mércores, 4 de febreiro de 2009

** Amigos ou bos amigos. ¿Cal é a diferencia?

Amizade. Hoxe en día o término está desvirtuado. Falamos de amigos cando ás veces so nos referimos a persoas coñecidas coas que nos levamos ben ou que son colegas, compañeiros de algo. Sobre o tema dos amigos xa falei nalgunha ocasión do blog. Quixera dar un par de apuntamentos para afondar nun tema do que unha vez dei breves pinceladas e que daquela diferenciara entre: amigos e colegas . Podería seguir sendo válida pero, tras pensalo e ver os usos que se lle dan ó termo amizade, coido que sería máis axeitado distinguir entre estas dúas clases de amigos, coas súas correspondentes características:

1- Os amigos, sen máis. Dos que son persoas coñecidas e coas que te levas ben xa sexa por ser veciños, compañeiros de traballo, de ocio, de actividades ou unha persoa coa que nalgún momento da vida compartistes algo a calquera nivel. Son persoas coas que mantés boa relación aínda que non sexa a diario. Nembargantes, nun amigo a secas non necesariamente tés a confianza asegurada. Hai quen lles chama colegas a algúns amig@s. A min o término colega non me di nada. Máis ben sóame a compañeiros de traballo ou dalgunha actividade.

2- Os bos/oas amigos/as, os de verdade: son aqueles nos que sabes que podes confiar, que sabes que o que fales con el/a se vai a quedar entre vós. Que te anima nos malos momentos, que ti animas cando el/ela o está a pasar mal. Que pasa por alto os teus defectos e se queda co teu lado bo. Un bo/a amig@ é moito máis que un simple amig@ ou un colega. Existe unha gran afinidade e/ou unha relación, polo xeral, de moito anos. Algo así como un familiar que se preocupa por ti, sen selo. Unha especie de irmán/á.

Os do grupo 1 abundan, pero son amigos sen máis, ou colegas, sen ter unha relación profunda. Os do segundo grupo son un número reducido, pero teñen un valor moito máis alto porque sabes que podes contar con eles/elas para o que faga falta. Non che van a fallar cando máis o necesites. Son aqueles/as que se lembran de ti e se preocupan sinceramente. Dunha ou doutra forma están contigo e son un apoio fundamental. Son esas persoas das que non te olvidas e que aínda que o contacto non sexa a cotío, a amistad é moito máis profunda e nada superficial. Normalmente falarías con eles/elas horas e horas e sentiríastes a gusto, moito máis que un amigo/a calquera.

En fin, esta clasificación non pretende ser dogmática, máis ben é moi simple, e ven a conto porque é moi fácil falar de amigos, pero non tanto demostrar selo. Os bos amigos demóstrano nos teus peores momentos. Apóiante incluso sabendo que te vas a equivocar. Iso si, tratan de aconsellarte, pero aínda sen facerlles caso están contigo e respetan a túa decisión. O que diciía antes: son como bos irmáns/ás.

Pretende ser este post un agradecemento para os bos amigos, aqueles que son como os anxos da garda. A tódolos meus amigos, pero en especial ós bos, vaia o meu agradecemento por soportarme nos meus momentos malos e por aconsellarme e estar conmigo cando máis o necesito. Eles e elas saben de sobra quen son estes bos/boas amigos/as. Xente que está contigo cando peor o pasas e non so cando todo vai ben. Aí é fácil arrimarse, pero os bos amigos/as fanse notar nos malos momentos, xusto cando máis o necesitas. E por iso lles dou as GRACIAS por estar aí cando máis o necesito. Era un artigo que tiña pendiente de facer porque o merecedes con creces.

GUSTARIAME QUE ME CORRIXADES E MATICEDES TODO O QUE QUEIRADES. Tedes material para iso. A miña clasificación é moi persoal e non científicia nin moito menos. ANIMÁDEVOS A PRANTEXAR A VOSA CLASIFICACIÓN. APROVEITADE TAMÉN PARA CONTAR EXPERIENCIAS DE BOS AMIGOS/AS OU TODO AQUILO QUE CONSIDEREDES OPORTUNO.

