<> Un precio incalculable
En efecto: "no hay dinero para comprar ciertas cosas", que se diría en castelán. Os que me coñecedes xa sabedes que, a parte de xornalista, tamén son traballador social. E esta última é a profesión que exerzo na actualidade (agardo voltar ó mundo de xornalismo como colaborador). Pois ben, ser traballador social ou asistente social -anterior denominación- conleva traballar en contacto directo coa xente con problemas, prestarlle información, orientación e asesoramento, o cal constitúe para min unha tarefa moi gratificante. E non por reiterativa resulta menos gratificante. ¡¡Non!! Precisamente deste aspecto é do que quero falar hoxe. Do outro, o das funcións dun asistente social, falaremos noutra ocasión.
A miña primeira visita a domicilio que efectuei foi para ver a unha muller que vivía sola, enferma de cáncer, postrada nunha cama na súa casa. A pesar de que tiña familia, as relacións estaban tan deterioradas que a relación non existía. Tan so unha veciña a visitaba. A comida traíalla Cáritas. Se aquelas catro paredes da súa casa tentasen falar seguro que serían incapaces porque se afogarían entre un mar de bágoas.
UN ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Que me vas dicir a mín? Eu fago obradoiros de informática para a xente adulta e maior, ensino a manexar o ordenador e certos programas pero ademáis diso, tamén escoito á xente porque as veces elas precisan ser escoitadas.
Recoñezo que moitas veces enchenme a cabeza con cuestións que non veñen o caso, pero compensaon có seu; Moitas grazas por todo!
Ó final, sospeito que algúns ou algunhas non so veñen a aprender senón tamén para contarme as súas batalliñas da vida diaria, as súas inquedanzas, medos e ilusións. En resumo,para ser escoitadas.
Tes razón, Julio: palabras,pequenos xestos ou accións nosas poden convertirse en enormes montañas para outras persoas.
Nesta vida, creo que ao final o mais importante e ser persoa.
Pero cantas veces, aspiramos a...non sei o que,e esquecemos eses pequenos xestos, accións que son os que nos fan persoa, os que nos fan sentirnos ben e transmitilo.
Si, as veces pódese dar tanto cun pequeno xesto, cunha pequena acción....
Cando un se sinte útil, sinte que da e que entrega, cando un sinte o sonriso da outra persoa...estamos mellor.
A economía das pequenas cousas Julio... fantástico artigo :)
Encantoume o artigo Julio, non sabía que te adicabas a iso. Un saudo moi grande dende Vigo para Sanxenxo. Sempre serás ben recibido. :D
Elixiche ben a profesión, porque se exerceses de xornalista no poderías escribir a maravillas que acaba de escribir. Non a sentirías. Iso é o que tes gañado coa xenerosidade. Unha aperta.
Publicar un comentario