xoves, 19 de febreiro de 2009

** Motivos para SER FELIZ, a pesar de todo



Adicado a "O Moucho"




"A vida vale moito e ti vales moito máis do que poidas nunca imaxinar. Non hai cartos no mundo que te poidan comprar, porque eres un ser único dun valor incalculable. Lémbrao"
Julio Torres

22 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Queríavos decir a todos, que despois de bastante tempo, entrei onte na Lareira, e quedei enganchada.
Xa me vedes comentando hoxe de novo.
En serio, non sei se foi polo tema do Moucho que me tocou de cerca se polo que, pero era certo!!!!!! A Lareira é máxica: engancha.
Gustaríame ser capaz de atopar o tempo e sobre todo as ideas para escribir de novo. Gustaríame. Teño gañas. Pero agora mesmo so atopo un tema do que falar, e como non me afecta so a min, tería que contar moitas cousas persoais que afectan a unha terceira persoa, prefiro que eses escriton sexan máis privados.
Pero encantaríame que a Lareira volvese a ter a vida que tiña antes. Que contásedes moitas cousas para que poida seguir comentando e dando a miña opinión.
E conste que non me paga Julio pa que diga estas cousas.

Anónimo dixo...

gracia julio. No teño palabras.

Anónimo dixo...

¡Hola Maria! Que ben que pasaras por aquí, ¡botábaseche moito en falta!
Pois sí, os da Lareira somos como unha familia moderna: non vivimos xuntos, non falamos tódolos días, fai tempo que non nos vemos... pero cando alguén nos pide axuda ¡alá vamos todos!. O Moucho anda algo apurado estes días e gustoume moito que non pasaras de largo. Dí moito de ti, María.
Moucho: non valen excusas, hai que ir cambiando o chip que aquí hai xente disposta a axudarche.
¡Saúdos ós dous e bo día!

Anónimo dixo...

Julio:
En duas palabras: ¡¡im prezionante!!
¡Vaia chulaaaaada!

Anónimo dixo...

Agradezo a todos esos xestos tan solidarios para conmigo. Moitisimas, moitisimas gracias. E perdoade todos por embadurnar de pesimismo e tristura este blog que sempre está cheo de alegría, armonía e optimismo. Estou sorprendido de que exista tanta xente que se interese polo meu caso, cando polo xeral na miña vida, todo o mundo sempre pasou de min. Pero claro, ó mellor si me conocedes, non diriades o mesmo. Xa fun ó psicólogo e o psiquiatra, e dinme conta que de nada serve si cando te volves a ver coa realidade. Sigues estando só. A miña cobardía me impide intentar cousas novas achegarme á xente, ect. Pero moitas veces cando o intento (por exemplo: pedir un café nun bar) atopome con xente que me rexeita sin sequera coñecerme. Dende o que te atende tarde mal e arresto(ainda que non teña traballo pendiente), ou como xa me pasou un día, onde non me atendeu, e ó cabo de dez minutos tiven que marchar sin consumir nada farto de esperar.
Cando saio o fin de semana, non aspiro a ligar con unha rapaza(cousa que moitos consideran que é o mínimo que se debe facer), si non que aspiro a relacionarme con ela de xeito amigable, bailar, tomar algo, falar con ela. Non ligar (quen me dera). Pero teño tanto medo a fracasar, que nunca consigo achegarme a nadie. Esto de sair só e a inexistencia de autoestima na miña persoa, provoca unha cobardia e un terror espandoso.
Intento cambiar. Pero ó non ter a nadie que te acompañe, acabas sucumbindo de novo no fondo dun mar profundo e esquecido polo deus Neptuno. Podedes rirvos si queredes, si vos digo que empecei a sair a pubs, os fines de semana, a idade de 33 anos. Todo un reto para min. Si. Ridevos. Non é broma. As primeiras veces tremabanme as pernas antes de entrar. O estomago revolviase cos nervios. E pensar en achegarme a mozas ainda me poñía mais inquedo. Pois pasar dende moi pequeno, a que as rapazas se burlen de ti,(ou non queiran contar contigo para nada,) a derrepente tentar compartir un rato da movida nocturna con alguna delas, era como pasar de 0 a 200 en 2 segundos.
Diredes: o moucho debe ser un parvo, un tolo, un marciano. Un tío raro.
Volvo a pedir disculpas a todos por entristecer este blog. Intentarei no futuro non volver a falar de min.
Gracias, gracias, gracias, gracias e un millón de gracias. UN BICO GRANDE A TODOS

Anónimo dixo...

