** Intrigas e Misterios (I):... ¿Que foi dos protas de .... Barrio Sésamo?
[NOTA: Facede clik no título do artigo para poder velo completo. Cousas da actualización de Blogger en xaneiro de 2007]
Saía do colexio ás 5 da tarde. Daquela non había xornadas intensivas. Chegaba á casa ás 5:30. O primeiro que facía era merendar un bo bocata namentres agardaba que chegaran as 6. Era a hora clave, o reencontro con eles, logo dunha longa xornada. Esa hora era para min como se xogase o F.C.Barcelona co Real Madrid o eterno partido de fútbol do século, ou como se puxeran na televisión o final da máis exitosa telenovela ou coma se o informativo abrira coa noticias de que, por fin, capturaran a Bin Laden. De repente o reloj marcaba a hora agardada e a música, esa inconfundible melodía voltaba a soar, acompañada de varias persoas que che lembraban que o gran momento da tarde chegara por fin.....
Hai un vello dito que di que o prometido é deuda. Por iso, hoxe por fin vos revelo que era a intriga que iniciei o pasado sábado 4 de novembro. ¿Quen son os cinco rostros que puxen durante esta semana? ¿De que ía o "gran" misterio?. Pois chegou momento de facer as oportunas revelacións, pero vaiamos por orde.
O rostro do sábado 4 correspóndese a Juan Sánchez (máis coñecido por "Chema"), o do domingo 5 é Chelo Vivares (alias "espinete"),os do luns 6 son Enma Cohen (coñecida como a "galiña Caponata") e José Martínez Blanco (doblador habitual de "Epi") e o do mércores 8 é Alfonso Vallejo (alias "Don Pimpón". Sin duda a máis difícil de averiguar era a do doblador de Epi....
Pois si, son personaxes de Barrio Sésamo, o mítico programa infantil que cada día ás 6 da tarde poñían na primeira cadea de TVE. Daquela so habia a canle 1 e a 2 de TVE, agás nos últimos anos do programa no que xa existía a TVG. Cabe distinguir 3 etapas de Barrio Sésamo. A primeira foi 1979 a 1980 e nela saían a Galiña Caponata e o caracol PérezGil, acompañados polos bonecos de Epi, Blas & company. A segunda tivo lugar entre 1981 e 1983 e saían os bonecos xunto con algún dos personaxes que logo darían vida á terceira e máis lembrada etapa de Barrio Sésamo, a cal trancurriu entreo os anos 1983 e 1987. Nesta última, os bonecos compartían programa con Espinete, Don Pimpón, Ana, Chema, Ruth, Roberto, Matilde, Antonio, Julián.....
Na segunda parte do artigo, que publicarei non transcurso da vindeira semana, falareirvos do que fan estes personaxes na actualide. Adiántovos que dous faleceron e outros dous casaron.....
Por certo, noraboa unha vez máis as dúas Marías (María e mariam, colaboradoras de alareiramaxica) que adiviñaron de que todo isto ía de Barrio Sésamo.... O vindeiro día falaremos de Epi e Blas e do caso de "zoofilia"....
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Eu tamén chegaba á casa ás 5:30, recordo perfectamente aquelas merendas de pan con tulipán, pan con nocilla, bocadillo de "revilla", chocolate Nestlé, plátano ou mandarinas,... O que nunca faltaba era o tazón de Cola-cao, "el alimento de la juventud". Meus pais non estaban nunca, a merenda era cousa da avoa. Ó mellor tamén se deixaba caer pola cociña o avó, el soamentes tomaba café e releía o periódico. É curioso, meus avós, por separado, foron estupendos e sen embargo nunca conxeniaron. Miña avoa tiña unha personalidade complexa, un pouco soberbia. Meu avó era todo o contrario, bonachón e charlatán, nunca tiña prisa. A meu pai víamolo pola noite, recordo que nos contaba, a meu irmán e a min, unhas historias desternillantes. Sabía moitas, unha para cada día. Coa enfermidade foille mudando o carácter, cando morreu tiña 50 anos, levaba cinco anos enfermo. Foi unha putada. Para él e para nós. De miña nai non sei que dicir, o motor da súa vida foi a rutina. Miña nai é un prototipo daquelas mozas dos anos 60 que iban ós cursos da "Sección Femenina", moita misa, moito fregar ás lápidas, moito comadreo coas veciñas, roupa blanquísima, pantalón ben planchado, estrear un traxe polas festas da parroquia,...ese foi o seu mundo. Meu irmán é 6 anos máis novo ca min, físicamente non nos parecemos nada e sí moito na forma de ser. Qué tempos aqueles, de Espinete e don Pimpón.
Hummm esas merendas sóame moito.....Mágoa o que contas do teu pai. Síntoo. Pero hai que quedarse co bo de tódalas persoas. Sobre todo das persoas queridas...
Publicar un comentario