** Humor ¿comparativo?.........
Os tópicos sempre levan a comentar ou ensañarse coas mesmas cousas cando de criticar ó sexo contrario se trata. Isto é, a dialéctica liorta "home-muller". Non deixan de ser chistes fáciles....¿ou se cadra levan razón?... Hai tempo xa atopara en internet (fonte de inagotables recursos) uns interesantes gráficos que ilustran o tema en cuestión e que paso a reproducirvos. Podedes comentar todo aquilo que estimedes oportuno, pero sen pasarvos.....que ultimamente "non dou abasto cos miles de comentarios que me enviades"... Aproveito para agradecer a colaborarción das dúas colaboradoras habituais da páxina: Maria e Mariam.
Para o resto de lectores, dicirvos que confío en que vos animedes máis que comentar artigos non perxudica a saúde...polo menos que se saiba....
ATENCIÓN PREGUNTAS:
¿Cales son as grandes diferencias entre os dous seguintes cadros? ¿Que cousas teñen en común (se as teñen, claro)? ¿Que cousas cambiarades en ambos cadros? ¿Sénteste reflectido no cadro do teu sexo? ¿Por qué?
NOTA: Co fin de ler mellor a información dos cadros, aconséllovos que clickedes dentro 2 veces e verédelos ampliados.
Un sáudo a tod@s. Carpe Diem.
7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Ja, ja, ja !!! Moi boas as ilustracións, mais quero facer unha pequena apreciación: as mulleres pensan tanto ou máis que os homes no sexo. É gratis, non perxudica a saúde que se saiba, serve para desestresarse, faise vida social, e é unha enerxía renovable e placenteira. Carpe diem, sí, et noctem tamén.
Non quero comparar, o tema da guerra de sexos xa está un pouco trillado. É mellor centrarse no que compartimos: todos, sen excepción, necesitamos que nos queiran, dar e recibir. Ós que queiran profundizar no tema das comparacións recoméndolles o libro "Por qué los hombres no escuchan y las mujeres no entienden los mapas" de Allan e Barbara Pease, é divertido e interesante, trata das diferencias entre homes e mulleres. ¿Leéuno alguén?
Non lin o libro do que nos falas Mariam, o que si lin é "As mulleres son de Venus e os homes de Marte" ou algo así, vaia chorrada de libro, eu non sei se será ou non moi científico, pero a min pareceme unha sarta de tonterías, con perdón.
Tés razón Mariam, está trillado, pero a miña intención era animar á xente a comentar. Pero nin con temas morbosos oe...
No tocante ós libros, non lin ningún deles. Supoño que serán cousas triviais que escribe algún iluminado e que ten como único argumento "científico" a súa propia doctrina ou, como moito, bebe das fontes reunidas nun bar a altas horas da madrugada en plena tertulia de género....
Doutro lado, creo que se homes e mullers foramos iguais o mundo sería aburrido. As mulleres teñen cousas boas e outras malas. Os homes igual. Pero particularmente, a min gústanme as mulleres cos seus defectos e virtudes... O do sexo é unha tontería dicir que lle gusta a un xénero ou a outro: ós dous nos gusta e, é algo sano.
O que non é menos certo é que ás mulleres lles gusta ir máis de compras de roupa e similares que ós homes. Non me parece mal. Salvo cando hai que comprar porque é necesario, nos outros caso creo que é máis un hobbie que nada. Teño amigas ou coñecidas que me confesaron no seu momento que van de compras porque están agobiadas ou deprimigas. Non me parece mal. Sempre e cando non se convirta nunha grave dependencia. Pero tamén os homes nos gusta moito o fúbol, e outro hobbie. E non creo que lle deba pareer mal a unha muller tampouco, agás que cree unha grave dependencia tamén no seu partener (ou media laranxa).....
O dito,e a pesar de que se negue, os homes precisan das mulleres e as mulleres dos homes. Por regra xeral, claro.
Oes Juliño, que coñezo moitos, pero que moitos homes que inclúen entre as súas aficións o de ir de compras, así que ..............
Sí, teño que recoñecelo, ás mulleres gústalles demasiado comprar "modelitos" e complementos, en xeral, hai excepcións. Ó mellor é que todas levamos dentro unha Isabelita Preysler, non sei... Eu son muller é a min non me gusta demasiado ir de tendas, será porque ideolóxicamente manteño unha postura crítica co consumismo. Consumir por consumir paréceme algo cuasi-patolóxico. Venme a cabeza o caso de Amancio Ortega, non vende máis que trapallada en ZARA: xerseis que encollen, camisas que destiñen, roupa que se descose, (todo estos exemplos son verídicos, pasáronme a min), e ahí está, supermillonario, porque vende moda, moda de baixa calidade, pero eso da igual. O caso é comprar, e comprar porque cada semana hai prendas novas nas tendas. Ir de tendas é un hobbie nos nosos días, é verdade, non se pode negar o evidente. Se serve para que nos relacionemos cos demais, benvido sea, pero non é necesario mercar por mercar. Tamén dudo moito dos beneficios terapéuticos da compra compulsiva nos casos de depresión. O verdadeiramente terapéutico e sair da casa, falar, toma-lo aire, estar coa xente, distraerse, eso sí que axuda.
je, je, se é que a min tamén me gusta ir de compras. Pero estou generalizando María. Peron non me negarás que é máis difícil atopar a unha muller que vaia comprar roupa que homes....E insisto, que a min gústame ir de compras...
Publicar un comentario