luns, 26 de marzo de 2007

** Os homes de Marte, as mulleres de Venus

Antonte tiven unha conversa curiosa cun amigo, que me fixo reflexionar sobre o tan manido mito de que homes e mulleres procedemos de planetas ben diferentes. E non vai de sexo o artigo, aínda que o tema transcenda de fondo.

A cuestión comezara xa días atrás cando, cun partido de fútbol como trasfondo na tele, empezamos a falar das pernas dos futbolistas (unha ten esas debilidades) e rematamos falando doutros deportistas varios. Concretamente estabamos falando de Rafa Nadal. Preguntábame o meu amigo se non me parecía que estaba moi ben o rapaz. Él non só aseguraba que traia toliñas a moitas das súas coñecidas, senón que ía incluso máis alá e discutíame que é un tipo que está moi ben.
...--->Ve-lo Artigo completo....



Supoño que chegados a este punto teño que dicir que o tal Rafa, con tódolos meus respetos, non me “pon” nadiña. Xa sei que para gustos, cores. E cuestións como o feito de que sexa un “pipiolo” demasiado noviño para min a parte, o certo é que nin me parece que esté bo, nin me parece guapiño, nen sequera me parece que teña un físico espectacular. E xa sei que haberá moitas que non estén de acordo comigo, pero non me discutiredes que, polo menos, nunca ocupará o posto que ocupa a Jolie no ranking dos máis máis.

Ben, pois Nadal a parte, onte de novo volvín a constatar que, de non gustarlle tanto as mulleres ó meu amigo, e a min tanto él, nunca discutiriamos polo mesmo suxeito/a. E é que o centro da nosa conversa onte era Nicole Kidman.

Unha señora que aposto a que se a atopamos unha mañá cedo no supermercado ou unha tarde a última hora despois de ter lidiado cunha xornada laboral de x horas, dous ou tres cativos, unha lavadora, tres coladas etc etc, dubido que a moitos lles puidera parecer tan atractiva como cando sae co seu espectacular modelito na alfombra vermella do brazo do ghuapo de turno.

Nicole é demasiado alta como para que o común dos mortais masculinos lle poidan chegar ós morros sen usar escaleira de man, demasiado “esmirriada” (de feito preguntábame se terá algo máis que pel recubrindo aqueles osiños), demasiado esbrancuxada para unha oriunda de Australia e sobre todo, demasiado inalcanzable para ti, querido amigo.

Como contrapunto, os dous chegamos a acordo en canto á Pataki. E é que a nosa Elsa, hai que recoñecelo, está moi ben mírese por onde se mire.



Artigo feito por: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

De Rafa so sei que é un excepcional tenista. Guapo? Pois non sei. Non son a persoa indicada para opinar. Pero sobre Elsa si. Encántame. É xunto con Diana Palazón ou Cristina Villanueva unha das mulleres que máis me gustan pola súa beleza. Unha mágoa que sexa un amor utópico e platónico...