** ... So faltaba o can por falar. E falou...
Son o famoso can que ten ó meu dono e á súa moza enfadados. Pois eu non vou falar ben do meu dueño, nin mal dela, porque cada un terá os seus motivos para estar enfadados. Eu so vou falar de min, pra que os lectores da “A Lareira Máxica” me coñezan un pouco máis. Porque como a cousa siga asi xa me vexo na tele: “ Por culpa dun can unha parella rompeu a súa relación”. Ou aínda peor, que os nosos políticos se poñan a discutir no Parlamento por culpa miña, xa que calquera cousiña lles vale para enfrentarse uns ós outros.
Eu estaba nunha xaula pequena donde toda a tarde me daba o sol. Era o escaparate dunha tenda de animais Ó dono so lle importaba enseñar a sua mercancía. Miguel paseaba por unha das tantas cidades que ten Galicia mirando os escaparates. Era pleno maio, o mediodía, o sol apretaba o seu, pero eu non daba señais de vida. O sol dábame de pleno e el pensou que estaba morto. Pois non ou pensou máis e esperou toda a tarde hasta que abriron a tenda. O primeiro que fixo e ir a onde min, para saber se estaba ben. Eu coas poucas forzas que me quedaban, pois púxenme en pé e empecei a xogar con el. Caeume ben desde o principio, cousa que non podo decir de todos.
Pois mercoume e non so eso, enseguida me levou ó veterinario para que me fixeran un chequeo. Estaba como un roble so me faltaban algunhas vacunas. Tamén me fixo un pasaporte, si escoitades ben, teño un pasaporte europeo con foto. El viaxa moito e lévame consigo, si escoitades ben, fun xa varias veces en avión e nin siquera me mareo.
Nese sitio lévome moi ben con tódolos meus veciños sobre todo con dúas familias. Unha delas pois faime de canguro e dáme de todo, cociñaba so pra min. Incluso na hora de café eu tamén tiña o meu café con leite, si escoitades ben. A outra veciña dáme máis regalos, roupa e golosinas para cans. Xa o sei: son un can mimado, pero quen non se deixa mimar con eses veciños.
Con tanto mimo pois era un can mal criado, e Miguel non tivo outro remedio que levarme a facerme un curso para adestrar cans. Si déronme o diploma, pero por pouco xa que alí había unha femia da miña raza que me tiña toliño e non lle facía caso á Miguel nin ó instrutor, todo tempo estaba detrás dela embobado e ó final non a conseguín. Sí, son macho e as feminas volveme toliño, como ó meu dueño.
E esta e a miña historia. Agora podedes seguir comentado para axudar ó meu dono e á súa moza. Espero que me teñades un pouquiño en conta.
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Eres unha auténtica preciosidade, non deberías matarte moito a correr detrás das cadelas, ti eres tan guapo que con pór un anuncio tipo "yorki busca moza de bo ver" vanche sobrar cadeliñas dispostas a todo. Xa verás, faime caso, ¡vas acabar fatigadísimo!
Moitas gracias Mariam polos teus piropos, fixeronme moita ilusión. Son guapo, limpeo pero Isa non me quere igual con ela na habitación. Menos mal que pa acurrucarme teño un cadeliña de peluche que me comprou Miguel, sera pra que me vaia acostumbrando a idea de durmir solo.
E tamen lle quero dar as gracias a Julio por publicar a miña historia.
Gracias a os dous, mais vale tarde que nunca.
Publicar un comentario