** As cousiñas das horas, meses e estacións
N on sei se vos contei, creo que si, que a min a parte do ano que me gusta é que abrangue a primavera e o verán, sobre todo esta última estación. Os peores meses para min sempre foron de octubre a febreiro, en especial o mes de noviembre, que é o mes que menos me gusta: non ten navidade, nin rebaixas e por riba cunha hora menos de luz solar ó atardecer parece que vives de noite. Xa sei que decembro é peor neste senso, pero ó estar ó Nadal polo medio faino disimular algo...
...--->Ve-lo Artigo completo....
O outro día, case coincidindo co inicio da primavera adiantamos os nosos reloxios. Particularmente, este novo horario é o que me gusta máis, agás os tres primeiros días que me custa madrugar unha hora antes que en realidade ven sendo o que facemos ó perder unha hora. E que dicir do primeiro dia que nos queda un día de so 23 horas.
Pero para min é máis importante que os días sexan máis grandes e que ata as nove sexa de día. En troques en decembro, entre que os días xa son pequenos de por sí, e que o horario de inverno rouballe unha hora ó atardecer, pois ás 6 xa é de noite. E menos mal que estamos en Galicia, zona que pola súa posición xeográfica tería que ter unha hora menos, ó igual que en Portugal e Canarias, cousa que, por fortuna, non acontece e bríndanos o privilexio de saborear unha hora máis de día que estas outras dúas zonas. Asemade fainos presumir diante de toda Europa por ser a rexión onde máis tarde se fai de noite. A xente que coñece outras cidades españoles como Barcelona entenderán o que estou a dicir. Alí é de noite ás 5, cando aquí é ás 6...
¿O horario de inverno? Non, gracias, prefiro este de verán. A única pega son estes tres primeiros días de aclimatación e o roubo con alevosía e nocturnidade da hora do sábado ó domingo que nos cercenan pola cara. Pero as consecuencias son moi positivas, polo menos para un servidor. O de inverno a única ventaxe que lle quito e que nos devolve sen intereses a hora "mangada" en marzo. E menos mal que. agora, o cambio ó horario de inverno se fai no mes de octubre e non no de setembro como ata hai so uns anos... Parece unha tontería pero isto nótase porque nese mes de retraso gañámoslle outra horiña á chegada do "entre lusco e fusco".
E voltando á primavera, esta estación ten cousas malas como as alerxias pero traen cousas boas. Os ditos populares din que "a primavera o sangue altera". E faino porque chega o sol consigo, a pesar de que o mes de abril se caracteriza polas choivas, pero o frío non é tanto cono no inverno, polo normal. Outra vantaxe é que os campos sacan do seu interior o seu traxe festivo e se engalanan de diversidade de flores. A min particularmente encántanme as rosas rojas e as blancas, en especial as primeiras. Pero calquera que sexa bonita me fai feliz. ¿E a vos que flores vos gustan? ¿que opinades do cambio de horas? ¿Cal é a vosa estación e o voso mes predilecto? ¿e o que desexariades borrar do calendario?
Carpe Diem
P.D.: Olvidábaseme que, na miña opinión, a primavera e a época do ano que ten as postas de sol e os amaneceres máis fermosos. ¿Non vos parece?
Artigo feito por: Julio
A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
A primaveira e sobre todo o verán gústame moito máis, a sensación de que sexa máis tarde de noite. Todo ten máis color, máis vida, a natureza, a roupa, a xente parece que mostra con máis facilidade unha sorrisa, o mar...
As flores, o canto dos páxaros, o ceo azul, as noites estreladas....
Tamén o asocio as vacacións, a tranquilidade, non madrugar tanto, as festas...
Encántame sobre todo o verán, ainda que a primaveira ten un gran encanto,polo inicio do colorido...
A min o que máis me gusta da primavera é ese arrecendo especial que hai no aire a flores frescas, herba etc. Mirade que me gusta pouco madrugar, pero levantarte cedo nesta época do ano cando por moito que madrugues xa é de día, abrir a fiestra e sentir que ese olor o impregna todo ...... é o que máis me gusta.
Con todo, a miña estación favorita é sin dúbida o verán, porque me permite desfrutar da miña segunda pasión: a praia. Dios, como me gusta sentir os raios do Lorenzo sobre a miña pel espida.
E o mes que menos me gusta tamén sen ter que pensalo moito é setembro, polo que ten de cambio, renovación etc etc etc. Dende hai uns anos ese é o mes no que menos durmo porque sempre supón unha època de cambios, de pensar no porvir, no que vas facer a partir de entón etc etc etc. Para outros eso acontece en decembro co cambio de ano pero eu esa "crisis particular" pasoa en setembro. Mes que se por min fora, podían suprimir do calendario.
Publicar un comentario