P.D.: Cando falo de amigos ou bos amigos, non me estou referindo a temas de amor. So falo de amizade en xeral. Do amor publicarei un artigo proximamente remitido por unha colaboradora e titulado "Cómo vivir un gran amor". Poderédelo ler nos próximos días o pé do lume de A Lareira Máxica.



UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

10 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Chris dixo...

Julio,
Ti mesmo o dixeches hai uns días: hai nove anos e días que non nos vemos (hai que poñerlle remedio, que Noalla non está tan lonxe!). O caso é que o que ti dis dos teus bos amigos eu pódoo dicir de ti: sempre estás. E iso é, polo menos para min, o que fai a diferencia entre uns e outros.
Biquiños manchegos,
Christina.

Julio Torres dixo...

Chris: Por suposto, ti eres unha das mellores amigas que un ten o gusto de ter e xa o desmostrastes con creces hai anos. Incluso nove anos e uns días despois a túa amizade é unha dulce condena.

Por certo, levas razón: Portonovo queda moi cerca así que xa sabes onde estou, miña boa amiga exiliada en terras manchegas!!!. Agardemos que regreses para quedarte a esta a túa terras. E agardo a túa visita a Portonovo.

Moitas gracias polo teu comentario que me supuxo unha tremenda ledicia.

Cristuina dixo...

Non sei onde foi, pero lein esta semana unha frase moi inquietante:

A amizade non é recíproca: un da o bico e o outro pon só a meixela.

Eu creo que a frase ten moita razón. Non creo que haxa a amizade onde dúas ou máis persoas poñanse nun mesmo nivel.

Unknown dixo...

La amistad es algo muy especial, yo tengo en mi blog una frase, para una amiga... justo de esas, ella siempre ha puesto la mejilla.
Pero por fortuna, no era mi única amiga. Creo que no hay nada tan gratificante como conseguir mantener una buena amistad, cuesta... pero... se puede hacer!

Apertas!!!

Anónimo dixo...

A amizade, como case todo nesta vida, é egoísta. Somos amigos mentras obtemos algo a cambio. Mentras nos interesa, polo motivo que sexa. No momento en que non obtemos aquelo que buscábamos, a amizade remata.

Blue dixo...

Ya Aristóteles habló trató este tema. Él distinguía tres tipos de amistad.
-amistad por utilidad
-amistad por placer
- amistad en la virtud:la amistad verdadera. Cuando queremos al amigo por lo que es, no porque nos es útil o porque nos divertimos con él.

Un tema viejo.

Anónimo dixo...

Pois o primeiro que me ven á cabeza é a canción de Serrat:

"Y te acercas, y te vas
después de besar mi aldea..."

Eso é para min a amizade auténtica: achegarse, alonxarse, achegarse, alonxarse, volverse a achegar, volverse a alonxar... Namentres van pasando os días, os meses, os anos e todo vai cambiando e, ó mesmo tempo, todo sigue sendo igual. Parece un pequeno milagro manter vivo aquel vínculo, aquela complicidade, ter algo que dicir, ter algo que contar, disfrutar da conversa. Unha amizade auténtica é como refuxiarse nun porto seguro. Sabes que está alí, que sempre te vai acoller cando volvas, cando necesites unha taza de café quente e un abrazo.

Julio Torres dixo...

CRISTUINA: O que ti dis, sempre mo pregunto. ¿Por qué o que da un bico non recibe outro a cambio? Moi certo o de que un pon a meixela e o outro so recibe. Nada, que a partir de agora non darei un bico se non me dan outro a cambio. Tomo nota Cristuina.
Canto ó contido en sí, so apuntei os dous tipos de amigos, según o meu punto de vista. Sobre o que dis que non están a un mesmo nivel, seguramente o amigo sen máis non, pero o bo amigo ten que estalo.

LOBITO: Costa, pero á larga gratifica!!

MARÍA: Discrepo. Coido que so te centras nun tipo de amigos, mal chamados así, ou que sono por diversas circunstancias, pero que nunca van a ter a consideración DE MOI BOS AMIGOS. Non podes meter a todos nun mesmo saco. Evidentemente si hai amigos que te utilizan, pero o tempo acaba por deixalos en evidencia e a indiferencia trasládase a eles porque a simple consideración de amigos xa lle ven grande.

