luns, 10 de xullo de 2006

** Avaliación final do Mundial de fútbol



No Mundial máis malo que recordo nos últimos anos, "triunfou" a selección italiana. Creo que non houbo unha selección que destacara por enriba doutra. Nin Brasil, nin Arxentina, nin Alemania, nin Inglaterra, nin Francia nin a propia Italia. E de España mellor nin falemos....

Polo visto nas semifinais, Francia e Italia son xustas finalistas, e as menos "malas", pero ten guasa que Francia estivese a piques de caer eliminada na primeira fase, na cal segunda de grupo detrás de Suiza, que foi elminada en octavos de final...

España quedou primeira de grupo. Goleou a Ucrania que se clasificou segunda no mesmo grupo, pero que chegou máis lonxe que España no Mundial. España foi apeada por Francia en octavos de final, namentres que Ucrania eliminou a Suiza en octavos e pasou a cuartos, sendo alí eliminada por Italia.



Decepcionáronme especialmente Brasil e Arxentina, elminadas por Francia e Alemania, respectivamente, en cuartos de final.

Nas semifinais gustoume o trepidante partido disputado entre Francia e Alemania, que incluso que, por xogo, mereceu incluso ter sido a final (vendo o acontecido nese partido e non entrando a xulgar o resto do Mundial).

Tampouco se pode dicir que se descubrise un gran xogador ou que algún destacase por enriba do resto. Dicir que Zidane foi o mellor, pois creo que é un pouco excesivo. Digamos que das estrelas do Mundial foi o menos malo. Pero creo que se ensalzou bastante o seu xogo, logo de elminar a España, ó que hai que uni-la súa famosa xubilción que, tivo lugar na final do Mundial dun xeito bastante polémico.

Xogador revelación creo que o único foi Ribery, de infausto recordo para os españois. ¿Sobran as palabras non?




En conclusión: un Mundial que me decepcionou e que non pasará ós anales polos bos partidos (agás algúns), por ter sido a consagración dalgún futbolisto ou o escenario do descubrimento de novos valores (agás o referido Ribey, se se pode considerar novo valor...). E tamén foi o Mundial na que non houbo unha selección que avasallou polo seu xogo e que, fora a gran favorita polo seu xogo.


Creo que a veteranía, a experiencia, xogou un papel moi importante nas seleccións que chegaron máis lonxe. E finalmente, nun Mundial tan mediocre, como non podía ser doutro xeito, a selección campiona decidiuse na tanda de penaltis......


Canto á España, penso que Luis Aragonés debe seguir. A culpa é so dos xogadores. É isoto preocúpame, porque nunca pasamos de cuartos, e no 2006 nin iso..... Un país cunha das mellores ligas do mundo, xunto coa italiana e a inglesa non pode permitirse non chegar nunca a semifinais....¿cambiará algún día? Como bo galego, respondo con outra pregunta: ¿bailarán flamenco algún día os sapos?....Realmente, estou convencido que algún día gañaremos o Mundial, pero non sei cantos anos, lustros ou décadas terán que pasar para iso.....Oxalá sexa pronto, pero moito tería que cambiar a mentalidade dos futbolistas españoles....



E colorín, colorado, o conto do final rematou. Pero aquí a princesa (neste caso España) non casou co Príncipe (a Copa do Mundo)...

Carpe Diem, e noraboa ós italianos.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :