martes, 25 de xullo de 2006

** Aparcar en prazas alleas

As actitudes cívicas cada día brillan máis pola súa ausencia. Hoxendía manifestámonos por calquera causa xusta, pero deixamos de fixarnos noutras que tamén son importantes, aínda que ó mellor so sexa para unha minoría. Neste artigo quixera manifestar o meu desagrado polos desaprensivos que non respetan ós minusválidos. En concreto, a aqueles que aparcan os seus coches nas prazas de discapacitados sen para nada ter recoñecida tal condición (...)

Parece mentira que unha sociedade tan comprometida como a actual, na que se clama contra o terrorismo, contras as guerras absurdas ou contra un petroleiro que ninguén soubo controlar, se permitan actitudes tan faltas de consideración, respeto e educación como as de utilizar os aparcamentos reservados para persoas discapacitadas cando a que aparca non o é.

Cada vez que vexo un coche aparcado nunha zona destas sempre penso que á xente defende so o que lle interesa ou que lle convén, pero non se para a pensar cómo se sentiría el se estivese discapacitado e non poidese empreñar as escasas prazas reservadas para este colectivo porque un “inteligente despiadado” se apropiou con alevosía da súa praza por mera comodidade e non estar dando voltas…. Tería que saber o difícil que lle é a un minsuválidos desprazarse (aparcar, barreiras arquitectónicas,...).

Se esa persoa irresponsable e inconsciente tivese un familiar discapacitado ou el mesmo o fose seguro que o seu discurso e forma de comportarse sería outra ben distinta a que, erróneamente, leva a cabo.

De pouco vale dicir NON Á GUERRA, se logo, cos teus actos, dices moi pouco de ti como persoa e, sobre todo, como cidadán. Hai dereitos, pero tamén hai obrigacións. E os dereitos dun finalizan, onde empezan os doutra persoa.

No tema dos aparcamentos creo que se ten demasiada permisividade. Se hai unha sinal que hai 2 prazas reservadas a minusválidos, pois creo que está ben claro. ¿Por qué ser tan miserables?. E xa non entro a valorar a actitude de persoas que teñen familiares discapacitados e “aproveitan” as súas tarxetas para aparcar nestas prazas, usadas así fraudulentamente. So as poderían empreñar se trasnportan a eses familires e polo tempo preciso. Pero non para o seu uso particular. Iso é desvirtuar o sentido das tarxetas de estacionanemento para minusválidos que conceden os concellos.

Pero ollo!!, que a cousa tampouco acaba aí, tamén hai MOITA xente que se adica a aparcar en aceras ou beirarrúas, lugares destinados ós peóns, chámense discapacitados en cadeiras de rodas, nais que levan fillos nos carriños, anciáns que camiñan con dificultades con bastón ou axuda doutra persoa, ou calquera persoa en xeral.

O que non se pode tolerar é que os coches aparquen enrriba das aceras sen máis. Deberían ser os primeiros en ser multado polo Policía Local de turno, se éste tivese sentido común porque, ¿para que se fixeron as beirarrúas como superficie diferenciada da rúa ou da estrada?. Se non se respeta pois mira, é algo absurdo.

Propoño a quen corresponda que se teña MOITA máis dura á xente que aparca nos sitios reservados a minusválidos ou encima de aceras, amén dos que aparcan en dobre fila. Creo que son multas máis xustas que por non aparcar exactamente ben ou por aparcar nun lugar que, aínda que non é o correcto, non impide ou dificulta a moviliade doutras persoas e/ou vehículos.

Ás veces os policías meten multas por cousas pequenas e obvian, descaradamente, outras que deberían ser moito máis importantes socialmente. E con isto non xustifico que as primeiras non sexan merecedoras de sanción, so digo que habería que ter moita menos permisividades coas segundas do que, en realidade, se ten hoxe en día.
Non é a primeira vez que a grúa leva un coche aparcado lixeiramente mal, aínda que a ningúen estroba, pero cinco metros máis adiante viron un coche MERCEDES aparcado nunha praza de minusválidos sen te-la correspondiente tarxeta de estacionamento. Pero a Policía non se atreve a levalo e fai a vista gorda ¿Por qué? Haberá clases?

E sendo dous coches iguais, no 90% dos casos van levar antes ó que está lixeiramente mal estacionado que o que ocupa irregularmente unha praza de minusválidos. E xa non digo que pasen por unha estrada e, a pesar de que vexa, tres coches aparcados encima das beirarrúas, nin se paren a multalo.

O artigo de hoxe foi feito logo de ver cómo unha persoas minusválida tentaba aparcar hoxe nunha praia de bandeira azul do concello de Sanxenxo. So había dúas prazas. Pois ben unha estaba ocupada por un Mercedes e outra por outro coche. Ningún deles tiña a tarxeta de estacionamento. Namentres, a muller minusválida que quería aparcar-lo seu coche non puido. Descoñezo que fixo finalmente, pero é triste esta situación, pero atención….

A cousa non acababa aí, había dous policías locais que multaban a coches aparacados en zonas de línea amarilla ou en lugares prohibidos. A eses si lles puxeron multas (a pesar de que facían a vista gordas con matrículas de coche de fora da provincia de Pontevedra…¿o turismo vende…?), pero SORPRENDENTEMENTE, ós dous coches que estaban aparcados irregularmente nas dúas prazas de minusválidos NINGÚN BOLETO NIN GRÚA ENGANCHANDO…..Ver para crer.


E logo haberá quen presuma de que NON lle gustan as inxustizas nin as guerras, nin os PRESTIGE. Pois empezar por aplicarse o conto a un mesmo. Non se pode ser tan HIPÓCRITA.....



Digo eu: ¿e por que non lles quitan puntos ós que aparcan nas beirarrúas ou irregularmente nas prazas de minusválidos?

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :