** Adagio & Fuga en do...dolor de cabeza
Coa chegada da primavera empezou o ruxir de motores de cortacésped. Debe ser o “efecto mariposa” da primavera. Avelino é un entusiasta do cortacésped, ten un deses que parece un tractor pequeno, é novo, comprouno o ano pasado. Aposto a que xa lle fixo algún “axuste” dos seus, non me estrañaría nada que lle cortara un anaco ó escape, ou que lle fixera buratos con trade, algo lle tivo que facer porque o ruído que fai o seu tractoriño é enxordecedor. A súa finca é grande, a el non quero califícalo. O ano pasado empezou coa leria da herba, cousas da xubilación, co ben que se debe pasar nas viaxes do Imserso... Primeiro corta a herba a unha altura determinada e logo ponlle o canastillo ó tractor para recollela. Non pode facer as dúas cousas simultaneamente, cortar e recoller, non, que seica se lle “atranca” o aparato. A primeira volta doulla o venres, hoxe empezou coa segunda pasada, desta vez deixa a herba cortada ó cero, e despois de cortar ven a recollida. É insoportable, ou a herba medra moito na primavera ou Avelino está obsesionado, posiblemente sucedan as dúas cousas. Este é o elemento de veciño que teño ó sur. O do norte é máis tranquilo, case nunca está. Pois, tamén lle afectou a primavera. Hai meses que lle vexo un montón de trapallada tirado na horta, trastes vellos, mobles de cociña, plásticos,... e hoxe ocorréuselle queimar esa merdada e cheira que apesta. Pobre de min que xa pensara sacar unha tumbona do garaxe e durmir a sesta no xardín, ¡qué asco! Non se pode disfrutar dunha tarde primaveral, cando o mundo se pon en contra dunha ponse e xa está. Tiven que marchar da casa, son os efectos “colaterais” da chegada do bo tempo.
Artigo feito por: Rosa García
Colaboradora habitual de A Lareira Máxica
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Ay, os veciños!!! Está claro que algúns se aburren... No caso do Avelino estou con Rosa: deberíase apuntar ás viaxes do IMSERSO, así daríalle unha tregua a maltreita herba e ós que rodean a tan peculiar persoa.
Publicar un comentario