** Dúas cancións, unha efeméride e un recordo
O 2000 foi o ano no que puidemos ver en TVE unha serie que ía sobre traballadores sociais (a profesión que exerzo desde hai xa anos e que fun -e irei- compaxinando coa de xornalista). Chamábase "Raquel busca su sitio". Constou de 25 capítulos e nela saían actores tan coñecidos como a guapa Leonor Watiling, Cayetana Guillén Cuervo ou o galego Nancho Novo. A sintonía da serie era unha canción de Daviz Broza de igual título que a serie. Bonita, aínda que algo tristona. Déixovos un vídeo do tema musical no que saen fragmentos da serie. Sirve de adicatoria para a nosa colaboradora Raquel, quen hoxe cumpre 30 anos. Felicidades!. Agardamos novas colaboracións túas e que che guste a canción.
Por certo, a ver se alguén se anima e volven facer unha serie sobre os traballadores sociais (antes chamados asistentes sociais). Sería unha boa nova e que contribuiría a dar a coñecer un pouco máis esta profesión.
Por si acaso, e para acertar seguro, tamén lle adico estoutro tema de Alejandro Sanz que sí sei que lle encanta: o famoso "Corazón partío".
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Gracias Julio por non olvidarte do meu cumpleanos. E e verdade que Raquel busca o seu sitio, espero encontralo moi pronto e que sexa en España.
Regalos, non me podo queixar, sobre todo as chamadas dos meus familiares e amigos que estan tan lexos de min.
Son trinta, xa teño un tres, triste pois non, que bonito e cuplir anos eso quere decir que un ainda sigue vivo.
Bicos
Felicidades Raquel. Benvida a xeración TA (trinTA, corenTA, ...).
Tes razón, que pena se non cumplisemos anos, mala sinal sería esa.
E ti Xulio, non te fies moito, que ás veces certas series sobre certos colectivos flaco favor lle fan a según que profesións.
Publicar un comentario