** ¿Un home abandoado pola sorte?
Este fin de semana entereime do que lle pasou. Non o sabía e non daba crédito cando me enterei. Sentín algo de mágoa, recoñézoo, pero máis tristeza sería que tivese morto. Por fortuna, as malas novas non chegaron ata ese extremo, se ben para min foi como se tivese morto. Vai ser difícil que volte a velo logo do acontecido, pero quen sabe….Nunca se pode dicir que algo é imposible. Porque os milagros existen. Sí, por fortuna, existen. Xa sei que o que lle pasou a el son cousas que pasan, sí, pero cando pasan nunca o esperas. Ás veces non estás preparado. É o que ten a vida. Nunca sabes cómo te pode sorprender, nin cando nin onde, nin moito menos cal vai ser a túa primeira reacción....
Para os que non coñecedes a Clive, que así se chama o noso protagonista, direivos que é un home único (bueno, xa sei que todos e todas somos únicos), cariñoso, ambable, que se preocupa pola xente, e con sorte, con moita sorte. É unha desas persoas á que todo lle vai ben, ten traballo, saúde, cae ben e vive feliz. Vamos o home “ideal” de para máis dunha muller. Ou iso parece. Non sei. Será cuestión de gustos.
Enigmático. Moi enigmático. Ata o de agora nunca quixo –ou quixeron- que se soubera nada sobre a súa vida persoal. Reservado. Moi reservado, ou iso aparentaba ou debía aparentar. Quen sabe. Pode ser que o de ser inglés teña algo que ver na súa particular forma de comportarse. Ou non. Quen sabe. Pode que sexa unha actuación máis, das que acostuma a facer, ó mesmo tempo que se divirte. Ou iso parece. Quen o sabe.
Alto, sempre vestido de negro, parco en palabras, gústalle moito camiñar. Camiña, camiña, camiña case sen parar….. Ás veces détense para falarlle á xente, incluso ós descoñecidos. Confiado el. (É un home con sorte, con moita sorte…). Pero faino dun xeito especial: cos seus inconfundibles xestos. A único linguaxe universal que no mundo existe. Clive é un home moi peculiar. Sí, definitivamente é un ser moi, pero que moi, peculiar.
.
Desde 1998, tiña por costume visitar España. Desde a súa Inglaterra natal pasaba con nós a última quincena de novembro e case todo decembro. É o que ten ser rico. Pero este ano non será así. Non. Este ano non poderemos voltar ver a Clive. Son cousas que pasan. Non, non. Este ano vai ser moi complicado que o vexamos. Un despido laboral ten a culpa. Despediron a Clive do traballo e é case seguro que non veña a España. Paradoxas da vida, agora que vai ter máis tempo non vai poder vir. E se ven, é bastante probable que non o poidamos ver. Polo menos eu non. Unha mágoa. Xa me acostumara á súa presencia logo de oito anos seguidos, sen fallar nin un. Era case un máis na familia.
Rico. Moi rico debe ser. Cobraba polo seu traballo 48.000 euros anuais. 8 millóns das antigas pesetas. Pero é que era un home con sorte, con moita sorte. Aínda que agora a sorte abandoouno. El que tan ben se levaba con ela e que tanta repartía ós que se lle acercaban. Cando menos teño claro é que non vai ter problemas coa súa hipoteca. Algo que moi poucos españoles poden dicir….
Tiña o costume de afeitarse a cero á cabeza cada vez que visitaba o noso país. Vendo o lado positivo, este ano non vai pasar frío no Nadal….A súa cabeza vaillo agradecer. Ou non. Quen sabe. Ó mellor ela tamén vai botar en falta ó seu rapado de cabeleira que o facíai parecer Kojac nos seu mellores tempos. Iso si, Clive non usaba sombreiro cando viña a España. Sen ter un so pelo na cabeza, saía á rúa “a pelo”.
As vantaxes de quedar no paro non rematan aquí: din os rumores que os seus xefes non lle deixaban falar da súa vida privada (¡ en pleno século XXI e aínda con normas dictatoriais…..!!), e como el é tan obediente e reservado –ou iso parecía- acabáronse xuntando as gañas coas gañas de comer….Agora ata poderá conceder entrevistas e gañarse cartos. Como está de moda…..
Clive Arrindell é un home con sorte, con moita sorte, aínda que este ano a sorte deixouno algo tirado….¿ou non?. Quen sabe. O único certo é que este ano Clive non vai ser o encargado de traernos a sorte anunciando o Gordo la Lotería de Navidad. O home vestido de negro, cual “Loquillo”, o da cabeza recén rapada para saír no anuncio que iluminou os desexos de sorte dos españoles nos últimos 8 anos, o home que se paseaba aixo increíbles escenarios cubertos de neve, o que nos despedía sorte logo de soprar coas mans abertas. Ese home, Clive, foi despedido por Loterías y Apuestas del Estado, que este ano confiou o anuncio do Gordo a outra empresa. Botaremos en falta esa música tan característica, asociada en España á Lotería e, por extensión, á chegada do Navidad. A sintonía da sorte dos últimos anos. E por suposto, o protagonista do anuncio. O noso actor inglés.
O 17 de novembro estreouse o novo anuncio. Para o meu gusto é moi simple, soso e anodino. Claro que é o que querían os anunciantes, xa que dicían que nos últimos 8 anos fíxose máis famoso o actor que o que anunciaba. Algo parecido pasou hai dúas década con aquel home que anunciaba o deterxente Colón e que soltaba a exitosa frase que sentenciaba: “Busque, compare, y si encuentra algo mejor, Cómprelo”. O certo é que vanse aforrar unha millonada en pagarlle ó home anuncio , ó cal lle tiñan prohibido conceder entrevistas ou rodar outros spots. Dicían que se falaba, perdería o halo de misterio que lle querían imprimir.
Con todo, nestes últimos anos, a venda de loterías subiu dun 6 a un 11%.¿Por culpa do anuncio? ¿Ou porque os españoles somos cada vez máis consumistas, con ou sen anuncios, impulsados polos acuciantes gastos que soportamos e recurrimos a un golpe de sorTe como solución a todo? Sexa como fose, creo que non compensa gastarse tanto nun anuncio que, sí é certo, se vende so. Con ou sen Clive, sentimentalismo a parte.
7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Qué panorama, primeiro foise a nanny, un disgusto. Agora o do calvo da loteria.... outro máis. ¡Así non se pode vivir, é demasiado para calquera! E para rematar, veña a chover, tronos e lóstregos, so falta que morra Papa Nöel, ou que quebre El Corte Inglés, snif... snif... ¡qué nadal!
Julio, tes que adaptar o teu estilo ós novos tempos. Un home ó que todo lle vai ben, ten traballo, saúde, cae ben e vive feliz,(estou tentada a poñer algunha cararterística máis, pero bouna omitir, todo sea por non caer na vulgaridade ), é o home ideal para máis dunha muller e tamén para máis dalgún home. ¡Caray! era o que faltaba, un armario na lareira.
Polo que vexo, solo a unha persoa lle gustou o artigo. Ás veces as cousas son así: o esforzo é inversamente proporcional ó éxito acadado.....Que lle imos facer, á vida é así....Será cuestión de gustos.....
A min encantoume este artigo, non o puxen de xeito explícito porque non o vou a estar poñendo seguido, ti imaxina, "Julio, un artigo estupendo", "Julio, qué ben escribes", "Julio, encántame como manexas o suspense",..., todo é verdade pero, ¿non che parece un pouco incómodo leer halagos? Que conste que te comprendo, é un artigo estupendo, traballado, e non debería pasar desapercibido. A xente é así, na lareira hai moito tímido. ¡Ánimo!
gracias mariam. Non, se o tema non ia contigo, senón coa xente que nunca di nada. So 2 persoas din algo habitual. Logo hai xente que nunca comentou nada de nada de nada. Non estou dicindo que quero halagos, so desexo que haxa mais comentarios, para ben ou para mal. Facer unha cousa con esforzo para que a xente o ignore é o peor....
Prefiro que digan que non lles gusta nada ou algo, como o anónimo do segundo comentario.
Bueno, alégrame saber que a tua autoestima non depende dos halagos dos demais. Mira, si visitan a páxina unha vez e logo repiten é que lles gustou ¿non? Supoño que xa se irán soltando, de feito esta semana houbo xente nova. Haberá que darlles tempo.
La mayor parte de las cosas tienen un principio y un fin, y el calvo no iba a ser menos. Es cierto que da algo de pena no verlo, pero tampoco se acaba el mundo.
Publicar un comentario