venres, 13 de febreiro de 2009

** Aquel concurso de t.v. chamado Un, Dos, Tres...

Catro mascotas, un so programa:"Un, dos, tres,... Responda otra vez". O mítico. Un programa que marcou toda unha época, un concurso dirixido por Narciso Ibáñez Serrador ("Chicho") e que facía as delicias dos telespectadores españois dos anos 70, 80 e principios dos 90 -cun regreso puntual hai so uns anos-. O venres pola noite era sinónimo de Un, Dos, Tres e de saber qué gañaban a parella de concursantes finalista: se un coche, se un apartamento en Torrevieja (Alicante), se unha calabaza....

Aquelas tres partes: 1- Concurso de preguntas onde os gañadores eran investido coa banda de campións; 2- Eliminatoria, onde disparatadas e entretidas probas dirimía os que pasaban a: 3-Subasta, rodeada de espectáculo e dóce entretemento, no que que cando había catro regalos na mesa, sobraba un... Kiko Ledgard e Mayra Gómez Kemp (a que máis tempo durou e aquela que ofrecía cartos e máis cartos para olvidarse do regalo final...tentadora e que marcou escola neste senso) foron os presentadores máis famosos. Nas dúas últimas etapas tomaron o relevo Myriam Díaz Aroca & Jordi Estadella, primeiro, e Luis Larrodera, para pór o ¿broche final?.




Moitas cousas se poderían falar deste programa que marcou un hito na historia da t.v. en España, certo que cando so había unha soa televisión en España, e aínda non chegaran as privadas...Unha época na que a primeira e a segunda cadea exercían un auténtico monopolio televisivo. Despois chegaron as autonómicas e anos despois as privadas.

E principiaba o artigo falando de catro mascotas. Estoume referindo, como non á Ruperta, a calabaza con vida que ata bailaba e que durou máis tempadas que estoutras: Botilde, aquela bota boa que encerraba premios mellores: e o Chollo (con pinta de figo) e o anti-Chollo, mascota boa e mala respectivamente.









Este concurso serviu para dar a coñecer a múltiples humoristas tales como Raúl Sender (cos seus disfraces), Arévalo (e os seus chistes gangosos), Fedra LLorente ("La Bombi"), Bigote Arrocet ("Piticlín, piticlín..." ou "Mayruchachachá"!!!), Antonio Ozores (co seu vocabulario inintelixible "chicones catalensep ajuladie ampende doses .... ¡Y por fin...ya somos europeos" ou "¡Esto no se hace: caca") ou o Dúo Sacapuntas: o alto ou o "Linterna" e o baixo, a "Pulga" (interpretad por Juan Rosa, finado hai una anos) disfrazados de toureiros con traxe de luces e nos que non cesaban de asedirnos con aquelas frases pegadizas ("veintidó, veintidó, veintidó" , ou "¿Y cómo estaba la plaza? Abarrotaá!!!")



¿E que dicir das azafatas? ¿E dos tacoñóns/tacañonas? ¿E do premio final? "Ha salido el coche, ha salido el apartamento, ha salido..." ¿E a cara que se lles quedaba ós finalistas cando gañaban un abundante lote de productos, cando podían ter gañado moitos cartos? ¿E cando había un segundo coche? ¿E cando...? Cantos recordos.... Pero acabo de oír el sonido de...los Súper Tacañones....¿Que faría mal?...Pois nada, que me retiro ó meu apartamento de Torrevieja...

¿Qué mascota che gustou máis? ¿Qué lembranzas e recordos che trae o Un, Dos, Tres...? ¿Cal humorista dos que pasaron che gustou máis? ¿Cal cres que foi o auténtico éxito do programa? Aproveita e da a túa opinión. Será moi benvida.

Por certo, descubrín esta páxina web adicada ó Un, Dos, Tres.



UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Jolines, me lo pasaba en grande con el un dos tres. Aquellas madrugadas de viernes esperando a la subasta, tapadita con la manta en el salón.
Gracias por hacerme recordar Julio.