mércores, 8 de outubro de 2008

<> Relacións de parella: ¿todo vale? Preguntas clave

Toca reflexionar un pouco en A Lareira Máxica. É un dos obxectivos que agardo conquerir a partir da agora. Toco madeira. Imos alá: onte estiven falando cuns amigos. O café deu para moito e falando xurdiron estas preguntas que vos traslado para que aportedes opinedes.

** ¿Que cualidades valoras máis da túa media laranxa?
** ¿Cales non aceptarías baixo ningunha concepto?

7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Vaia preguntiñas que nos propós Xuliño. Se o que pretendías era que pensáramos, conseguíchelo. E é que, algo que parece fácil e que parece que todos deberíamos ter tan claro, polo menos no meu caso, non é así.
Vexamos. Eu valoro moito aquelas cousas afíns que poidamos ter en común. É decir, non me plantexaría ter nada con alguén con quen non comparto aficións, formas de ver a vida, intereses etc etc etc. Así que probablemente esa sexa a primeira cualidade a ter en conta no meu caso, pero non a única.
Valoro a intelixencia, a simpatía, para min é primordial que a persoa coa que esté me faga rir; o poder falar de todo con él. A miña parella, antes que parella ten que ser amigo, senón non hai nada que facer. A confianza, tema importantísimo, por tanto, o que non aceptaría sería iso: a desconfianza, a falta de respeto, a traición. Vamos, unha serie de cousas que se poderían resumir no feito de que se coa túa parella non podes compartir cousas e falar de todo, mal imos.
Así que, xa sabedes rapaces, por onde empezar, je je.
Bicos a todos e a ver se vos animades a participar ho, que ler o que comentan os demáis resulta moi entretenido, pero é que para min tamén!!!!!!!!!!! Eu tamén quero poder ler as vosas opinións.

Anónimo dixo...

Complezo, pero así de repente pensei:
- gustaríame que houbese ante todo comunicación. Que non faltase a conversa, porque despois de todo, se dúas persoas non saben de que falar, mal imos...Non sei cómo se "soportarían mutuamente" durante unha vida.
- Confianza e respeto mútuo.
- Valores básicos dunha persoa-prestar axuda...
- Por pedir, que haxa al menos certos puntos en común.
Uf. Pero supoño que nisto do amor e das parellas son tantos factores...Podemos falar tanto, e logo pode ser tan distinto.
- Non me gustaría nada, e creo que acabaría por non toleralo: a falta de respeto, a traición, a falta de comunicación e confianza (sería penso vivir con alguén, pero como si fosemos dúos mundos diferenes, sería unha soedade que doe).
Claro, por suposto como a parella son dous supoño que un mesmo debe esixirse o mesmo.
Sego dicindo que unha cousa é o que falamos, soñamos e loitamos por conseguir e outra é a realidade e todos os factores que a rodean.
Pero xa ves María, que hai en aspectos que coincidimos.

Anónimo dixo...

Hola a todos. Acabo de descubrir este entretenido blog y me ha gustado. Enhorabuena
Sobre las preguntillas pues yo desearia lo que todos: una mujer con un gran fisico, sincera, inteligente. No aceptaria la traicion o las infidelidades. No las perdonaria

Anónimo dixo...

- valoro muchas cosas de una pareja, que sea sincero, que tengamos muchas cosas en comun, el tiempo que me dedica y que me haga sentir la mujer mas importante del mundo...

- lo que no aceptaria bajo ningun concepto son los malos tratos y la indeferencia.

saludos desde Suiza

entrenomadas dixo...

Qué difícil pregunta.
No sé, últimamente creo que el sentido del humor es importante.
Y la generosidad, la ética, que le guste viajar, los animales, la música.

Oye, que son muchas cosas, que si empiezo no paro.

Besos,

Cristuina dixo...

Gustame: a boa conversación, a sinceridade e que non teñan medo de dicir o que pensa.

Non me gusta: as mentiras, que non teñan criterio propio e que sempren diga o que ti queres oir sabendo que logo podes darte de bruces contra a parede.

Tamén gustame os que compartamos cualidades ou aficcións mutuas: informática, senderismo, ...

Julio Torres dixo...

Certo, son dúas preguntas complicadas.

Coincido fundamentalmente con Sonia e con María. Por certo, noraboa a María por ser tan valente e abrir o abanico de respotas. A min tamén me gusta ler o que pon a xente.

Edo: benvido ó blog. Agardo que haxa máis ocacións de verte por aquí. Sobre o que dis do físico opino que é o primeiro no que te fixas nunha persoa, pero non é o importante. A beleza antes ou despois vaise. O importante é o de dentro, a persoa en sí. E cuestión como o de sentirse a gusto con esa persoa, ter diferentes temas de conversacións, aficcións en común, son importantes para buscar a afinidade como parella.

Tamén valoro moitísimo a sinceridade, a fidelidade, a paciencia, o respeto e a educación ou ter sentido do humor.

Querida anónima: a túa resposta é moi xeral. Iso de sentirte a muller máis importante do mundo é moi idealista e quizais algo egoísta. Amar debe ser compartir.
No tocante ós malos tratos pois ESTOU TOTALMENTE DACORDO. O malo é cando os hai e pasa que é tal a dependencia que incluso os xustifica coma non caso da muller á que defendeu o profesor Neira e que esta non so non lle agradeceu o acto do profesor galego senón que defendeu ó agresor (a parella dela que a maltrataba ó parecer) senón que tamén aproveita para lucrarse co tema indo de plató en plató (aquí tamén teñen falta de ética os medios de comunicación que lle pagan a unha muller sen escrúpulos...

Marta: coincidimos en todo. Pero o do humor é básico. Quen non teña sentido do humor e sepa rirse mal vai (desgracias a parte, claro está)

Cristuina: Benvida ó blog. A sinceridade, como xa dixen é básica. Iso si, con tacto, porque hai que ser sincero pero ter man esquerda. O de que che digan o que queres oír pois tamén dacordo. Iso antes ou despois acaba por descubrirse e a nada conduce.


Gracias a tod@s polos vosos comentarios!!!!!!!