** Festas do Apóstolo en Compostela
Santiago de Compostela e, por ende, Galicia, está de festas estes días. Unhas festas que teñen o seu día grande o dia 25 de xullo, data na que se celebre a festividade do Apóstolo Santiago. A festa nas rúas hoxe día 24 pola noite é unha verdadeira xoldra.
Acceder á Praza do Obradoiro para ver ós fogos é de PREMIO GUINNES. Unha de dúas: ou vás cedo ou senón, logo das 23 horas olvídate. Nembargantes, o espectáculo merece a pena. Vaia se a merece....Pero hai que vivilo. Para os que non poidades acceder –ou non queirades facelo- recoméndovos que os vexades desde a Alameda de Santiago, desde a Carballeira de Santa Susana. É unha gozada. O pero é que non podes ver todo o espectáculo de luces e fogos, pero si a meirande parte. É unha opción moi interesante para evitarse agobios e esperas para entrar no Obradoiro
A celebración das festas do Apóstolo merecen pena. Se Santiago de Compostela é unha cidade bonita de pór si, se lle sumamos o factor festa e bo tempo, a ecuación é perfecta para disfrutar das noites compostelanas durante os días que duran todas as celebracións.
O que non sabe todo o mundo é que á semana seguinte, a noite do 31 de xullo, tamén hai celebración na Alameda de Santiago de cara ó Campus Sur da Universidade de Santiago. Claro que non é tan espectacular como a do 24 de xullo na Catedral de Santiago e no Obradoiro.
Tiven o pracer de disfrutar da noite do 24 de xullo en 1999. Paseino ben. E iso que ese verán era agobiante porque coincidía co ano Xacobeo e co Encontro da Xuventude e as rúas estaban literalmente inundadas de persoas, peregrinos, turistas e demais. Pasaras ás horas que pasaras aquilo era bastante agobiante se non che gustan as multitudes permanentes e as aglomeracións na que tés dificultades para desprazarte.
Así a todo, recomendo que, cando menos, vos acerquedes a Santiago de Compostela un 24 de xullo. O casco vello é unha verdadeira festa ambulante. E de camiño pola Rúa do Franco, controlade un pouco, non vaia ser que logo vaiades dando tumbos…..Precaución amigos. O París-Dakart é duro e máis un 24 de xullo….
Santiago de Compostela, unha cidade na que sempre me sentín a gusto, é moi entrañable e días como o de hoxe fanme recordar os bos anos que me fixo pasar este “pobo grande” chamado Santiago. Outro día falarei de Santiago de Compostela e das cousas boas e recordos que encerra nas súas milenarias pedras. Unha cidade que para min sempre será a miña segunda casa…..
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Este ano tamén hai moitísima xente e moitos policías. Hoxe ata hai un helicóptero sobrevoando a cidade. O ano santo é un acontecemento moi positivo para a economía da cidade pero a min non me gusta moito, demasiado follón. Estou desexando que pase e recuperar a miña cidade de sempre.
Algunha tarde de inverno, acostumo a ir pasear pola Catedral. Bueno, concretando, vou pasear polo casco histórico e no medio do paseo inclúo unha visita á Catedral. Sempre dou unha volta arredor do altar maior e aproveito para fixarme nos detalles de cada unha das capelas que o rodean. Tamén visito a cripta, daquela non hai cola ningunha e pódese acceder con toda facilidade. A min este parte do paseo, éncheme dunha sensación de paz. Nada que ver con estes días.
Total e abosutamente dacordo co que dis sobre a excesiva aglomeración nos anos Santos. A min tocoume vivir alí os dos anos 93 e 99 e a marabunta de xente é demasiado para o meu gusto. Efectivemente disfrútase moitísimo máis da cidade, da catedral e de todo calquera día do ano que non sexa ano Xacobeo.
Un saúdo, amigo
Carpe Diem
Publicar un comentario