** Enquisa sobre o amor.....preto da Primavera
Hai tempo propuxéranme poñer en A Lareira Máxica unha enquisa a cal vos paso a prantexar. Agardo as vosas respostas. E podedesvos extender o que desexedes.
¿Que estariades dispost@s a facer por amor?
Non se pode dicir todo, depende ou nada. Hai que pór cando menos álgún exemplo.
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Pois a enquisa esta, aínda que teño unha lixeira idea de quen partíu, paréceme que se las trae. A pregunta é complicadiña porque a pesares de que Julio dí que non podemos respostar que depende, eu creo que si que depende de moitísimas cousas: do momento persoal de cada un, da outra persona etc etc etc, de miles de cousas podería depender, porque incluso un mesmo seguramente non actuaría do mesmo xeito en distintas etapas da súa vida.
Eu pranteixeime nunha etapa que ahora calificaría como "tola" deixar o meu país. Ó final non o fixen, non sei se actuei ben ou mal, pero, botando a vista atrás, ahora paréceme que fixen o correcto. O tempo (sempre o mellor aliado) demostroume que tomei a decisión correcta, ou polo menos así mo parece a min.
Hoxe por hoxe non sei que estaría disposta a facer por amor, pero creo que se o amor é de verdade, podería chegar a arriscar moito. Claro que neste tipo de cuestións non se trata de que arrisque un só: como sempre que se fala de amor, tamén iso e cuestión de dous.
¡Vaia enquisa! Non podería contestar, non sei que faría por amor. Xa, non se pode dicir "todo", tampouco se pode dicir "depende", entón, qué se pode dicir: por amor escalaría montañas, por amor atravesaría desertos, por amor...non recordo máis tópicos. Non son muller de tópicos; sí algo teño claro é que duas forzas antagónicas rixen o mundo: unha é o amor e outra son os cartos. Os cartos non dan a felicidade, axudan sí; cos cartos cómprase o confort, o luxo, certa dose de tranquilidade e pouco máis. Nada realmente importante se pode comprar con cartos. En cambio o amor é todo o contrario, é a forza do corazón, como dí Alejandro Sanz. Por amor, todo, sempre.
Eu creo que o único que hai que facer por amor e namorarse. A partir de ahí os límites ponos o sentido común que sexa capaz de conservar cada un e iso vai a depender da persoa, do momento, das circunstancias, etc. etc. etc.
Publicar un comentario