Xa sei que a primeira en falar de tristeza aquí fun eu. E é certo, o que contabas de ti chegoume. Pero non creo en absoluto que encheras isto de nada malo. Todo o contrario. O teu caso foi o que me enganchou a escribir e a volver. É certo que non teño tanto tempo como noutras épocas, pero tamén o é que últimamente entraba moitas veces en internet que nin me lembraba da Lareira. Entre onte e hoxe xa entrei 3 veces. Quería ver o que seguíades escribindo, o que contabas ti, etc.
Eu, se che son sincera, non penso que sexas un bicho raro, pero se me dis que a xente te rexeita, que incluso nun bar non te atenden ..... non sei que pensar. Que tes de malo para que a estas alturas da película a xente se comporte así contigo?
Xa estamos acostumados a ver polas rúas a diario xente de tódalas razas, colores, condicións sociais ......... Non sei, tes algunha deformidade física tan tan tan repelente? Porque para que se neguen ata a atenderte?????
Sigo pensando que todo está máis na túa cabeza que en outro lado.
Por outra banda, se contas que xa recibiches axuda profesional e non serviu de nada... non sei que pensar ó respeto. A min paréceme que o teu é maís un caso de autoestima que de outra cousa, sen rexeitar que poida haber máis de fondo, pero ti mesmo recoñeces que ata os 33 non pisaches un pub, que case estou por felicitarte porque non considero que sexa dos lugares máis divertidos para pasar o tempo, pero pa gustos cores.
Eu podíache contar moitas cousas sobre min. Moitas cousas novas que descubrín pasados os 30, pero contarchas a ti implica contarllas os milleiros de seguidores da Lareira :) e son tímida jo.
Seguro que todos temos os nosos medos e complexos persoais.
Persoalmente, de cobardías entendo un pouco. E aínda que poida parecer que falo con moita seguridade, se o parece poida que sexa porque sei do que falo.
Pouco a pouco un mesmo se vai dando conta de que se está autolimitando, e na medida do posible, temos que ir superando as nosas propias barreiras. Hoxe un paso, mañá outro.
Se todos os que estamos ou nos sentimos sos nos encerráramos nas nosas casas, habería moi pouca xente pola rúa. Pensas que os demáis non tivemos días de sentirnos como ti te sintes? Días, semanas, meses, pero a solución e a saída está so en ti mesmo. Os demáis axudan, claro que si, pero o primeiro e principal paso telo que dar ti Moucho.
Ahh Mariam, non sei o que isto di de min ou non, pero se pasara de longo non sería nunca a posta. Poida que teña pasado doutras cousas pero se foi así, foi porque non me enterei, nunca intencionadamente.

Julio Torres dixo...

Que ben...Así da gusto. Parece que o blog revive nos comentarios. Gracias!. Ougallá a xente se siga animando a participar. Ese é un dos obxectivos que persigo co blog. Que sexa un lugar de opinión e reflexión no que, con respeto, se poidan ler comentarios de quen o desexo. Na cantidade e diversidade está a riqueza do blog.

Amigo Moucho: como ves, como mínimo, algo bo tés que ter. Ti que dices non falar con ningunha muller, e xa che falaron dúas. E estou SEGURÍSIMO que coñecendo as dúas Marías: María e mariam (que tamén se chama María, pero para diferenciarnos optamos polo de mariam) se te viran en persoa falarían igualmente contigo.

Respecto ó que din as amigas mariam e María, estou plenamente dacordo co que din. É máis unha cuestión de autoestima e de non deixarse avasallar que ningunha outra cousa. Ti tés que ter unha forma de ser, uns pensamentos, unha ideas e unhas aspiracións que ninguén che pode facer cambiar. Eres unha persoa maior de idade. Que ninguén che diga ou te intimide, ou cómo lle queiramos chamar, o que ti queres. DIN QUE O QUE QUERE PODE (creo que non vale Elsa Pataki nin Diana Palazón como querencia...).

Como ben di María sobre ela, eu tampouco son ningunha persoa que o sepa todo,etc. nin moitísimo menos. Sei o que se debe facer, aínda que non sempre o leve á práctica, como moita xente. Pero o que che estamos a dicir, é así. É PRECISO POÑER VONTADE AÍNDA QUE MOITAS VECES NUMEROSOS PROBLEMAS NOS COARTEN ESE DESEXO.

Non che vou comentar o meu caso persoal, pero tamén teño máis de 30 anos e entendo as túas preocupacións. Os pubs ou as discotecas non son ó único sitio para coñecer xentes. É máis, case che diría que podes coñecela pero falar neles xa é máis difícil.

Non pretendo ser ningún experto na matería. Nada máis lonxe. Pero coñecer xente pódese facer doutro xeito. En moitas ocasións son presentacións de persoas que coñecen outros amigos ou amigas túas. Hai que estar receptivos porque cando menos o pensas salta a lebre e podes coñecer a unha boa persoa. Non é cuestión de agobiarse.

Tempo ó tempo, todo chega. Teño coñecido a xente que con máis de 40 anos coñeceu á persoa da súa vida e se ten casado con ela. E cando digo 40 digo, 40 largos. Incluso teño visto algunha persoa que vivindo nunha residencia da terceira idade coñeceu á súa futura muller. ¿Quen o diría non?

Amigo Moucho: anímote a que nos envíes artigos. Dá igual o tamaño. Escribe do que queiras. Non importa a calidade. En serio. Con todo, seguro que pola forma que tés de escribir vai ser un bo artigo pois nótaseche un bo vocabulario. NOn te preocupes porque non quede ben. Todos cando empezamos a escribir fumos mellorando.

É máis, non te invito a que mos envíes. PÍDOCHO POR FAVOR. Estou totalmente convencido que debes ter temas sobre os que che gusta falar. Dos que seguro que nos poderían ser de utilidade e dar pé a comentarios neste blog.

O feito de escribir libera moita tensión e axuda moito. Palabra de xornalista e blogger!!!!Ademais, aínda que o fixeras mal -que non vai ser o caso pois confío plenamente na túa valía- ninguén sabería quen eres pois usas un seudónimo. ¿ENTÓN QUE PERDER?

Seguro que nos darías unha tremenda alegría se nos escribiras algún pequeno artigo ou opinión sobre o tema que queiras. 3, 4, 5, 40, 100, líneas da igual o que che ocupe.

DARÍASME UNHA ALEGRÍA INMENSA SE NOS REMITIESES ALGO TEU PARA PUBLICAR. Prométocho!!!!!!!!!!!1

MARÍA: Hummmmmmm, oes, que o de sernos infiel con outras webs non sei eu........

MOUCHO: Se ata conseguistes que María nos voltase a visitar máis frecuentemente. Agora so falta, como ben di ela, que Alvariño e outro@s dos que xa hai tempo que non sabemos pois regresen a esta, a súa casa. SERÍA OUTRA ALEGRÍA MÁIS.

Como ves, o que busco é xente disposta a participar dunha forma ou outra no blog. Non participira moita xente (unha gran maioria son lectores pasivos), pero a que o fai é unha xente extraordinaria. E conste, que en persoa so coñezo e a menos persoa que os dedos que ten unha man. O resto, chegou aquí de diferentes formas e uniuse a esta gran familia. Cousas boas que ten internet, o de favorecer a comunicación aínda que non sexa de xeito presencial.

Quen sabe, ó mellor algún día deberiamos facer unha xuntanza de seguidoes de ALM....É unha idea.

A TODOS E TODAS QUE PARTICIPADES EN A LAREIRA MÁXICA, GRACIAS POR FACELO. INSISTO QUE SEN VOS, ESTE BLOG SO SERIA UN DESERTO FEITO Á MIÑA MEDIDA. E non pretendo iso.

Anónimo dixo...

¡Hola a todos!
A ver, primeiro voulle facer unha aclaración a María: quixen decir que me gustou moito que lle responderas ó Moucho. Para min, cando unha persoa, desinteresadamente, escoita a outra que ten un problema, trata de axúdala e de comprendela, dame a entender que é unha persoa sensible, capaz de poñerse na pel doutra. "Di moito de ti" signifca "gustoume o que fixeches, eres unha persona solidaria".

Moucho: ¿Qué che pasa? ¿Tes algunha minusvalía? ¿Algunha enfermidade na pel? Non entendo o que che pasa, ¿qué cousa tan "tremenda" tes tí? ¿Non che axudou o psicólogo? Sería da seguridade social..., ¿intentaches ir a outro? Non teñas complexo por ir ó psicólogo ou ó psiquiatra. En Arxentina vai moitísima xente a psicoanalizarse, é o segundo deporte nacional. Non hai nada malo en buscar axuda dun profesional cando fai falta.

