luns, 31 de xullo de 2006

** Verán raro, raro, en Sanxenxo




Está visto que estamos ante un verán un tanto atípico. Un dos veráns máis calurosos que se lembra, pero no que tan pronto fai sol como chove ou está nublado en cuestión de pouco tempo. E non falo por falar. Tódolos veráns hai días de tormenta e algúns de choiva, pero que en pouco menos dun mes pasemos de ter máis de 35 grados a que pareza que estamos a principios de setembro. Cambios moi bruscos...

Exemplo gráfico-práctico: Día de moito sol, baixas á praia e, pouco despois, ADEUS SOl. E así levamos unha semana. Hoxe, ademais, dábame a impresión que estabamos a principios de setembro. Había olas e surfistas mezclados cos turistas. E o sol ás 6:30 desapareceu... Isto non quita, que a calor sexa abafante cando apreta, e de aí que xa houbera mortes por culpa desta ola, tanto en Galicia como no resto de España.

Outro dos temas do que me gustaría falar son dos turistas. Nunca vin tantos na Praia de Montalvo como este mes de xullo en Sanxenxo. E isto tamén acontece noutras praias. Non entendo que os hostaleiros digan que este ano baixou a ocupación. ¿ou será que optaron máis polos campings e o alquiler de casas particulares? A saber, pero unha cousa está clara: NUNCA VIN TANTO TURISTA XUNTO EN MONTALVO.
E atención: AÍNDA FALTA AGOSTO, o mes máis agobiante -por excelencia- no sector do turismo en Sanxenxo…

Outras cousas sí que non cambian co paso dos anos: colas e máis colas nas carreteras, nos supermercados, e en case calquera sitio de Sanxenxo. Normal. Unha población de 17.000 habitantes que está hiperpoblada no verán.que eu fose turista nunca viría a Sanxenxo en época estival, agás que me gustaran os agobios, que non é o caso.

Os últimos domingos estaba ateigada, parecía a praia de Silgar. Tiñas que defender o teu espacio con uñas e dentes, e se te virabas case lle pegabas ós do lado. Sorprendente nunha praia tan grande. Ós domingos sempre houbo máis xente. É lóxico, Pero non se estivo nunca apretado en calquera zona da praia.

O que digo, este verán anda raro, raro, como diría un ilustre visitante que nos abandonou o ano pasado: PAPUCHI.

Carpe Diem, e agardemos un bo mes de agosto.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :