domingo, 11 de marzo de 2007

** O caso da burra, o can e a moza

Vaia problema teñen estes dous. Non sei que dicir. Raro, raro, raro, que eu non saiba que dicir. Eu, os problemas sempre llos pregunto ó meu pai, porque eu buscar sí busco respostas, pero nunca dou escollido a mellor delas, que si caldo de repolo ou caldo de nabizas, que si poño o pantalón vaqueiro, que non, que hoxe vou poñer o chándal, e o final poño o pantalón de vestir. Así sempre, é un sinvivir. A vida é unha constante decisión, abofé que sí. A cabeza nunca para, zum, zum, sempre matinando cousas. Pois, estou en branco, porque si meu pai non estivera traballando nas Canarias xa lle tiña preguntado este tema e el habíame de responder unha resposta sabia, porque meu pai, ademais de carpinteiro, coma o paxaro carpinteiro, é un filósofo. Eu salín a el, refírome á filosofía, á carpintería non, non se me da.
...--->Ve-lo Artigo completo....


A mamá pódollo preguntar pero non sei..., de cans non entende gran cousa. Un día pregunteille cal era o mellor can para gardar a casa, se o pastor alemán ou o boxer, e aínda estou agardando pola resposta. De burras sí que entende, o outro día, na TVG, andaban a preguntar cánto duraba a preñez dunha burra e nadie o sabía. Miña nai sí, doce meses, é dicir, un ano. Teño unha idea, voulle facer unha argallada, é dicir, voulle prantexar a cuestión dun xeito que ela poida entender:
- Mamá, qué che parece un home que quere meter unha burra a durmir no cuarto. Nunha esquina, enténdesme, sen molestar nin ornear, caladiña, en plan Platera y yo, e logo, na cama, el durme coa moza, cando durma, ó mellor ás veces non durme, está esperto, claro. Pois, a moza dille que non, que así non, que lle da reparo, que a burra pode pórse celosa. ¿Tí que dis mamá?
- Alvariño non sei..., píllasme en mal momento, ¿non ves que estou virando a tortilla?
- Mamá di algo, é un tema importante para min.
- Bueno, nese caso… ó mellor vai ser que se quede coa burra, sobre todo porque a burra é burra e seguro que nunca dí nada. Non ves, a moza xa protesta pero a burra aínda non dixo ni mu. Non hai comparación, é mellor unha burra que unha muller intolerante.
Mamá dalle a razón ó mozo. Pois…, eu non o teño tan claro, porque eu teño unha cadela, Lúa, e teño unha moza, Rosa, e non sei… Bueno, pillástesme. Sempre me pillan, e que me poño colorado, coma un tomate. Rosa aínda non é a miña moza, pero vaino ser, en canto eu me atreva a decirllo, e que nunca podo. Xa se sabe, na farmacia de Rosa so se fala de medicamentos. Virus, bacterias e xérmenes deber haber un montón, lévaos a xente, pero sentimentos poucos, pouquiños, os mínimos. Ós sentimentos débenlle botar moito desinfectante porque alí nada de nada, asepsia total. Un día voume soltar e daquela xa veredes.
Caramba, xa me estou derivando polos cerros de Úbeda, que o que quería dicir é que se eu tivera que elexir entre Rosa e Lúa non sei que faría, que difícil é, non podo, pero eu sempre soño con Rosa, pois se soño con Rosa o mellor vai ser que durma con Rosa, digo eu, por asociación de ideas, soñar-durmir, choiva-paraugas, can-cocho, xa sabedes como é, pero a Lúa tamén lle quero moito, que a min non me gusta comparar, que cada un é como é, e todos somos fillos de Deus.
Espero ter contribuído a solución do caso do can, a burra e a moza. Bueno, a burra foi un recurso didáctico, unha parábola, como as de Xesús, ou eran fábulas, pois si eran fábulas tiñan que ter moralexa, ou moralina, non sei. Si estivera aquí meu pai non tería tantas dúbidas, sempre as anotaba e logo, a noite, preguntáballe todo. Por teléfono é diferente, non da tempo.
A propósito, quería preguntarlle a Julio se me deixa ser colaborador, xa sabes, a miña maneira, a my way coma Frank Sinatra. Supoño que me dirá que sí, creo que podemos colaborar todos, non fai falla ser catedrático. Ademais, Maria dixo que lle parezo gracioso, non sei, nunca o pensei seriamente. O que sí sei é o que me vai dicir Mariam:
- Anda, un mudiño que sanou, ¿curaches só ou tivéronte que operar Alvariño?
Pois, qué queredes que vos diga rapaces, síntome na miña casa, é o que teño, que me custa soltarme, pero logo xa vedes, non paro, e eso que a min falar, nin fu nin fa.
Un comentario de Alvariño, nada máis, por hoxe.



Comentario remitido por: Alvariño
Debutante en A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Aiss, che, que dilema vos teño. Pero é que este blog ten uns colaboradores tan bos, que me estou facendo fan incondicional de todos eles. Xa non sei cal me gusta máis. Inma Sust é Inma Sust, pero co seu permiso, eu xa decidira que Mariam era a miña prefe. Sen embargo ahora chega o Alvariño co seu relato sobre a burra, o can e outros máis do montón, e jo, xa estou nun sin vivir, xa non sei con cal quedarme ahora. É que as parábolas quel emprega, o símil coa burra e demáis, conseguiu engancharme. Cóntanos máis cousas Alvariño.

Anónimo dixo...

Gracias María, tes moita razón, neste blog hai moito nivel. Alvariño, xa nos contarás como ligas na farmacia. Debe ser complicado: "un xarabe para a tos seca", "uns supositorios para o estreñimiento",...ata aquí todo moi ben e despois ¿qué?

Alvariño dixo...

Pois, ó meu pesar, direivos que non dei ligado na farmacia. O que é a vida, agora mesmo veño de alí. É que o farmacéutico está demasiado metido no seu rol de "señor boticario". Non che sabía eu que os farmacéuticos tamén se rexían polo código Hipocrático ese. Bueno, unha historia podre máis.
O caso é que o outro día pedínlle un chicle e hoxe ofreceume caramelos. Progresamos, imos por vo camiño, ¡je! Un pouco máis adiante hai outra farmacia e outro farmacéutico máis guapo, máis xoven, e con máis ganas de palique. En fin, unha versión mellorada do producto orixinal.
Creo que vou pasar do meu amor platónico de botica. Estamos no verán e é tempo de helados, non de caramelos. Este saberá moito de antibióticos pero de mulleres...
Inda vou ter que chamar ó Cromañón para que me suba a moral. Évos un pelín bruto, pero tamén é máis simple que un ser unicelular e eu non estou para lerias raras e complicadas.
¡Saúdos!