Anónimo dixo...

Eu tamén me fago as mesmas preguntas que Mariam, cal será o verdadeiro problema do Moucho? Pero é que nin ningunha minusvalía, nin ningunha enfermidade na pel nin nada excusarían hoxe en día o comportamento do camareiro que pasa de servilo.
Non sei.
E tamén me pregunto que tipo de psicólogo era ese ou que tipo de problema tes realmente para que a axuda do psicologo non che servira de nada.
Paréceme tamén, como di Mariam, que aínda a estas alturas a xente segue tendo complexo ou tabú con iso do psicologo.
O do psiquiatra xa sería a parte, pero os psicologos non so van os tolos como pensan moitos. É mais, máis ben o contrario.
É totalmente certo que en determiñados paises como Arxentina ou os Estados Unidos a xente vai ó psicólogo como quen vai o ximnasio. O que non ten un psicologo de cabeceira non é ninguén. O fin e o cabo, uns coidan o corpo, outros a mente.
E eu sempre digo que se todos fósemos, sans ou enfermos, a todos nos atoparían algo, porque é que non fai falta estar enfermo ou padecer unha depresión severa, os psicólogos poden dar con cousas que nin nós mesmos sabíamos que estaban aí. Complexos, traumas....
A todos nos iría moi ben ir porque moitas veces hai determinadas conductas ou actitudes que veñen motivadas por outras. Calquera feito do pasado no que ti o mellor nin reparaches pode estar afectando o teu futuro.
BUeno, non é plan de poñerse melodramáticos, pero ben me entendedes.
Non vichedes ninguén o programa este da Caixa que emite telecinco e que tanta controversia provocou por outros temas?
Non víchedes o caso da rapaza que padece anorexia agora, derivado da morte de súa nai cando tiña 15 anos?
Ou o da moza que tiña fobia as cucarachas pq as cucarachas para ela representaban as amantes coas que seu pai enganaba a súa nai?

Anónimo dixo...

Ahh, tamén quero aclarar, pq Julio parece que me quere "botar a bronca" que non vos fun infiel. Ou bueno, igual un pouco si.
O que pasa é que estiven moito tempo sen a penas entrar en internet. Despois diso entraba pero xa non escribía para a Lareira. Máis tarde, ou no medio de todo iso, xa non lembro, foi cando a Lareira empezou a estar máis parada e igual entraba varias veces pero non había nada novo, co cal despois vas deixando de entrar, vas deixando, ata que xa nin te lembras da páx.
Entrei moitas veces que me pasaba pero non tiña nin tempo de ler todos os artigos novos que había.
Vamos, de todo un pouco.
Pero infiel eu????????? Por deus!!!!!!! A dúbida ofende.
De feito o outro día entrei e como xa dixera, se non fose polo asunto de Moucho, igual nin comentaba nada, non por nada, senón porque non atopaba que comentar.

Anónimo dixo...

Julio, prometoche que intentarei publicar algo, cando me encha de valor, para que poidades os habitantes da lareira, de comentar. Avisote que non fun estudiante de letras. Tampouco fun de ciencias. Escollín mixtas, é dicir: un caixón desastre para estudiantes mediocres. Cando rematei C.O.U., tiña tantos problemas psicolóxicos, que non era capaz de recordar o que estudiaba durante un trimestre. Si cando chegas a final de curso, xa non recordas nada do 1º e 2º trimestre, entón apaga e vámonos. Sabes que non tes opción en selectividad. De calquer xeito intentarei aportar algún tema interesante a este blog.
Maria e Mariam, sigo agradecendovos ese interés polo meu caso. A priori non teño ninguna minusvalía, nin nada parecido( gracias a Deus). Pero a falta total de un minimo de carisma, fixome ser un ser de 3ª ante outra xente, dende moi pequeno. Creo que a xente fixase, cando ve a outras persoas, algo que non é visible: un aura ou carisma, que canto mais grande, mais respeto consegue por parte dos demais. Coñecín o caso dunha rapaza moi peculiar, que cando saia a disfrutar da noite, non precisaba facer nada para entablar conversa con ninguén. Era increíble, pois sin necesidade de moverse dende unha esquina do pud, achegabanselle todo tipo de persoas, para coñecela, bailar ou falar con ela. E así todolos días. Tamén coñecin o caso dun tío de 30 largos non moi guapo, que se colgaba de todas as mozas do local. E ninguna lle dicía que non. Ogalla, tivese un 1% dese carisma ou aura.
En fin, alegrome, por outra banda, que gracias a min volvesedes a xuntarvos neste blog, Maria, Mariam e Julio. Si hay algo que me gusta neste mundo, é axudar ós demais. E que todo o mundo se sinta ledo. Alguén dixo algo de que rompera coa súa parexa. Non recordo quen foi. Pero a ela dígolle que non se preocupe, pois si pescaches unha vez nos lares de afrodita, entón non dudes en que hai moito peixe por ahí. E ti sabes pescar.
Agora chega o carnaval. Datas para compartir con amigos. E inda que tampouco fun capaz de disfrutar desta festa de orixen pagana(porque ó estar solo, non tes nada que compartir), pidovos que a disfrutedes como si forades meniños pequenos (eso tamén vai por ti Julio), pois a persoa que a veces pensa ,sente e vive como un neno, soe ter un corazón mais aberto ó mundo.
Pasadeo ben e en compañía. Un saudo.

