** Tanto cambio de tempo está claro que non é bo...
E claro que non é bo. Hoxe chove, mañán fai un día radiante de praia, pero é que pasado mañán parece que voltara o inverno e dous días despois estamos no Carible e así nos últimos meses. E como un non é de pedra, pois a farinxite colleuno. E non e un nome de muller precisamente. Oxalá!! Que aínda que fose un nome horribulus pois estaría moitísimo mellor que súa colega da saúde...
En fin que teño unha faranxite e apenas podo falar. Ademais teño aínda febre e o resto dos síntomas propios dunha gripe ou dunha farinxite. Mellor non mentalos. Agardo rescuperarme nos vindeiros días, pero collina "boa"...
Así que ós que me estades chamando por telephone, velaí tedes o motivo polo que non vos podo coller. Gracias e perdón porque non podo falar gran cousa. Como o odio!!! E tampouco estou de humor para estar diante do pc.
P.D: A ver se o tempo se aclara dunha vez e non xoga ó escondite cada dous por tres.
4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Je, je. Se xa o dixo miña nai: tanto o das frechas de Alvariño como o que controla as isobaras deben estar de vacacións.
Pois sí, demasiados cambios de tempo, vaia, bueno recupérate pronto,coídate. Esperemos que xa pronto, estés outra vez con moita enerxía. Bo día
Simplemente cuidate, xa verás en breve estarás ben, con moita enerxía
Gracias polo ánimos e recomendacións. Polo de agora non houbo cambios de relevancia. Sigo mal pero espere que empece a mellorar pronto. Boto en falta á xente ALM. E a gran calor que fai hoxe (máis de 30 grados -21 ás 7:30 da mañán) pois non axuda en nada. E a xente na praia......Aiss....Polo menos que cure ben esta farinxite.....
Publicar un comentario