** Novidades en A Lareira Máxica
Como me gusta cumprir o que prometo, pois desde esta fin de semana podedes disfrutar de novos elementos en A Lareira Máxica. Algúns poida que xa vos decatarades duns cadros novos que puxen na sidebar ou columna da esqquerda. En cada un destes cadros puxen os titulares de diversos periódicos. Non de todo, porque non todos permiten esta posibilidade. De momento tedes os titulares máis relevantes dos xornais: LA OPINIÓN, EL PAÍS, EL MUNDO, 20 MINUTOS, ADN, SPORT E VIEIROS. Puxen cada cadro de diveros colores para que asociedes as cores e o formato co voso xornal preferido. Na marxe dereita de cada cadro tedes unha barra lateral que vos permitirá movernos para ver outros titulales ocultos no propio cadro.
No tocante ó reproductor de Imeen, estame dando moitos problemas. ¿Que pasa? Pois que me limita as cancións a 30 segundos, polo que eliminei as que me limitaba. Subín outras. E cada pouco voltame a eliminar cancións. Debe ter unha lista negra. Por este motivo, pode acontecer que ou ben opte por deixar as cancións de 30 segundos (para máis imeen quere que paguemos) ou quitalo reproductor, o cal me vai doer moito porque sufrín o meu para atopar un bo reproductor de música para o blog. Sempre quixen que o blog tivera música de fondo namentres se navegaba por el para facer a visita máis amena e entretida.
Por último, tamén puxen novos vídeos musicais. Había tempo que non os renovaba. Dentro deles destacan os novos traballos dos reaparecidos grupos La Guardia e Olé Olé, así como o doutro que me encanta: El mentón de Fogarty.
Agardo que vos gusten as novidades. Por certo: ¿GÚSTANVOS AS NOVIDADES? Haberá máis pouco a pouco. Algunhas afectarán e potenciarán os contidos dos artigos de A Lareira Máxica. E, por suposto, conto coa vosa participación. A Lareira Máxica retoma a súa normalidade.
Carpe Diem
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Hola Julio! Alégrame saber que a Lareira volve á normalidade, tamén quero aproveitar para darche as gracias por deixarme escribir no blog. Ninguén debería deixar pasar esta oportunidade, é moi gratificante participar e compartir, de verdade.
Dentro de las novedades te comento que vuelve el www.blogdesanxenxo.blogspot.com, con una nueva imagen y otro estilo, más moderno y no tan político, aunque siempre mantendra su carácter crítico, eso está claro, un saludo para Julio y para los demás.
Publicar un comentario