domingo, 19 de novembro de 2006

** Intrigas e misterios II:.....¿Que foi de.....?

.........OS PROTAS DE...BARRIO SÉSAMO

[NOTA: Facede clik no título do artigo para poder velo completo. Cousas da actualización de Blogger en xaneiro de 2007]


Comentábavos o domingo pasado que Barrio Sésamo marcou toda unha época, especialmente a versión "made in Espinete". No vídeo da introducción deste artigo podedes lembrar a cabeceira deste mítico programa infantil, na que saen Espinete e Don Pimpón. No interior do artigo atoparedes outros dous vídeos, un deles a parodia da entrada que acabades de ver. Está moi simpática e ata sae un cantante que antes era negro e agora branco....
Se seguides lendo descubriredes que foi dos protagonistas de Barrio Sésamo....


Deixémonos de introduccións e entremos en materia como se soe dicir. Imos por partes:

** Comencemos polos protas do Barrio Sésamo I (anos 1979 e 1980): A Galiña Caponato e o caracol PerezGil.
¿Que foi dos actores que lle daban vida a estos simpáticos animais falantes?. No tocante á Caponata, ésta a persoa que ocupaba as súas entranas e a interpretada era a actriz Emma Cohen, namentres que a PerezGil dáballe vida o actor Jesús Alcaide. Ambos continuaron interviron en series e películas (nas últimas xa ben actuando, xa ven como dobradores). Se premedes sobre os nomes destas dúa persoas saberes en cales participaron.
Por último, e a modo de curiosidade (constame que hai lareleiro "mu curiosos"), e para quen non o saiba, a Galiña Caponata, isto é, Emma Cohenn é a compañeira sentimental do gran actor español Fernando Fernán Gómez.

** Adentrémonos agora no que aconteceu cos protagonistas de Barrio Sésamo II, que discurriu entre os anos 1983 a 1987 (nos anos 81 e 82 non se emitiu como programa independente, senón integrado en "La Cometa Blanca" e nela xa saían personaxes que tamén saíron de 1983 en diante). Neste caso non se cumpre o de que segundas partes nunca foron boas, máis ben ó contrario. Imnos personaxe a personaxe:



<> Espinete: era interpretado pola actriz Chelo Vivares. Sí, a pesar de supoñerse que o ourizo Espinete (aquel que vivía nunha caseta grande e que cando ía durmir poñía o pijama cando de día non traia prenda algunha posta....)era "macho" a voz poñíalle unha muller.
¿Que é de Chelo? Logo de rematar Barrio Sésamo, embarcouse xunto con outros actores do programa en levar o formato ó teatro. Con posterioridade, realizou diversos traballos como actriz ou como dobradora. Nesta última faceta, a de dobradora, cómpre mencionar dentro da producción animada "La leyenda del Norte" (1991), Harry Potter y la cámara secreta (2002) e "Harry Potter y el cáliz de fuego" (2005) (alí poía a voz en castelán de "Myrtle la llorona") ou "Los Simpson" (dobrando a personaxes infantís como Ralph Wiggun o Todd Flanders).
Tamén fixo unha breve colaboración secundaria na película "El palo" (2001) ou na serie "El Comisario", como pezas máis destacables.

Chegados a este punto, débovos rebelar a noticia que me impactou cando a souben....Moitos de vós (Mariam e Maria) xa o descubrirades: ESPINETE CASOUSE CON CHEMA, isto é Chelo Vivares casouse na realidade con Juan Sánchez, o cal daba vida a

<> Chema: o panadeiro do barrio. Á historia pasaron os seu bailes e movementos "raros". Foi encargado de interpretar a mítica canción “Panadero Soy” no programa. Antes de face-la serie xa se casara con Chelo, que foi a que a animou a presentarse ó casting (según se di).
A foto de Chema foi a primeira que vos puxen nesta miniintriga lareleira. pero ¿que foi del?. Juan Sánchez, o seu alter ego foi un dos personaxes que levaron ó teatro a version teatral de Barrio Sésamo polos diversos pobos e cidades de España. Con posterioridade participou na película "Donde está el corazón" (1990), un film norteamericano do director John Boorman, protagonizado por Uma Thurman.
Polo demais, fixo colaboracións en episodios das series tan famosoas como "Farmacia de guardia" e "Los ladrones van a la oficina".O noso querido Chema ten na vida real unha gran paixón polo mundo artístico, sobre todo pola da pintura.

Tanto Chelo como Juan traballaron xuntos con maior frecuencia no teatro, primero coa versión teatral de Barrio Sésamo e máis recientemente en diversas obras, sendo a última delas "La cabeza de Bautista".


<> Don Pimpón: Era aquel ser ou animal que non se sabía moi ben quen era (anímovos a dar a vosa opinión sobre QUÉ podía ser Don Pimpón), que foi interpretado polo actor Alfonso Vallejo.
Un dos seus primeiros traballo foi o de darlle vida a outro ser, vido do espacio e chamado “Astraco”, precisamente no programa infantil “Los Mundos de Yupi”, que tomou un ano despois o relevo de Barrio Sésamo.
Ttamén traballou como actor secundario en películas españolas como "El Lute, camina o revienta" (1987), "Chevrolet" (1997), "Plenilunio" (1999), "El bola" (2000) o "La suerte dormida" (2003), así como en las series "¡Ala...dina!" (no que era un dos personaxes fixos, concretamente Rogelio,o xefe da empresa onde traballaba Tomás, o “amo” de “Ala Dina”) e "Cuéntame".
Nos últimos dous anos realizó dous traballos para Tele 5: o espacio de humor "Agitación + Iva" (emitido aínda o verán pasado) e a serie "Maneras de sobrevivir".

.......Continuará.................


2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Caray, polo que vexo a ningúen lle trae lembranzas Barrio Sésamo. Faime pensar....¿So me gustaría a min? Non o creo.....

Julio Torres dixo...

Por certo....¿Que pensades que bicho, animal ou ser era o ínclito Don Pimpón?