** Un acordo no que os dous ceden
Menuda fin de semana a dos meus amigos Miguel e Isabel. Acabo de abrir o correo e atópome cun email de Isa e comunicoume a boa nova. Por fin, houbo acordo, Miguel accedeu a que o can durma fora da habitación e recoñece o feito de que Isa xa ceda aceptando o can na casa (xa che dixen, Miguel, que eres un poco terquiño cando queres, pero de sabios e persoas maduras é rectificar. Así me gusta). Ningún gaña. Os dous ceden. Un acordo. E final feliz, do cal me aledo moito. Miguel e Isa tamén nos queren agradecer o feito de que lle axudaramos coas nosas opinións. Que sexades moi felices na vosa futura vida xuntos. Merecédelo os dous.
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Felicidades os dóus, sobre todo o teu amigo Miguel.
Adaptarse as novas situacións custa, pero co esforzo por parte de todos, consíguese moito máis e posiblemente todos sexan máis felices.
¡Parabéns e moita sorte!
Publicar un comentario