luns, 23 de febreiro de 2009

** Un Migramundo de boas reflexións sobre a vida mesma

Na blogosfera podemos atopar persoas e blogs excelentes. De diversas temáticas, como tod@s sabemos. Hai tempo que quería falarvos dalgúns que visito frecuentemente porque, sinxelamente, me encantan. E como todo nesta vida, hai que empezar por un principio. Pois principiemos. O primeiro blog que vos recomendo visitar, para os que aínda non o coñezades, é Migramundo,o blog que elabora e edita o xornalista Guillermo Pardo e que descubrín casualmente, a raíz dunha entrevista que Guillermo lle fixo a Groucho Marx (moi recomendada a súa lectura).

"La necesidad no es un capricho, sino una urgencia que resolver" podemos ler nada mais acceder a el. Unha frase que, xa de entrada, nos fai reflexionar (algo do que carece a sociedade actual e que é preciso recuperar, en vez de deixar que outr@s pensen por nós). Non é casualidade: o blog persegue ante todo a reflexión. Non so se queda na información. E é unha reflexión moi ben inducida polo propio Guillermo. Chegados a este punto, hai quen pode pensar que a Guillermo o coñezo. Pois non. Son as cousas que ten a blogosfera: permite comunicarte con xente que, doutro xeito, seguramente nunca teriamos departido con eles/elas unha verbas, aínda que sexan mediante intercambio de comentarios nos blogs. Pero que ningúen se engane: apréndese moito do que se le e escribe en determinados blogs, e o de Guillermo é un deles. Debería ser un dos blogs de cabeceira de todo amante da blogosfera. Certo é que teño algúns máis que recomendaría nun abrir e pechar de ollos. Xa vos irei falando.

E aproveitando que o río Lérez pasa por Pontevedra, quixera traer un post de Guillermo Pardo a esta Lareira Máxica. Foi publicado o pasado sábado na súa bitácora. Nel, Guillermo, é capaz de tecer un texto poético-reflexivo sobre a vida basándose casi exclusivamente cos nomes de blogs que soen visitalo. Parece fácil, pero non o é. A imaxe que ilustra o seu post é dunha beleza increíble. Encerra moitas vivencias nunha soa mirada inocente. O meu agradecemento a Guillermo por acordarse de A Lareira Máxica no seu artigo. Velaquí o tedes:

.................................................................................................................................

"HISTORIAS COMO LAS NUESTRAS"
(un artigo de Guillermo Pardo)

Foto: Hussein Ahmad. Tomada de Uno de los nuestros

Vivimos a impulsos, como frágiles huellas digitales que caminando en el desierto buscamos lareiras máxicas de espiritualidad, hartos de política.
Deambulamos por barrios sin rosales y trazamos con lacerados lápices puntos suspensivos que acabarán transformándose en apuntes en el bolsillo de pobrecitos veedores.
Eso es lo que somos: pobrecitos sin diarios de hoy ni mañana, africanos europeos perdidos en el mundo sin más casa ni letras ni farrapos de gaita que el hueco de un ventano.
Buceamos, cual testigos accidentales, en soñadas islas, en viajes de vuelta y media perfilados en negro sobre blanco, sin tristes mangas verdes que madurar entre hojas de libros de notas.
Sin Castros ni Congos, pero con demasiados yoes, vivimos entre nómadas como si las historias de África no fuesen, en realidad, tan humanas como las nuestras.

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

O honor é meu, compañeiro, por terme en tal alta estima e en tan boa consideración o meu traballo no blogue. Alédame que che gustase este post e que Migramundo sexa un referente reflexivo. Agardo que as boas cousas no cambien.
Gracias. Unha aperta.

Julio Torres dixo...

O desexo é mutuo Guillermo. Gracias a ti.

Un saúdo
Carpe Diem