** CÓMO VIVIR UN GRAN AMOR (2)
O prometido é débeda. Aquí tedes a segunda parte do artigo de onte, que nos enviou a nosa colaboradora María. Para tomar nota...
...................................................................................................................................
POR QUÉ ME TOCAN PAREJAS DIFÍCILES??? Porque internamente tenemos una programación que nos conduce a elegir personas difíciles, no estamos preparados para ser felices y gozar del amor.
Además el peor motivo para buscar pareja es por estar solos, si nos desesperamos elegiremos lo peor. Cuando tenemos demasiada hambre comemos cualquier cosa, no elegimos. Si estamos hambrientos emocionalmente hacemos igual, y en cuanto a pareja hay que seleccionar sin apuro ni presión el "menú principal"
Soluciones:
1. Dejar de ver telenovelas. Son la peor fuente para programar el subconsciente, es drama puro lo que ponen en la mente y por muy analíticos que seamos siempre afectan.
2. Revierte tu programación negativa infantil. Focaliza y elige modelos externos que fortalezcan tu idea de felicidad. Usa la técnica del anclaje, al reconocer un modelo positivo de pareja en la calle, la TV o un libro piensa: "Esto es lo que quiero para mi"? También es bueno habituarse a poner la atención en las virtudes del otro y no en los defectos, pues en lo que ponemos pensamiento y atención se reproduce (si creo y pienso que mi pareja es infiel, creare las condiciones para eso).
3. hablar con parejas amigas que sean felices y preguntarles como lo lograron. Ellas tienen una información que tu ignoras, busca conocerla. Nuestro ego nos invita a envidiar, porque maneja un concepto estrecho de escasez, hay que hacer caso al espíritu, quien sabe que hay amor para todos, entonces intentemos y copiemos, no envidiemos.
EL PLAN PARA ENCONTRAR A TU PAREJA
UN ARTIGO ENVIADO POR: María
Colaboradora habitual de A Lareira Máxica
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Que fácil parece todo o que dis. Pero hay xente como min que por moito que queira non sería capaz de atopar a sua media laranxa. Sobretodo si xa pasamos a barreira dos trinta. De calquera xeito gustoume o artigo que expuseches. Aconsella e alimenta esperanzas entre a xente.
A min este tipo de artigos non me gustan. Paréceme complicado un análise tan racional dun tema tan complexo. Por exemplo, o psicólogo aconsella non conservar obxectos, fotos ou agasallos que tiveran que ver con relacións do pasado. Pois eu non podería facer iso. Esas relacións son parte da miña vida e non teño porque renegar delas. O pasado xa pasou, non teño interese ningún por recuperalo pero tampouco teño ningunha necesidade de esquecelo. Todo se acopla perfectamente na miña psique: onte, hoxe e mañá.
Moucho, véxote un pouco pesimista. Pasar a barreira dos trinta non é ningún problema, moitos dos que hoxe están emparellados estarán divorciados antes de que cumplan os coarenta. Non o digo eu, dino as estadísticas. Non teño nin idea de como eres ti, de que che pasa, pero dicir que "non serías capaz de atopar a túa media laranxa" é unha afirmación moi rotunda. Só se me ocorre unha posibilidade,e espero que non sexa esa, debes ser un enfermo terminal e non dispor de moito tempo.
Veña, falando en serio, ¿décheste conta de que estás en internet? ¿Cánta xente hai agora mesmo buscando parella no ciberespacio? Moita, millóns de persoas con moitos intereses diferentes e dis que non vai haber unha media laranxa para tí. Non o creo, nin ti tampouco. Moitos ánimos e xa me contarás. A propósito, eu tamén supero a barreira dos trinta. Xa somos dous.
Que sexan tres, amigos.
Sí, a min iso de tanta teoría...Xa se sabe que a práctica moitas veces escapa da teoría. Non toda a xente é igual. É como cando falamos do horóscopo: ¿so hai 12 persoas no mundo? Non. Hai que profundizar en ascendentes,etc. Pode apuntar características pero non definir enteiramente a un suxeito.
Con isto pasa algo parecido. Non deixan de ser consellos. A uns poderanlle valer e a outros non. Son como os pementos de Padrón: uns pican e outros non. E é que hai que hai que ter sempre presente a teoría da relatividade...
MOUCHO: Opino, o mesmo que Mariam.
E o dito, xa somos tres...
Gracias polos vosos comentarios
Gracias Mariam por intentar animarme. Non son enfermo terminal, ainda que moitas veces me sinta como eles. A veces ata me da gana de anticipar a miña morte. Total a nadie lle importaria moito(mellor dito: nada). Para min un día como o 14 de febreiro é unha data triste. Cando saio por ahí, e vexo que ata o mais feo, é capaz de namorar a unha muller, falar amenamente con ela das cousas e compartir ideas e pensamentos, entón sintome como un fracasado. Dende moi neno, nunca tiven amigas/os, nunca tiven o respeto dos meus compañeiros/as e veciñas/os. Cando saio a un pub un fin de semana, sempre regreso a casa triste, pois non consigo entablar amizade con ninguen, e moito menos falar cunha moza guapa. Intentei varias veces falar con xente por internet, pero nunca ninguen quixo manter unha conversa conmigo de mais de 6 palabras. Quen me dera ser coma os demais, coñecer xente nova e non sentirme rechazado pola sociedade. Teño 34 anos e vexo que perdin o tempo, e non sei como recuperalo. Gracias tamen a ti julio.
Ufff, xa sabedes que últimamente non me paso moito por aquí, pero vexo a Lareira un pouco tristona eh. Sorprendeume moito o comentario do Moucho. E direiche Moucho, que antes de ler tanto o de Mariam como o de Julio, pensaba xa o mesmiño que che din eles. Paréceme que somos moitos aquí os que pasamos dos 30. Pero é que ti falas coma se foses un vello (con todos os meus repetos para a xente maior).
Mira, agora mesmo, eu mellor que moitos te podo comprender. Direiche que veño de pasar unha mala racha no asunto sentimental, e que o día de San Valentín non foi para min tal, senón máis ben o día de "San Tontín" (con envexa, claro). Xa me gustaría ter a quen agasallar aínda que todos digamos que é un día comercial, que se un invento das grandes superficies bla bla bla. Si si, pero quen me dera que alguén me sorprendera cun ramo de flores, cun quérote ou cunha simple chamada.
Enténdote e a min mesma me deu por pensar últimamente que vou con 10 anos de retraso na vida.
Pero tamén hai que intentar ser e pensar en positivo.
As cousas pasan por algo. Xa sei que moitas veces te desesperas, que pensas cousas raras, que consideras que non eres como os demais, que non entendes porque todo o mundo ten dereito a ter a alguén e a nós parece que nos está vedado. Xa sei todo iso.
Pero non é así.
Estes artigos tan xerais como di Mariam, poden ser unha pantochada para xente que coma ela sexan moi seguros de si mesmos, se atopen nun momento positivo etc etc etc.
Pero tamén hai que pensar que o psicólogo da unhas regras MOI XERAIS sobre como afrontar algo así. Evidentemente, a uns funcionaralles, e a outros non. Eu penso coma ti Mariam, en canto ó de desfacerse de recordos e demáis. Sempre nestes casos din que "tempo ó tempo". Eu digo que o tempo tamén pode ser un gran fillo de puta, porque a ver porque me teño que esquecer eu de alguén que no seu momento foi importante para min, que formou parte da miña vida ....
Claro. Pero é que para chegar á fase esa de poder convivir con todo eso, primeiro tes que pasar por moitas outras. E igual a mellor maneira de pasar páxina dunha vez é intentando borrar todo o que che recorde a esa persoa. Non o sei. Eu non son psicóloga, xa me gustaría.
O que si penso, e volvo a repetir que non entendo do tema e por tanto é unha opinión moi subxetiva, que no teu caso Moucho, e so polo que te lin aquí, igual debías considerar a opción de consultar o teu "problema" cun especialista. Ben sexa psicólogo, ben sexa terapeuta etc. Pode ser unha axuda. De todos modos, que teñas claro que as cousas non son como ti as pensas agora mesmo. Xa sei que mellor te coñeces ti a ti mesmo que nós, pero ten en conta tamén que a nosa atitude cara a vida inflúe moito tamén nas nosas accións e decisións. Como che diría miña nai, se xa saes o sábado pensando que non vas "ligar" ... mal asunto. Tes que intentar cambiar o chip. Pensar doutra maneira. Pensa que en parte o motivo polo que outra xente non se achega a ti está en ti, non só neles. E que se eles non dan o paso, dao ti. Non quedes esperando a ver pasar a vida. Intenta atrapala.
Non sei quen eres, nin de onde, nin nada, e xa che digo que últimamente tampouco é que teña moito tempo para nada, pero Julio pode pasarche o meu correo se che podo axudar en algo aínda que so sexa falando.
Un bico, e anímate. Non estas so.
Publicar un comentario