** Esperando unha chamada de Diana por San Valentín
Onte foi o día dos enamorados, mais non puiden falar contigo. Xa sei que o noso é un amor platónico, utópico, imposible, que so vive nos sonos e que nunca endexamais se fará realidade. E é que, como diría Segismundo: ¿Que é a vida? Unha ilusión, unha sombra, unha ficción porque toda a vida é sono, e os sonos,sonos son. Non podo estar máis dacordo con isto. Tamén hai quen di que dos sonos se alimentan as ilusións. E será certo. Ou non...¿Díxenche que son galego?...
Onte gustaríame ter falado contigo, expresarche tódolos meus sentimentos, pero cando te chamei non te puxestes ó teléfono. Será que estarías ocupada coa túa parella. Para iso é a túa parella. No teu caso hai amores que traspasan a barreira da ficción e se fan realidade. Que llo digan a Antonio (Zabálburu). Qué sorte ten el de contar coa túa compañía...
A min dáme igual que te chames Miranda, que Laura, que Diana. Ó fin e ó cabo as tres persoas son unha mesma. E non é o misterio da Santísima Trinidade. Máis ben é un misterio alicantino. Onte chamoume Elsa, pero non me quixen pór. A cantos lle gustarían que ela os tivese chamado. Servidor, so tiña ganas e ollos para ti, querida amiga, pero non puido ser. Non respondestes á miña chamada, e iso que te chamei dúas veces...Será o destino, caprichoso el. Bueno, o destino e...o teu Antonio.
A distancia é o que ten: é un importante obstáculo, máis aínda cando alá en Madrid (quen di Madrid, podería ter dito outra cidade calquera), ti xa tés ó teu amor. El non é o teu amor platónico, quizás sexa o teu amor verdadeiro. Ou quizás non.
Onte foi o Día dos Namorados e acordeime moito de ti, Diana. Dese amor platónico que che profeso e que nunca se verá correspondido. Nin tan sequera nunha película ou serie túa. E é que a vida está chea de sonos e os sonos, sonos son...¿Ou non?...
Adicado á unha beleza chamada DIANA PALAZÓN
UN ARTIGO FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Estou sorprendido do ben que redactaches este artigo. Quen tivera esa labia para expresar os pensamentos mais profundos. En cambio para min o 14 de febreiro é unha data triste. Cando saio por ahí, e vexo que ata o mais feo, é capaz de namorar a unha muller, falar amenamente con ela das cousas e compartir ideas e pensamentos, entón sintome como un fracasado. Dende moi neno, nunca tiven amigas/os, nunca tiven o respeto dos meus compañeiros/as e veciñas/os. Cando saio a un pub un fin de semana, sempre regreso a casa triste, pois non consigo entablar amizade con ninguen, e moito menos falar cunha moza guapa. Intentei varias veces falar con xente por internet, pero nunca ninguen quixo manter unha conversa conmigo de mais de 6 palabras. Quen me dera ser coma os demais, coñecer xente nova e non sentirme rechazado pola sociedade. Teño 34 anos e vexo que perdin o tempo, e non sei como recuperalo. Perdoa que diga toda esta parrafada, pero como che dixen o 14 de febrero fai que me suma na mais profunda depresión.
Amigo Moucho, creo que todos nesta vida temos algo que nos fai únicos. Por suposto, temos cousas boas e cousas malas. pero como di unha moi boa amiga miña: hai que pensar en positivo. Sí, xa sei, no é fácil. Seino. Pero nótote moi triste e estou totalmente convencido que ti non eres distintos dos demais, no sentido de que SEGURO tés cousas moi boas. Se te mostras pesimista, acabarás atraendo pesimismo e tristeza. Debes invertir esa tendencia. Estou seguro que as cousas van mellorar. Sí, xa sei que non é fácil, pero debes pensar que PODES E VAS A CONSEGUILO. Nesta vida, podes lograr case todo o que te propoñas (Bueno, menos a Diana Palazón ou a Elsa Pataki, que son amores platónicos, bromas aparte).
Coido que debes empezar por ti mesmo: ver as cousas positivas que tés. Estou seguro que tés moitas, so que non as sabes apreciar na súa xusta medida. Confía máis en ti, valórate. PORQUE ERES UNHA PERSOA ÚNICA E COMO TODA PERSOA ÚNICA TES COUSAS QUE TE FAN ÚNICO.
Seguro que tes intereses, aficcións. Non me creo que non poidas falar de nada con ninguén. E as mulleres son unha persoa máis. Ante todo debes mostrarte seguro de ti mesmo e natural. Sen importarche o que ninguén poida dicir de ti. E BÁSICO QUERERSE A UN/UNHA MESMO/A.
¿Amig@? É preferible que sexan poucos e bos, que moitos e te deixen na estacada. Se realmente te aprecian, apoiarante e animarante.
Importante que aprecies as túas cousas boas. Que as explotes e que lle quites rendemento. E sentirte seguro, sen importarche comentarios alleos.
Non sei que máis dicirche, so que gracias polo teu comentario e que me alegro que che gustara este artigo inventado. E é que a actriz Diana Palazón inspira a calquera...
E xa sabes, para o que precises, aquí estamos.
Un saúdo, amigo. Arriba eses ánimos e faime casos dos meus modestos consellos. E dálle tempo ó tempo pero poñendo da túa parte.
Carpe Diem
Eres un autentico sabio. As tuas palabras son acertadas. E admirote por eso. Pero no meu caso bastaríame con ter valor para romper cos meus problemas. Independizarme. Autorealizarme. Crear algo de autoestima (pois non teño). E achar a forma de que a xente non me xuzgue polas apariencias, sin ni siquera conocerme ou falar con elas. Síntome como un barco afundido, que espera que alguen se acorde de el, e o reflote. Pois si de algo estou seguro, é que eu solo non podo sair deste pozo. Por eso cando vexo que todos teñen alguen con quen falar, eu afundome todavía mais no lodo do fondo do mar, morrendo de envexa e vergoña ao non poder estar a esa altura.
Gracias polas tuas palabras. Son moi sabias.
Moucho: ¡tranquilo! Inda non sei cómo pero xa verás como todo se arranxa. Non digo que non teñas problemas digo que todo ten solución. Tampouco digo que a solución sexa sinxela e rápida. Ó mellor leva algo de tempo que xa sabes que a autoestima non se vende no supermercado da esquina. Hai que darlle tempo ó tempo. Para empezar: non te sintas solo. Eso de que non das falado cunha muller xa ves que é mentira. E logo eu... ¿qué son? ¿un extraterreste? Vale, non estamos falando, pero igualmente estamos comunicándonos, falamos o mismo idioma, podemos charlar. Veña, xa verás que podes contar con máis xente. Na Lareira hai xente estupenda, non estás só.
Agora estanme chamando para ir cear e teño que marchar. Un bico e por aquí nos veremos.
Juliño home, debes ser a deshonra do xénero masculino. Mira que non te poñeres o teléfono cando te chama a Pataki. Ai que ver!!!!! Que desperdicio, por deus!!!!
E Moucho, vólvoche a repetir o mesmo. Xa sei que cambiar unha rutina de tempo, igual anos, non é tarefa doada, pero ti mesmo dis que non che gustan as cousas como están. Logo intenta cambialas na medida do posible, pero sigo pensando tal e como falas, que igual so non podes. Se é así, intenta buscar axuda profesional.
E, de novo, estou de acordo con Mariam. Xa ves que aquí lemos os teus comentarios, os respondemos incluso, non vemos que digas nada raro. Considerámoste un máis. Logo que tal se probas a falar do mesmo xeito fora de aquí???
Publicar un comentario