** A FRASE MÁXICA.........¿e ti que pensas dela?
"O éxito non é tanto facer o que se desexa como desexar o que se fai" (D. Brown)
"A sorte está na túa mente; si cres que tés mala sorte terala, se cres que tés boa sorte iso mesmo atraerás" (Anónima)
E a raíz destas frases, das que podedes opinar como sempre, pregúntome tamén: ¿Qué é o éxito? ¿De que depende? ¿Qué é a sorte? ¿De qué depende?
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
A frase sobre a sorte é bastante certa, na miña modesta opinión. Evidentemente non che vai tocar a lotería só porque o desexes moito, pero si é verdade que moitas veces somos nos mesmos os que "axudamos" a que algo aconteza ou non. Moitas veces xa nos poñemos nós mesmos as trabas ou deixamos de facer algo porque pensamos que non é para nós, que é moi difícil etc etc etc.
Por outra parte, a pregunta de Julio sobre qúe é o éxito recórdame un exercicio que me gusta poñerlles ós meus alunos ás veces, para que practiquen a parte máis oral da lingua (son profesora de inglés).Pídolles que me preparen a receta do éxito, e ás veces saen cousas moi interesantes. Por exemplo:
50 gramos de sentido común, 1 kg de esforzo, 500 gr de traballo, unha pizca de sorte ......
Hummm, interesante a receta do éxito...Tomarei nota. No tocante á sorte, penso como María: na sorte tamén inflúe moito que nós sexamos receptivos a ela....
O que é certo é que tanto sorte como éxitos moitas veces van da man. Ben é certo que a sorte pode chegar soa, pero unha persoa que se esforza ten máis posibilidades de ter éxito e, ó mesmo tempo, merca máis boletas para a SORTE (en sentido abstracto).
A ver que opina o resto de lectores da lareira máxica de todo isto.....
Tendes razón, toda esa teoría é fantástica. Lástima que o mundo esté rexido por uns cantos cabroncetes. Eu tiven a enorme sorte de perder 90 millóns de pesetas o ano pasado porque un tema de recalificación de terreos. Eu tamén tiven a enorme sorte de que un alto funcionario da Xunta viñera a miña casa a venderme, sí, ledes ben, unha plaza. Así foi, eu tamén puden venderlle a alma ó demo e convertirme en esclava súa. Non vos espantedes, non tendes nin idea de como falan en privado. O problema que ten venderlle a alma ó demo é que nunca cha devolve. Este é un demo "encantador", un demo que presidía tribunais de oposicións, un demo que me denudaba coa mirada. Que envexa me dan as persoas que tiveron a enorme sorte de non bater con toda esta merda. ¿Por qué non entrei no seu xogo? Básicamente, porque tiven medo.
Publicar un comentario