venres, 15 de xuño de 2007

** A Alhambra de Granada opta a ser MARABILLA

O 7 do 7 do 2007 non só é unha data máxica, senón tamén o día no que os españois poden facer, unha vez máis, historia. Ese día un monumento patrimonio dos españois pode pasar a formar parte do patrimonio da humanidade porque o vindeiro 7 de xullo a Alhambra de Granada pode converterse nunha das 7 marabillas do mundo.

Posto que das 7 marabillas orixinais (os xardíns colgantes de Babilonia, o templo de Artemisa en Éfeso, a estatua de Zeus en Olimpia, o sepulcro do Mausoleo en Halicarnaso, o coloso de Rodas, o faro de Alexandría e as pirámides de Giza) consideradas como tal polos helenos, só unha permanece (as pirámides de Giza) era hora de elexir as novas. ...--->Ve-lo Artigo completo....


E que a Alhambra é unha marabilla, ninguén o dubida, pero o desexado agora sería que entrase a formar parte das sete mellores e para que iso aconteza, todos podemos poñer o noso graíño de area votando dende a páxina oficial (www.n7w.com.). As miñas razóns para votar son un tanto egoístas posto que poida que no que me resta de vida non chegue a visitar ningunha das outras seis, así que, polo menos poder dicir que estiven nunha delas.

O certo é que, bromas a parte, o castelo vermello, como se coñece á Alhambra grazas ó matiz de arcilla coa que está construída, compite con lugares tan asombrosos como a gran muralla china , o Partenon , o coliseo romano ou o Taj Mahal. Pero tamén con outros fácilmente superables como a estatua da liberdade ou a torre Eiffel, que, con tódolos meus respectos para eles, distan moito da altura arquitectónica e paisaxística que constitúe ese paraíso árabe que é a Alhambra.

Por algo o sr.Clinton quedou abraiado con ela. O mesmo me aconteceu a min cando no ano 92 descrubrín esta marabilla celestial en plena terra.
A Alhambra é un lugar digno de ser visitado. O patio dos leóns, o patio da acequia do xeneralife coroado de flores ou a mesma vista de Granada dende a Alhambra permanecerán xa para sempre na miña retina.

Así que xa sabedes, se estades de acordo comigo e queredes votar para que o próximo mes se convirta nunha das 7 marabillas do novo mundo, podedes facelo dende www.n7w.com



ARTIGO ELABORADO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Hummm A Alhambra, paraxe incomparable. Estiven no ano 1989 e é fantástica. A foto so é un aperitivo. Non vos gusta a imaxe cun atardecer de ensono??

Carpe Diem

Anónimo dixo...

Encantariame voltar a Alhambra, ogallá houbese unha máquina no tempo para pasar alí un día daqueles tempos en que estaba poboada.
É impresionante.