** .....Al agua ¿patos? .....
O tempo está tolo tolo tolo, definitivamente. En Octubre diluvia, a primeira quincena de novembro fai unha calor propia do verán e a xente inlcuso acude á praia. E estes días de novo...inundacións. Está claro que a capa de ozono ten moito que ver. A contaminación atmosférica empeza a pasar factura....
Hoxe os medios de comunicación fanse eco das fortes choivas caídas especialmente en Vilagarcía de Arousa (na foto). Para os que non a coñezades, esta vila ubícase na Comarca do Salnés. É un dos pobos máis grandes da provincia de Pontevedra, pero ten un pequeno problema...: foi crecendo gañándolle terreo ó mar. Iso dalgunha forma debíase notar tarde ou cedo. E así é cada inverno cando chove. Sufre inundacións en pleno casco urbano. E claro, un día de tantas choivas coma o de hoxe, non podía ser unha excepción. O estrano é que chegue tan pronto este ano.
Calquera llo diría á xente que o pasado fin de semana tomaban o sol na mítica Praia de Compostela, areal denominado así porque nun tempo era o preferido polos santiagueses no verán (actualmente non tanto, porque Noia e outros lugares da costa restáronlle protagonismo). Sexa como fose as rúas de Vilgarcía foi tomada pola choiva. O Río do Con desbordoise e anegou as aceras e incluso a carretera que discurre ó seu carón. Como non hai mal que por ben non veña, os patos patos viron incrementado o seu espacio vital, e incluso se permitiron o luxo de camiñar polas aceras, tal e como vedes na foto da portada do artigo....
Lendo os xornais de hoxe atopei fotos das inundacións de hoxe en Vilagarcía e en Ribeira (concello da mesma ría, a de Arousa), se ben parece ser que foron máis as de Vilagarcía. Co fin de que leades a información e vexades as fotos de cómo quedou a vila pontevedra, déixovos os enlaces dos xornais "La Voz de Galicia"
"El Correo Gallego".
Agardemos que a situación se vaia normalizando e que o tempo recobre a súa cordura, do contario non descartedes que en Navidades comamos o turrón na praia, entre chapuzón e chapuzón, e namentres nos esturramos tomando o sol de......decembro!!!....
Con todo, carpe diem
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario