luns, 11 de xuño de 2007

** De blogs por Sanxenxo, con opinión e con humor

Sanxenxo tamén se subiu a moda dos blogs. Non é algo novo pois xa falamos aquí o 25 de marzo de 2007, a raíz dun artigo publicado en O Diario de Pontevedra adicado ós blogs de Sanxenxo, e no que se fala entre outros de A Lareira Máxica.

É certo que, polo de agora non ha moitos blogs en Sanxenxo. Tempo ó tempo que todo chegará. Pero hoxe quixera centrarme en dous blogs. Dos dous tedes enlaces desde A Lareira Máxica, case ó final da sidebar ou columna lateral de A.L.M. Un é o Blog de Sanxenxo, de Juanjo (JJ Portela), tamén colaborador de A Lareira Máxica. Logo dunha tempada de asueto, regresa co seu blog. Polo de agora está en fase de reconstrucción, pero irá medrando. Juanjo adiántanos que abrirá a súa páxina a máis temas que antes. Ata agora a opinión e a política eran os seus ingredientes fundamentais. Agora non serán a única temática según nos adiantou o outro día nun comentario en A Lareira Máxica: "vuelve con una nueva imagen y otro estilo, más moderno y no tan político, aunque siempre mantendrá su carácter crítico, eso está claro". E para principiar ilustra o seu primeiro artigo cunha personaxe que a min me encanta. Sae en O Faro de Vigo: é Floreano, o personaxe das viñetas de humor de Gogue. Moita sorte nesta nova andaina para o Blog de Sanxenxo. ...--->Ve-lo Artigo completo....


O segundo dos blogs ó que antes me refería é El rincón de la Veiga, un blog escrito en clave de humor. Zebedeo e Rober coordinan esta páxina tan imprevisible como cachonda. E non o digo pola ventana emerxente que, nas últimas semanas, se abre ó acceder a El Rincón de la Veiga... Mira que esta xente xa non sabe o que facer para atraer visitantes e patrocinadores... Je,je, perdón polo vacile rapaces!! pero a ver se nos explican o motivo desta ventana X...Polo demais o blog é un blog distendido e no que todo ten cabida, pero cunha sólida base de humor ou ironía, como elemento claramente distintivo. Ou iso interpreto eu. Está ben. Que o humor é moi importante nesta vida, porque como xa vos teño dito hai un estudio de non sei quen que di que 5 minutos de risa equivalen a 45 minutos de exercicio físico. Pois nada, a visitar 5 minutos El Rincón de la Veiga ou senón a correr un pouquiño....Vós mesm@s.

A Juanjo, Rober, Zebedeo e a todos os que fan posible O blog de Sanxenxo e o de El Rincón de la Veiga, un saúdo moi grande e a seguir crenado un oco de opinión. E se é con humor, pois mellor.....



Artigo elaborado por: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Zebedeo dixo...

A verdade e que xa coñecía o voso blog polo artigo do Diario de Pontevedra, e xa había entrado e creo que deixado un comentario alguna vez.

Polo que respecta as fiestras emerxentes que salen o entrar no noso blog en principio pensamos que era pola erótica da política (ademáis a xente coas elecciós estaba moi quente, non lle duraba un cubito de xeo na man nin 30 segundos), pero logo atopamos que a culpa era do contador noso. Xa se sabe, non hai nada de balde, e parece ser que na páxina de onde collemos o contador pon publicidade por utilizalo. Inda que a min no me salen esas fiestras, sei que habelas hailas, e xa postos prefiro que salgan eróticas-festivas que unha que me ofrezca un préstamo máis, porque xa me chega cos que teño.

E como non podía ser de outra maneira estou totalmente dacordo contigo neso de que 5 minutos de risa equivalen a 45 minutos de exercicio físico. Mellor rirse que correr. Ademais, correr é de cobardes :)

Ata a próxima.

Anónimo dixo...

depende de a que correr te refiras zebe!!!!!!!!!
Un saudo Julio