Julio Torres dixo...

Tranquila María que non che boto ningunha bronca. Non a merecerías. Xa sei que houbo diversos problemas que non che permitiron visitarnos con asiduidade. Enténdoos perfectamente. Non te preocupes.

Amigo Moucho, faime caso: DEBES PENSAR QUE ERES UNHA PERSOA ÚNICA NO MUNDO QUE TEN COUSAS BOAS. Non te fixes so nas que non destacas. E olvídate de prexuízos da xente. Non vivas según o que din de ti, vive por ti e para ti, sen importanche o que pensen terceiras persoas. Fai as cousas según ti creas que é mellor. E se ti equivocas, non pasa nada ¿acaso hai alguén que nunca se equivocara varias veces? Non coñezo a nadie.
Non penses que eres menos que outra persoa. NON O ERES. Nunhas cousas serás ti mellor e noutras serán outros. E non me digas que non eres bo en nada. Sería non darte de conta das túas bondades e puntos fortes, que todo o mundo os ten. PENSA NAS COUSAS QUE SE CHE DAN BEN (sempre hai cousas, o que paso é que non lle damos o valor que se merecen). É máis, o feito de que che guste axudar á xente, xa é UNHA GRAN VIRTUDE. Claro está, non se trata de tragar con calquera cousa, porque sempre hai xente aproveitada, PERO O FEITO DE TER ESE IDEAL XA É IMPORTANTE.

Lástima que non tiveras estudiado. Estou totalmente convencido que terías sido un bo traballador social, a profesión por excelencia no tema de axudar á xente. Dicho un traballador social en activo (e xornalista en paro).

Un saúdo, e por favor, escribe do que queiras, non te preocupes porque che saia mal. Se fose así, xa irás mellorando. PROMETO PUBLICARCHE O QUE ME MANDES. MIRA SE NON CONFÍO EN TI. Quedades tod@s por testigos.

Un saúdo a tod@s, e boa fin de semana.

P.D.: nos vindeiros días publicarei un artigo que fixo e nos enviou unha filla pródiga deste lar chamado A Lareira Máxica. Agora so falta que regrese algún outro/a fillo/a pródigo/a. Añoro, por exemplo, os relatos tan bos de Alvariño.

Anónimo dixo...

Moucho: non te equivoques. Costoume 31 anos dar con esa persoa e, ou moito tería que baixar agora o meu "listón" ou non creo que vaian cambiar tanto as cousas. So espero que, polo menos, non me leve outros tantos superalo (ía decir olvidalo, pero como lle dixen o outro día a Mariam, non quero olvidar nunca as cousas boas da vida).
Nunha cousa tes razón: hai moitos peixes no mar, pero xa che dixen tamén que non somos todos iguais. Non vou conformarme con calquera faneca so porque non poida ter un bo rodaballo. E iso de que xa sei pescar, dilo ti. Eu non o creo así en absoluto. Polo menos non máis ca calquera de vos, incluído ti.
Tamén noutra cousa estás errado amigo, non eres o único que vas pasar o carnaval solo. Somos moitos. Pero que non teñas con quen compartir algo, non significa que non o poidas disfrutar.
Segues estando equivocado de raíz. Se cadra ese é o problema principal. Parece como se precisaras dunha persoa ó teu lado para atoparlle sentido á vida. E que me sinta así eu agora, que o acabo de deixar co mozo ata tería un xeito, pero ti???? Porqué? Sería como decir que aquel/a que quedou viuvo/a xa non lle queda nada polo que vivir. E entendo en parte o que queres decir, claro que a vida é moito máis levadeira cando tes a alguén ó lado con quen compartila. Pero o feito de non tela non significa que a vida non exista.
Primeiro tes que aprender a vivir a vida por ti mesmo, e despois xa pensarás en con quen a vas compartir. Porque agora mesmo, parece que te olvidaches de que existe algo chamado VIDA.
Un bico Moucho.

Anónimo dixo...

Moucho: ¿de qué vas? ¿crees que por estar depre ou tela a autoestima a rentes do chan podes menospreciar ós demais? Non te confundas rapaz. Eu tamén escollín mixtas en COU porque me gustaban, e me gustan, as ciencias sociais e pódoche asegurar que non foi porque fora un estudiante mediocre. Non fagas afirmacións tan xerais, xa ves que te podes equivocar. Non queiras ver nos demais as tuas frustracións. Véxote instalado na autocompasión. Deixa de mirarte o ombligo todo o día e espabila. Busca axuda dun bo profesional e trata de encontrar unha solución os teus problemas. "Primeiro tes que aprender a vivir a vida por ti mesmo, e despois xa pensarás en con quen a vas compartir". Maria ten toda a razón.

Julio Torres dixo...

Totalmente dacordo con María e Mariam. Por certo, servidor tamén estudiou letras mixtas, que era a opción que che permitía ter preferencia en estudiar o que eu quería. NON ME PARECE NINGUNHA OPCIÓN DE ESTUDIANTE MEDIOCRE. Iso que dis é porque as ciencias están magnificadas. Cada un escolle o que lle gusta. ¿Por que un de ciencias non colleu letras? Seguramente porque para ser ingeniero pouco lle serviría o latín. Pois no de letras mixtas algo parecido, so que precisabas unhas nocións de matemáticas entre as letras.

Amigo Moucho, creo que ERES UNHA EXTRAORDINARIA PERSOA, a que so lle falta ter seguridade en sí mesmo, sen importarlle o que de ti pense calquera persoa. Soamente iso. Fainos caso, que para algo somos os tres amigos teus.

Un forte abrazo, e anímate a participar que estamos desexando ler algo teu. Non nos importa a calidade (que non ha de ser mala seguro, vendo a túa forma de escribir4) senón a túa opinion ou o que pensas de calquera tema.

VEÑA AMIGO!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dixo...

Pido perdón si manospreciei a alguen. Claro está a miña afirmación está cimentada no na miña vida e medo ó fracaso. Explicome: Cando tiven que escoller entre ciencias e letras, eu xa andaba moi mal. A falta de concentración, facia que patinase tanto en letras como en ciencias. Chega o momento en que tes que escoller e danche tamén a opción de mixtas. E claro como non tiña unha opción mellor para evitar o fracaso escolar, escollín esta terceira opción. Mariam, Julio, tendes razón. Metin no mesmo caldeiro a todos. O unico mediocre son eu.
Maria, xa sabes que os amoriños primeiros son moi malos de olvidare. Non coñezo ó teu mozo, e non podo valorar o teu caso. Solo espero que pase o que pase, o teu corazón non sufra. Pois si algo me entristeze é ver a unha moza triste e abatida. Non che podo dar consellos, pois non teño experiencia, falando coa xente. Pero os teus amigos/as da lareira vante apoiar cando ti o precises.

Anónimo dixo...

O corazón xa está danado Moucho. Xa vai ser tarde para que non sufra.
E non se trata de amores primeiros ou décimos. Si, seica o primeiro é o máis difícil de olvidar.
De todos modos, como xa dixen, eu non quero olvidar nin o primeiro, nin ningún. So quero aprender a vivir cos recordos, sen que me fagan dano. Vedes? Tiña razón Mariam en non estar totalmente de acordo co psicólogo aquel.
Cando digo o de que me costou 31 anos dar con el, refírome a que con esa persoa estaba disposta a todo. A que, por primeira vez, abrín as portas da miña vida de par en par para deixarlle entrar sen condicións. A que estaba convencida de que era a persoa coa que quería compartir o resto da miña vida.
So que non estou tan segura de que el quixera o mesmo.

Julio Torres dixo...

Como dicían María e mariam, tod@s temos os nosos problemas e preocupacións na vida diaria. Creo que estás caíndo demasiado na autocompasión por un problema que está na túa man superalo. Outros problemas non dan esa opción.

A todos nos pasa que podemos ter temporadas mellores ou peores. É lóxico. O que non pode ser, como creo que é o teu caso, senón corríxeme, é que vivas instalado permanentemente nese estado de ánimo.

Déixate de historias. Hai xente moito peor, moito, ca ti. Ánimo e adiante.

Un abrazo, amigo
Carpe Diem

Anónimo dixo...

Moucho: ¿traballas? ¿tes independencia económica? Debe ser así porque nos teus primeiros post dícías que ó mellor deberías independizarte? Pois tan mediocre e fracasado non serás. Dí máis ben: non teño estudios superiores. ¿Ves? Non é tan difícil darlle a volta as cousas.

Anónimo dixo...

Teño que decirche Mariam que solo traballo, durante a tempada de verán nun negocio familiar. O resto do ano teño que axudar ós meus país en tarefas do campo. Polo tanto a miña única fonte de ingresos é a de dous meses ou tres. Eso si cobro, xa que hai anos no que os beneficios do negocio, non se reparten. A miña familia, é outro conto, xa que non creen en min, e so lles interesa que estea disponible para traballar no que eles queiran. E canto menos cartos gaste mellor. Controlanme os cartos que teño e non lles gusta que eu teña iniciativas. Incluso á hora de poner ideas, eu teño vetado ese terreo. Vivo a conta dos meus país, pero teño menos independencia ca un neno de 13 anos.
Ti diras: Pois vaite da casa, e busca a tua propia vida, espabila. Eso soa moi ben, pero unha vez quixen imponer as miñas ideas e casi consigo que o meu pai se suicide, pois el si non ten o control, non se sinte un home. Dende aquela nunca quixen levarlle a contraria ós meus país. Resultado: que vivo baixo o dominio dos meus país, con medo a dar un paso que poida danar a miña familia. Sin independencia económica, pois solo me deixan cartos para ir un par de veces ó cine o fin de semana e pouco mais, xa que si non, son un despilfarrador. Que non teño apenas capacidade para decidir a donde quero ir e que facer(non queren que traballe fóra da casa, e controlanme os movimientos, de adonde vou, con quen estou, canto tempo votei en tal sitio, si gastei cartos, etc…)E todo esto con 34 anos. Riete si queres, pero esto todo é certo.
Non é cuestión de ter ou non ter estudios superiores. Sintome un fracasado, xa que cando cheguei a C.O.U., o meu cerebro, estaba tan comprimido, que xa non daba mais. Entón vinme sin futuro. E ainda que aspiro a mellorar e superarme, non o podo facer de golpe, sinon tendo paciencia eintentando usar a man esquerda cando podo.
Non quería falar deste outro tema, pero sacachesmo da boca. Asegurote, que ainda que pareza unha situación irreal e fantasiosa, é a pura realidade. A miña vida é así cada día.

Anónimo dixo...

Esto estáse convertindo nun vicio xa. E o que é peor, a este paso vou acabar publicando aquí a miña vida enteiriña. Aiisss Moucho, vouche dar.
Eu enténdote bastante ben. Sei o que é entrar nunha rutina viciosa que te leva a unha situación tal que cando queres cambiala resulta moi moi difícil.
Non sei como serán os teus pais, se dis que teu pai se intentou suicidar porque intentaches impoñerte .... Non sei, non sei en que sentido te impuxeches pero se cadra, e digo so se cadra pq igual me estou equivocando radicalmente, pero cabe a posibilidade de que teus pais fosen os máis contentos cando visen que estás sendo feliz.
Se cadra se chegas un día así de repente e dis que marchas a intentar facer a túa vida, seguro que lles das un disgusto. Seguro que a súa primeira reacción non é moi boa. Pero eu creo que en canto vexan que eres feliz, tamén eles o serán. Os pais case sempre desexan o mellor para os seus fillos.

Anónimo dixo...

Bueno, hoxe fago o meu derradeiro comentario con respecto a vida e andanzas do amigo Moucho. Moucho: en non podo axudarche máis, non son psicóloga, nin psiquiatra, nin traballadora social. A min fáltanme recursos para poder axudarche. Penso que necesitas a axuda dun profesional, el pode orientarte e axudarche a cambiar a tua vida.