martes, 19 de xuño de 2007

** ¿Cales cres que son as 7 marabillas de Galicia?

Falaba María o venres no seu artigo que ata o de agora hai 7 marabillas no mundo, pero que como algunhas xa están desfasadas se están elixindo as 7 novas. Hoxe imos un pouco máis alá. Nós que estamos en Galicia, temos moitos lugares e monumentos moi bonitos. Entón ¿por que non elixir as 7 marabillas galegas? Creo que tamén temos cousas moi boas. Así que entre todos imos dicir as 7 que cada un/unha cre que son as mellores. Poñedeas nos comentarios.
As miñas estívenas pensando e finalmente decidín éstas (custoume deixar algunhas):

- A Catedral de Santiago de Compostela
- A Muralla Romana de Lugo
- A Torre de Hércules (Coruña)
- As Dunas de Corrubedo (Ribeira)
- A Praia das Catedrais (Foz)
- A Ponte de Rande (Vigo)
- As Burgas (termas) de Ourense

Agardo as vosas 7 nos comentarios. Permanecerá aberta a votación ata o 30 de xuño inclusive.

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

A verdade é que decidir entre todas as marabillas que temos en Galicia é difícil. Por encima, ó parecer, para elexir as 7 do mundo só caben as feitas polo home. Non valerían pois lugares como as praias, etc.
Sen embargo, como a nosa elección pode ser libre, ou polo menos a miña, eu vou dicir:
1. Catedral de Santiago
2. Praia das Catedrais.
3. Muralla de Lugo
4. Fragas do Eume
5. Canóns do Sil
6. Costa da Morte (como non a ía incluír, pero conste que non me deixo levar so pola pasión)
7. Illas Cies
Pero quédanseme moitos lugares, paisaxes, momumentos e cousas que non son tais, fora da lista porque de poder elexir 70 en lugar de 7, algúns outros serían:
- a zona de Cedeira, San Andrés de Teixido ....
- a Torre de Hércules
- Fisterra e o seu faro
- Muxía
- a zona vella de Santiago
- a praia da Lanzada
- Sta Cruz de Rivadulla
- a retranca galega
- a gheada e o seseo
- as mulleres galegas!!!!!!!

Anónimo dixo...

Complicado Julio. Me animo, aunque hay más que 7.

- Muralla romana de Lugo
- Los Cañones del Sil
- La Catedral de Santiago
- Las Dunas de Corrubedo
- Las Islas Cíes
- El castro de Santa Tecla
- Combarro y todos sus hórreos

Eifonso Lagares dixo...

Las maravillas en Galicia hay muchas y debemos diferenciar entre maravillas naturales y las maravillas en las que ha participado la mano del hombre.
Naturales:
Islas Cíes
Dunas de Corrubedo
Islas Sisargas
Cabo Finisterre
Cabo Ortegal
Playa de las Catedrales
La Ribera Sacra
Fraga del Eume
Catarata de A Toxa y muchas más

Y de las maravillas construidas:
Catedral de Santiago
Catedral de Tui
Santa Tecla
Muralla de Lugo
Poblado do Cebreiro
Torre de Hércules
Puente de Rande
Monasterio de Osera
Molinos del Folón y del PIcón
Pazo de Oca y también muchas más.

Un saludo

Anónimo dixo...

1.- A praia das catedrais (Foz).
2.-A Catedral de Santiago.
3.- Monte Tecla na Guarda.
4.- Dunas de Corrubedo (Ribeira).
5.- Catedral de Tui
6.- A muralla Romana de Lugo.
7.-Torre de Hércules

Bo día, feliz semana

Drosophyllum dixo...

Para min as sete marabillas galegas son (sen orde de importancia e misturando marabillas naturais e feitas polo home):
- Colexio da Nosa Señora da Antiga (Monforte)
- Mosteiro de San Rosendo (Celanova)
- Castro de Santa Tecla
- Serra da Capelada
- Mosteiro de Samos
- A Ribeira Sacra
- Muralla de Lugo