** A parábola do matrimonio
Conta unha vella lenda dos indios Sioux que unha vez chegaron ata a tenda do vello bruxo da tribo, tomados da man, Touro Bravo, o máis valente e honorable dos mozos guerreiros, e Nube Alta a filla do cacique e unha das máis fermosas mulleres da tribo.
- Amámonos - empezou o mozo.
- E ímonos a casar - dixo ela.
- E querémonos tanto que temos medo. Queremos un feitizo, un conxuro, un talismán. Algo que nos garanta que poderemos estar sempre xuntos. Que nos asegure que estaremos un á beira do outro ata atopar a Manitú o día da morte.
- Por favor -repetiron- ¿hai algo que podamos facer?
...--->Ve-lo Artigo completo....
O vello mirounos e emocionouse de velos tan novos, tan namorados, tan anhelantes esperando a súa palabra.
- Hai algo...- dixo o vello logo dunha longa pausa -. Pero non sei...é unha tarefa moi difícil e sacrificada.
- Non importa - dixeron os dous-. O que sexa - ratificou Touro Bravo.
- Ben -dixo o bruxo-. Nube Alta, ¿ves o monte ó norte da nosa aldea? Deberás escalalo soa, sen máis armas que unha rede e as túas mans, e deberás cazar o falcón máis fermoso e vigoroso do monte. Se o atrapas, deberás traelo aquí con vida o terceiro día logo da lúa chea. ¿Comprendiches?
A moza asinteu en silencio.
- E ti, Touro Bravo – sigueu o bruxo - deberás escalar a Montaña do Trono; cando chegues á cima, atoparás a máis brava de todas as aguias e, soamente coas túas mans e unha rede, deberás atrapala sen feridas e traela ante min, viva, o mesmo día en que virá Nube Alta.¡Saían agora!.
Os mozos miráronse con tenrura e logo dun fugaz sorriso saíron a cumprir a misión encomendada, ela cara ó norte, el cara ó sur. O día establecido, fronte á tenda do bruxo, os dous mozos esperaban con sendas bolsas de tea que contiñan as aves solicitadas. O vello pideulles que, con moito coidado, as sacasen das bolsas. Os mozos fixérono e expuxeron diante do bruxo as aves cazadas. Eran verdadeiramente fermosos exemplares, sen dúbida, o mellor da súa estirpe.
- ¿Voaban alto?- preguntou o bruxo.
- Si, sen dúbida. Como o pediches... ¿e agora? - preguntou o mozo- ¿matarémolos e beberemos a honra do seu sangue?
- Non - dixo o vello-.
- Cociñarémolos e comeremos o valor na súa carne - propuxo a moza-.
- Non - repiteu o vello-. Farán o que lles digo: tomen as aves e átenas entre si polas patas con estas tiras de coiro. Cando as teñan anudadas, sóltenas e que voen libres.
O guerreiro e a moza fixeron o que se lles pideu o bruxo e soltaron os paxaros. O aguia e o falcón intentaron levantar voo pero só conseguiron revolcarse no piso. Uns minutos despois, irritadas pola incapacidade, as aves arremeteron a picotazos entre elas ata magoarse.
Este é o conxuro:
-Xamais esquezan o que viron. Son vostedes como un aguia e un falcón; se se atan un ó outro, aínda que o fagan por amor, non só vivirán arrastrándose, senón que ademais, tarde ou cedo, empezarán a magoarse un ó outro. Se queren que o amor entre vostedes perdure, voen xuntos pero xamais atados.
----------------------
Gústame esta parábola: os namorados preocupados por conservar o seu amor; as aguias e os falcóns, libres e fermosos, voando no alto do ceo; os indios sioux... Eu, películas de indios e vaqueiros debinas ver todas. Os sábados pola tarde, na primeira, que daquela soamente había a primeira e a segunda, sempre botaban unha película despois dos debuxos animados. Moitas veces era unha película de vaqueiros, eu daquela non sabía nin que se chamaban westerms, e case sempre saía John Wayne, eu daquela tampouco sabía o nome daquel fulano, pero víao tanto que xa se me foi facendo unha cara familiar, naquelas películas da sesión de tarde os indios sempre eran os malos. En Bailando con Lobos, non, aquí non, aquí por fin os indios sioux foron bos. En fin, non sei quen escribeu esta parábola, que se o soubera poñería aquí o seu nome, pero é bonita.
Artigo remitido por: Alvariño
Colaborador de A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
É bonita ademáis de moi certa. Seguramente non se coñeza o autor, seguramente será unha desas lendas antiguas e anónimas, eu tampouco o sei, pero o certo é que nos transmite dun xeito moi literario, unha gran verdade. Gracias por compartila con nós Alvariño.
Cecais fose unha boa historia para contarlle a eses pais ou avos anticuados que non entenden que a xente nova non queira pasar pola vicaría, non digamos xa polo altar. Vedes!!! Vedes como xa os indios sioux , tan sabios eles, sabían que non só non é preciso voar atados senón que é incluso mellor, para que o amor perdure, voar sen ataduras? Xuntos si, pero non atados, que é “aparecido” pero nunca o mesmo.
Excelente historia. O de menos é quen a escribiu. Di unha gran verdade: o importante é o amor. O de sentirse atados é unha sensación que pode acontecer. Pero o problema non é sentirse atados, máis ben sentirse descontentos con que escollemos para compartir a nosa vida. Nunca, nunca é unha decisión fácil. Como seres humanos que somos todos e todas nos podemos equivocar nas nosas decisións.
O peor é sentirse a disgusto nunha relación. Se o día a día se convirte nunha simple rutina e non hai verdadeiro amor O AMOR CON MAISCULAS, ou te deixas levar ou todo unha farsa que antes ou despois se vai resquebrajar.
E é aí onde pode xurdir o de sentirse atados.
Diría que aínda existindo ese AMOR, hai que regalo a cotío e mimalo por ambas partes. Se ese amor é AMOR non tería porque agromar esa molesta atadura. Mais ben xurde cando nos decatamos que somos prisioneiros nun lugar que nos é estraño ou incómodo...
Acabo: non todo na vida se pode conseguir. Ninguén ten o elixir da eterna xuventude, nin hai unha receta máxica para tódolos problemas. A comunicación, a comprensión, a paciencia e O VERDADEIRO AMOR, son a clave nesta, a nosa vida.
Carpe Diem
Preciosa historia e importante mensaxe o que transmite, xuntos si, pero non sentíndose atados, porque entón remata todo o bonito.
Para amar é necesario ser libres, no momento que se sinta o amor como unha atadura convírtese nun desamor.
Gústame moito as mensaxes que transmiten as tribus indias. Non coñezo moitas historias, pero moitas as que escoitei dan mensaxes moi sabios.
Recordo que un día, puiden ler as palabras que unha tribu india (non recordo cal)puña na carta (Suceso real históricamente)enviada o presidente dos Estados Unidos, defendendo as súas terras, era impresionante o valor que para eles tiña a natureza, poderíase decir que a súa loita era limpia e auténtica.
A idea que teño dos indios e que son e foron xente de sabios consellos, non sei por qué.
Publicar un comentario