** Incendiario: un animal a extinguir
Sanxenxo, como o resto de Galicia, viviu este domingo e luns rodeado de chamas. Non é a primeira vez. Outros anos xa arderon os montes. A diferencia deste ano é que moitas persoas pasaron angustiosas horas. O lume estivo a punto de queimar moitas casas e, incluso, varias persoas poideron morrer. Todo isto baixo unha alarmante descoordinación de Concello, Diputación, Xunta e Goberno Central. O fume e a calor dos incendios non cesou na Ría de Pontevedra, e fíxeronse os donos dun ceo incendiado coma os bosques e as casas...
Non me gusta a política, nunca me gustou. Non obstante, hoxe vou falar dous párrafos da hiprocresía destes suxeitos. Tódolos políticos teñen culpa do que está a pasar hoxe, o ano pasado, hai dous anos, etc.etc.: PP, PSOE, BNG., incluso houbo quen criticou o que agora critico eu. Pero hai algún partido político que leva o seu cinismo ata estresmos insospetidos e fai da “oposición” unha oposición permanente a todo, so co obxectivo de gañar votos a nivel político. Non se dan conta que cando gobernaron eles tamén tiñeron numerosos incendios. Non nos enganemos, tódolos verán desde hai bastantes anos ARDE GALICIA.
E sinal de que non me gustan os polítcos é que os mesmos que gobernan agora, cando estaban na “oposición” criticábanlle ó goberno de turno, o mesmo que agora eles fan mal. Total, que gobernen uns ou gobernen outros, ningúen é quen de parar con estes incendios. Todos se botan os trastos á cabeza. So lles interesa gañar votos a calquera prezo co fin de voltar a gobernar no futuro.
>>>Voltando ó tema en si: os incendios. Hai que tomar verdadeiras medidas cos PIROMANOS. Hai que animar á xente a que denuncia, a poder ser de forma anónima, a pesar do que iso pode conlevar. A xente non se quere mollar, especialmente nos pobos, onde todo o mundo coñece a todo o mundo, pero unha denuncia con nome e apelidos pode conlevar consecuencias para o denunciante en forma de ameazas…….
Non se pode seguir permitindo que uns MALNACIDOS sigan campando ás súas anchas, sen importar que se queimen montes e bosques, co perigo que iso conleva para a naturaza e a vida mesma. E tamén para as vidas humanas. Esta fin de semana morreron tres persoas por culpa de dous incendios en Cerdedo e Campolameiro. ¿Poderán durmir tranquilos os que prenderon os lumes? Non me estrañaría que sí, porque se son capaces de prendelo, sabe Deus de que máis son capaces. A estas persoas o nome de PERSOAS quédalles moi moi grande. DICIR ANIMAIS E ALGO SUAVE. Os animais son mellares seres vivos que estes indesexables MALNACIDOS.
Os políticos deberían ter claro dunha vez por todas que máis do 90% dos incendios son provocados e estudiar cales son os MOTIVOS polos que actúan os PIRÓMANOS. Creo que teriamos que investigar quen anima a estas persoas a facer o que fan. Non me creo que haixa locos que actúan solos en toda Galicia e prenden máis de 100 lumes nun fin de semana en GALICIA. E en cada incendio hai varios focos de incendio. Vamos señores polítcos, fiscais e xuíces, róllense dunha vez. Investiguen cales son os motivos polo que pasa todo e que oscuro intereses se agachan e quen os promove. Dame que ten que ser alguén moi poderoso.
Outra cousa a ter en conta é que Galicia, Portugal e Cataluña son das zonas onde máis monte se queima. Tódolos anos desde xa hai uns cantos. Galicia e Norte de Portugal. ¿Son zonas estratégicas por algún tipo de interés económico? ¿A quen pode beneficiar todos estes incendios? ¿quen pode sacar tallada con isto? Apunten alto e ó mellor atopan persoas ou empresas metidas no allo, que persiguen algún tipo de interés económico e que pondera ser que lles pagan ós pringados de turno para que fagan arder montes e bosques. É unha suposición.
>>>Voltando ós incendios. Este é o ano no que máis ataca ás casas na maioría dos incendios ¿Non é moita casualidade xunta?. INVESTIGUEN BEN. O que non pode ser é que haxa tan poucos medios que de non ser polos propios afectados moitas máis casas x aterían ardido nas chamas. Porque os bombeiros e os servicios de antiincendios non dan abasto. Amais vese unha profunda desorganización interna. Non pode ser que chames ós bombeiros cando está a punto de arder unha casa e veñan ó cabo dunha hora. Claro que hai moitos incendios, pero haberá que priorizar aqueles que teñen casas en perigo. Este fin de semana vin cousas incribles e criterios de actuación algo errados por ser suave. ¿De quen é a culpa? Apaguen incendios e logo depuren responsabilidades. Iso si, non se pasen a pelota duns partidos polítcos a outros, porque cando gobernaron uns e outros (e xa pasaron os tres grupos polítcos polo goberno ou pola vicepresidencia) houbo moitos moitos incendios.
Por certo, ó mellor tampouco convén alardear que o mes pasado houbo a metade de incendios que o ano pasado. Ó mellor o que facemos é MOTIVAR ÓS PIRÓMANOS, inconscientemente. Quen sabe.
Canto sufrimento, cantas mortes de inocentes, por culpa de tantos CRIMINAIS E HOMICIDAS que se adican a prender INTENCIONADAMENTE INCENDIOS....
Por cero, ínclitos PIRÓMANOS, aplíquense o dito popular que di que “a quen ferro mata, a ferro morre”. Lástima que os que morran non sexan os que prenden o lume e paguen xustos por pecadores…..
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario