** Anécdota dun café + un xornal +....
¿Qué pensariades se unha muller duns 60 anos vos pide que lles deixedes ver unha cousa no xornal? Algo que entra dentro do normal. Poder tér presa e precisa ve-lo, unha noticia, o teléfono de algún sitio, o tempo,…ou incluso unha esquela que é o caso que nos ocupa. Ten tela o asunto. Lede e xa me diredes (…)
A cousa foi que estaba tomando un café a mediamañán. Empezaba a botarlle un ollo ó “Diario de Pontevedra” cando se me acercou unha muller duns 65 anos máis ou menos. Preguntoume se me faltaba moito para acabalo. Díxenlle que uns minuto. A continuación a “señoriña” insistiu dicíndome que so era para ver unha esquela. Ante esta justificación accedín a deixarllo. Supoñía que querría ver a que hora era o enterro dalgún coñecido…
A partir de que lle deixei o xornal foi cando sucedeu algo que non é moi normal ou habitual (pero seguro que máis dunha o fará). A muller colleu o xornal que lle prestei e durante uns minutos púxose a ler en voz alta tódalas esquelas e a curiosear: idade do morto, onde vivía, etc, etc. ¡ Non era para ver ningún enterro dun familiar, veciño e coñecido!. Logo, iso si, devolveume educadamente, e díxome que lle gusta ver as esquelas tódolos días.
Caray, cotillear cos mortos!!!. Home que queira ver o lugar ou a hora onde enterran a unha persoa que coñece pois entra dentro do normal, o outro xa non tanto. Claro que tampouco é a única persoa que o fai. Teño visto a xente moito máis xoven ver as idades a que morrían os difuntos…...Brrr!!!!.
Cando marchou a muller retomei o xornal e acabei de tomar o café. Pero a cousa non acabou aí. A muller en cuestión entra tódolos días na cafetería so expresamente para ver as esquelas e cotillear….. Ver para crer….
Carpe Diem
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario