<> Cousas da televisión.....
[Viñeta publicada en Im-pulso]
Servidor engade a gran frase de El Gran Wyoming: "escoitaron as noticias, agora contámoslle a verdade", aplicable a tódolos medios de comunicación que presumen de obxectividade e imparcialidade.
Doutra parte, hoxe publicáronse os datos dunha dunha enquisa do CIS que afirma que
a máis da metade dos españoles non lle gusta a televisión que se fai no noso país. E digo eu, a noticia será que son poucos porque a min paréceme que se quedaron curtos, moi curtos. Pero xa se sabe que hai xente que di unha cousa e pensa outra ben distinta...
Particularmente non me gusta a televisión en España. Pouca orixinalidade e os medios son totalmente parciais.
UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Todos sabemos que neste planeta reina a hipocresia.
Un saudo amigo e que pases bo fin de semana
Moitos pensamos cousas que non deberían ser, pero logo facemos outras.
Ou, como ven dis, Toupeiro, pomos unha cara e mostramos outra.
Publicar un comentario