos en rojo y cuando llega el verde te paras???

Le contesta el hábil conductor:

Es que mi hermano también sale hoy y no vaya a ser que nos metemos una hostia!!!!!!

Julio Torres dixo...

Suscribo plenamente o que ti dis. Algún día alguén esciribir 101 formas de coller unha rotonda de dobre carril sen morrer no intento...
O chiste é ilustrativo jeje