** A face-lo Agosto
...E nunca mellor dito. Estamos no verán, e xa se sabe que festa por aquí, festa por alá. E entre todas elas unha maioría delas son gastronómicas. Para tódolos gustos e colores. Este fin de semana, sen ir máis lonxe podemos atoparnos cunhas cantas. Imos ver. Aquí en Sanxenxo temos a 7ª festa de productos galegos en Montalvo. Pero hai moitas máis. Pero hai moitas máis. Vexamos:(...)
Para continuar se nos desprazasmos un pouco, atopámonos nada máis e nada menos que coa Festa do Albariño en Cambados. Seguindo a Ría de Arousa, uns kms máis alá, na Illa de Arousa celébrase a Festa do Mexillón. E para completar o percorrido, se nos acercamos a Catoira o domingo, podemos disfrutar coa recreación do ataque vikingo nas famosas Torres de Catoira.
E seguro que hai máis na Comarca do Salnés, que agora se me escapan á memoria. E xa non digo no resto da provincia de Pontevedra ou, aínda máis, no resto de Galicia.
Festas para dar e tomar nun verán un tanto tolo tolo.
Sexa como fose, pasádeo ben, pero sen pasarvos da raia.
Carpe Diem (goza de este día)
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario