** As "lagunas" dunha natureza considerada como moi sabia
Hai frases feitas que non sempre teñen razón. Unha delas é aquela que di que a natureza é sabia. Se fose sabía, non acontecerían noticias como ésta que coñeciamos a fin de semana pasada. Queda claro que ningún dos dous, por idade, está preparado para tamaño resposabilidade. O que vai acontecer é que, en vez de ser fillo seu, será como fose un irmán pequeno deles. Por todo iso, conclúo que a natureza non sempre é sabia. É preciso lembrar que, lonxe de diminuír, cada vez hai máis casos como éste, e España é un bo exemplo. Hai anos as medidas de prevención eran descoñecidas e/ou menores. Hoxendía non pode ser disculpa. Entón cabe preguntarse varias cuestións, como por exemplo: ¿qué está fallando? ¿Quen son os que teñen a culpa? ¿Cal pode ser a solución?.
7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Non che sabría decir si algo está fallando. Pero polo que se ve, é que cada vez a xuventude é mais precoz en moitos aspectos da vida. Antes os mozos/as, non saian pola noite a mais de certa hora, que lle indicaban os país(agora veñen co sol: é dicir a eso das 8 ou nove da mañá), o consumo de alcohol ou tabaco na xuventude, realizabase a edades mais cercanas ós 17 ou 18 anos(agora xa empezan preto dos 10), etc. Antes non había tanta información, agora si a temos. ¿Qué falla? Non o sei. Quizais o ter acceso a demasiada información, fai que o ser humano(cando é un adolescente), sinta ese impulso innato, de investigar, probar, experimentar cousas que ve ou escoita, que antes non se aprendían con edades tan novas. Agora os medios de comunicación amosannos cousas que antes non se creian necesarias de ensinar(ou que incluso se censuraban).
Certamente, da moito que pensar, este caso dos rapaces de 13 e 15 anos. A priori, non se saberá como evolucionará esa relación, pois, a mentalidad dunha persoa cando ten 13 anos, non é a mesma que a de un de 18. O reto que ten esta parella é tremendo. Espero que lles vaia ven.
Como dis, ese fillo, ven podría criarse para eles coma un irman. Esto recordame unha fermosa película na que un disminuido psíquico (que ten unha mentalidade de 9 anos), ten unha filla con unha indigente. Ó nacer a filla(que naceu normal), a indixente, escapa abandonando á filla co disminuido. El vai criando como pode á súa filla, e son moi felices, pero surge a pregunta:¿Qué pasará cando a filla supere intelectualmente ó pai?
Moucho: ¿Por qué dixeches que non tiñas conversación? Tamén dixeches que non tiñas minusvalías, entón supoño que non tatexarás. Carai, pois para ser tan "mediocre" razonas moi ben. Empezo a pensar que nos mentiches e que te debes estar partindo.
Xúroche que non che minto. Escribir comentarios na lareira, está sendo a primeira vez que falo con xente por internet, en serio. Lastima que sempre sea para falar dos meus problemas psicolóxicos. Nunca antes conseguirá falar tanto por internet con alguen. Ata me estou sorprendendo eu mesmo. Sempre intento mellorar no que podo, ainda que teña recaidas. Ten en conta que levo 3 anos medicándome con un antidepresivo(seroxat) e media pastilla para dormir ven polas noites(zyprexa). Estos datos douchos para que vexas que non minto. Son unha persoa formal, que non gusta de tomarlle o pelo a ninguén.
Pero cambiando de tema, pois esto xa se volve monotemático, ¿cal é a túa opinión a cerca desta noticia?
Perdona Moucho si te ofendín pero o que entrou nesta páxina falando dos seus problemas psicolóxicos foches ti.Como ves, eu leín atentamente todo o que escribiches. Fas moi ben en intentar mellorar e alégrame saber que te lanzaches a "falar". Reitéroche as miñas disculpas.
En canto o tema dos nenos-pais opino coma ti.
Non fai falla que pidas perdon. Estas conversas tamen me axudan a autopsicoanalizarme, e sae gratis.
Los chavales de hoy son muy precoces para unas cosas y muy "retardados" para otras.
Los chavales de paises pobres ya se van a otros paises a "ganarse la vida" cuando todavia no tienen 18 años (como los que murieron en la patera que venia de Africa hace dos semanas).
Perdonad que escriba en castellano, pero es que como estuve casi siempre fuera aun siendo gallego no lo escribo bien.
Pois moitas son as cousas que están fallando na sociedade actual. Moitas. Boa fe delo é esta noticia. Pai con 13 anos?
Este fin de semana puiden ler no xornal que ó parecer, a vida de ámbolos dous rapaces estaba un pouco descontrolada.
Ó parecer a casa da rapaza era coñecida na zona por ser refuxio de adolescentes varios. O pai do neno (se é que realmente el é o pai) seica non era o primeiro que quedara a durmir na casa da rapaza con consentemento dos pais dos dous.
Logo, quen son os culpables? Parece claro neste caso.
Os rapaces copian as conductas que ven. Se ti ves entrar e saír cada noite un "pai" diferente do dormitorio da túa nai, non é tan descabellado que penses que é o normal.
Se teus pais non so non te aconsellan ben, senón que incluso de inducen a certos hábitos e conductas ....
Porqué, é normal que un rapaz de 13 anos non vaia pasar a noite á súa casa e ninguén se preoupe por onde anda=?
Todo esto faime lembrar unha anécdota "divertida" e triste á vez que me contou unha amiga mestra de primaria e que reflicte a perfección o que nos está pasando.
Xa sabedes como son os nenos pequenos, que o contan todo. Pois un luns chégalle un rapaz duns 4 ou 5 anos á escola e dille que "No me gustó nada el papá que me tocó este fin de semana".
Sen palabras, creo que non fai falta comentar máis nada.
Publicar un comentario