BLUE: Antes de nada benvid@. A túa clasificación é moi boa e acertada. Que razón tiña Aristóteles. Iso sí, o de amistad por utilidad poderíase dicir que unha falsa amistad, como acabo de apuntar. A da virtud, sería a dos bos amigos.

Mariam: Gustoume moito o teu comentario. O realmente bo, as persoas realmente boas, esas BOAS AMIGAS, como ti, sempre permanecen e permanecerán pase o que pase.
Cando nos acercamos e nos alejamos e así sempre, pero non olvidamos a esa persoa, por algo será: unha persoa amiga POR VIRTUD.

Gracias a tod@s polos vosos comentarios.

Ougallá haxa algunha que outra aportación máis, pois todas éstas gustáronme moito. Gracias.

Lanzo unha última pregunta: ¿UN AMIG@ EN VIRTUD PODE CHEGAR A SER ALGO MÁIS QUE ISO? Ou sexa: ¿pode trascender unha gran amistad a algo máis?

Anónimo dixo...

Pois eu Julio, sigo nas miñas trece.
E iso que nunca entendín a aqueles que din que escollen ós seus amigos en virtude do que lle poden aportar.
Os meus amigos son amigos porque si. Non preciso que me aporten nada concreto, nen sequera bos momentos, porque tamén nos malos intento estar aí.
Claro que coma todo nesta vida, depende moito do que ti esperes dos demáis. E xa sabedes do meu vicio pola esixencia.
Son unha persoa moi quisquillosa ou "tiquismiquis" que sempre presta moita atención os pequenos detalles e claro ... despois pasa o que pasa.
Eu sigo pensando que si somos egoístas tamén en cuestións de amizade, por moito que incluso nós mesmos pensemos que non. Tomamos café xuntos, pero sempre que a nós nos vaia ben. Falamos, pero se nós temos tempo para facelo. Se os demáis precisan ese café, ou esa conversa, pero a nós non nos vaia moi ben, primeiro somos nós. E despois nós. E despois se iso, xa quedamos.
E mira que me gusta esa descripción da amizade que fai Mariam. É certo que cando te reencontras cun amigo do pasado ó uqe fai tempo que non ves, é unha ledicia. Que é todo un pequeno milagro viaxar a unha cidade estranxeira onde non coñeces a ninguén e poder quedar con aquel amigo de antano. E máis milagro aínda descubrir que a pesares do tempo e a distancia, todo segue sendo igual.
Si, pero como no amor, eses pequemos milagros danse poucas veces, porque aínda que hai quen di que se pode levar unha relación a distancia, eu teño as miñas dúbidas.
Por suposto que todo depende de moitos factores e que esa amizade que describe Mariam existe, é bonita etc, pero non nos enganemos, non é a amizade ideal, como tampouco o é vivir un amor a distancia. O bo sería convivir día a día, saber do día a día dese amigo. Dos seus problemas cotiáns.
Eso non quita, que non poida haber de todo e que todos os tipos de amizade non poidan cohabitar. E tamén é certo que ás veces eres máis amigo daquel ó que non ves máis que 2 veces ó ano, que daquel outro que vive á tua beira.
Cousas da vida!!!!!!!!
Por certo, Alvariño xa puxo calefacción? Digoo porque xa non ven nunca quentarse a esta lareira, non?
Alvariñoooooooo!!!!!!!!!! Onde estás?????

Alvariño dixo...

¡Ja...ja..!, encántame este blog. Como a Lareira en agosto está apagada estaba dando unha volta polo blog e atopeime o comentario de María. Non o vira ata agora, ¡un ano e medio despois! Por suposto, de habelo visto, houbera contestado antes. Que entrada máis bonita. Gustoume, trata dun tema universal. Tamén me gustaron os vosos comentarios, os vosos diferentes puntos de vista. Eso do porto seguro que dí Mariam está moi ben. Cando rematen as nosas travesías veraniegas gustaríame recalar neste porto chamado Lareira Máxica e reencontrarme con todos vos. ¡Bo verán!