** A Frase Máxica....(Come back again)
Gústame cumprir o que prometo. Por iso, e tal e como vos adiantaba este martes pasado, regresan as Frases Máxicas. Agardo que vos animedes a comentalas. Se vos gustan, se non, que vos fan pensar, o acertada ou non da súa temática e a forma de dicilo. En fin, o que queirades comentar. Non hai censura, polo que me gustaría que opinarades simpremente o que pensades das que vaia poñendo. Serán benvidas tódalas frases que me enviedes. A poder ser, que fagan pensar, que induzan á reflexión.
En principio publicareinas 2 ou 3 veces por semana. A vosa participación acabará por asignarlle unha periodicidade ou outra a esta sección de A Lareira Máxica
Hoxe para reinaugurar a sección porei 2 frases, sen que sirva de precedente....
“La alegría cuanto más se gasta, más queda” (Ralph Waldo Emerson)
"Entre un hombre y una mujer, la amistad es tan sólo una pasarela que conduce al amor" (Jules Renard)
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Interesante a frase de Jules Renard coa que nos agasallou o outro día Mariam. Xa me fixara nela polo que non me sorprende que ti tamén te acordaras dela para esta sección.
A verdade é que estou bastante de acordo coa frase, aínda que con matices. O outro día tiven un interesante debate a propósito deste tema cun bo amigo. Pero eu engadiría ou diría que simplemente a amizade entre home e muller é, nin máis nin menos, que unha utopía, imposible. Así de radical son eu.
Son da opinión de que a amistade entre sexos é so un estadio pasaxeiro que rematará antes ou despois. Xusto cando un dos dous se pare a pensar aquelo de: xa que nos levamos tan ben, porque non intentar un paso máis ala. E enton, o que nun principio era amizade, pasará a ser algo moito máis amplio e complexo, eso que Renard chama amor; ou pola contra pasaranos como ó amigo Frei e nin amizade nin oito cuartos, ou sexa, que nos quedaremos sen nada.
A amizade sempre foi algo interesado, moito máis entre homes e mulleres. No caracter dun home non vai ter amigas. Eles teñen outras cousas ........
Coincido con la frase de Jules Renard, creo que cuando un hombre y una mujer son amigos de verdad, es que por parte de alguno, aún sin saberlo, hay algún sentimiento hacia esa persona, y no de amistad.
No sucede en todos los casos, pero sí en la mayoría
Neste caso non estou dacordo coa frase de Jules Renard. Eu son o claro exemplo. Non vou dicir que teño moitos amigos varóns, pois son das que pensa que amigos verdadeiros non se ten máis de dous. Pero sí é certo que teño un moi bo amigo, é un home. E asegúrobos que non hai máis intención nin pola miña parte nin pola del. :D
Penso que iso de que un home e unha muller non poden ser amigos é un prexuizo que debería erradicarse xa en pleno s. XXI.
Un saúdo.
Hibris
Publicar un comentario